Como ben sabedes, a temática sobre a que vai xirar o Proxecto Anual Integrado durante o presente curso é a Idade Media. Afondando entre os distintos exemplares, tanto de lectura como de consulta, atopamos material moi interesante no que incluímos tamén as novas adquisicións. No listado que presentamos a continuación atoparedes auténticas obras de referencia, converténdose éste nun recurso que pode facilitar as vosas pesquisas á hora de centrar a vosa atención nun determinado aspecto do tema.
martes, 23 de octubre de 2012
lunes, 8 de octubre de 2012
Entre pócimas e brebaxes...
![]() |
ser a mala dos contos
foi sempre o seu oficio.
As bruxas adoitan ser personaxes malvados que producen certo temor aos cativ@s. Nada mellor para superaren este medo que presentarlles un conto no que os protagonistas triunfen sobre este ser da imaxinación. De feito, o libro de Tina Meroto A bruxa regañadentes vai ser a nosa primeira proposta lectora para o Samaín.
A Editora OQO preparou tamén unha pequena curtametraxe sobre o conto.
O souto escuro e perigoso de Miguel Vázquez Freire, cunhas ilustracións en tons grises con fondo negro, sumerxe ao lector nunha atmósfera lúgubre pero moi tenra, onde un fráxil coelliño branco será capaz de desafiar a un oso e a un lobo.
Para rematar, presentamos uns exemplares que farán a delicia dos máis maiores, as fantásticas aventuras dos Megatoxos, catro mozos que teñen que compatibilizar as súas clases no instituto cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo na procura dunha cura para a súa mutación xenética. "Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa" é o primeiro volume desta serie.
Etiquetas:
animación,
libros en galego,
literatura outono,
recomendacions
miércoles, 26 de septiembre de 2012
Un novo curso comeza...
E con él novos retos para a nosa recén estreada biblioteca. Como ben sabedes houbo unha modificación no emprazamento, ocupando agora o edificio anexo ó centro (antiga casa do conserxe). Despois de tirar tabiques, poñer tarima, pastear e pintar conseguiuse acondicionar o espazo. E cal foi o resultado final? Neste vídeo aparece un pequeno adianto. Sabemos que nos queda moito camiño, pero con toda a vosa axuda iremos acadando os obxectivos que nos propoñamos. Grazas a todas aquelas entidades que colaborastes. Dámos así por iniciada unha nova andadura!
miércoles, 9 de mayo de 2012
En galego, xa, si!
O día para celebrar as Letras Galegas está ben preto e para ir quentando motores nada mellor que entoar o "Rap da Lingua" do grupo Migallas. No noso cole canto máis a escoitamos (ao iniciar e rematar a xornada), máis nos gusta!E para coñecer mellor a Valentín Paz Andrade, poeta e xornalista homenaxeado este ano, o CEIP Nosa Señora de Xuvencos aporta ligazóns interesantes para pescudar sobre a súa vida e obra. Pinchade aquí para acceder.
Ademáis, e como ven sendo habitual, o Seminario Galán aporta un magnífico traballo de investigación.
Actividades para Educación Infantil.
Actividades para o 1º ciclo de Educación Primaria.
Actividades para o 2º ciclo de Educación Primaria.
Actividades para o 3º ciclo de Educación Primaria.
Etiquetas:
actividades,
animación,
persoaxes
Os nosos Arcimboldos.
Amigos e amigas! O alumnado de 1º ciclo convídavos a visitar a súa exposición artística de retratos. Son ben orixinais xa que as froitas e as verduras figuran como elementos decorativos, seguindo a técnica do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo.
E quenes lles serviron de modelo? Pois aqueles químicos e científicos que realizaron importantes aportacións no ámbito da alimentación como Louis Pasteur (non vos perdades o enlace a un descoñecido mundo microscópico), George Wald ou Luis Federico Leloir.
Aquí vai un pequeno adianto.
Aquí vai un pequeno adianto.
Etiquetas:
actividades,
educacion documental
martes, 1 de mayo de 2012
Día do Libro.
Para celebrar esta data tan importante organizamos un Apadriñamento lector. Os alumnos/as máis pequenos actuaron como oíntes mentras que os máis maiores prepararon a conciencia a lectura para os seus afillados/as. Desta experiencia quedaron imaxes moi fermosas, as cales veredes neste vídeo.
Etiquetas:
actividades,
animación,
dinamizacion
martes, 3 de abril de 2012
Exposición de experiencias.
O alumnado do 3º ciclo encargouse de investigar o apartado de "Aparellos e Sistemas" do proxecto documental sobre o corpo humano que realizamos no centro durante o presente curso.
En primeiro lugar, os alumnos/as dividíronse por parellas para procurar información sobre aquel aparello do que resultarían todos uns expertos. Realizaron búsquedas na rede, no material de consulta, prepararon cadernos e algún experimento para exemplicar o funcionamento do aparello diante dos seus compañeiros/as.
Ollade as exposicións que tiveron lugar na biblioteca. Semellan todo un éxito! Noraboa a estes investigadores!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
