jueves, 30 de abril de 2020

Esoola na Casa

CREATIVIDADE NA CASA

O día 24 publicábamos neste blogue como crear un LIBRO ACORDEÓN e solicitábamos ver eses libros que se creaban nas casas.

Aquí temos o primeiro. LUCIA ABELENDA de 6º de EP, presenta o seu libro e narra o seu conto: "El perro que habla"

Esperamos os seguintes libros.

Grazas Lucía.

miércoles, 29 de abril de 2020

Día da Danza

29 de abril: Día da Danza

Hoxe queremos conmemorar un día moi importante, O DÍA DA DANZA. Dende o departamento de Educación Física, a nosa mestra Noelia quere facervos unha suxerencia. Visualizade o seguinte vídeo onde se pode observar a danza, o movemento e a imaxe baixo o gran soporte da música.

Seguro que o ides desfrutar, e se alguén se anima, A BAILAAAR!!!!


Día das nais

Día 29 de Abril: día 32 da escola na casa

O próximo domingo día 3 de maio é o día das nais. Esta situación de confinamento non pode impedir que as nosas nais teñan un bonito regalo e un bico. Todos sabemos que o que máis lle gusta ás nosas nais son esas cousas que facemos nós mesmos cas nosas mans.

Aquí vos deixamos algunhas cousas que podemos facer na casa con sencillos materiais.

Non esquezas enviar unha foto co teu regalo e, claro está, a túa nai.


martes, 28 de abril de 2020

Día 28 de Abril: día 31 da escola na casa

OBRA DE TEATRO: Mamá cabra 15 primaveras.


A nosa proposta de hoxe vai asociada ao mundo do teatro. No vídeo que tedes ao pe deste post podedes ver a obra de teatro titulada: Mamá Cabra 15 primaveras.

Desfrutádea!!!


lunes, 27 de abril de 2020

27 DE ABRIL: ACTIVIDADE MUSICAL: LIBROS, EXPERIMENTOS E MÚSICA.

BO  DÍA MUSIQUIÑAS E MUSIQUIÑOS.

ESTA SEMANA A NOSA ACTIVIDADE MUSICAL PARTE DO BLOGUE DA BIBLIOTECA!!!!

POR QUÉ SERÁ?......

POIS PORQUE VOS TRAIO UNHA ACTIVIDADE QUE RELACIONA TRES COUSAS:

-OS LIBROS.

-OS  EXPERIMENTOS.

 -A MÚSICA.


QUEREDES DESCUBRILA? PINCHADE AQUÍ E COMPROBADE O QUE SE AGOCHA!



ÁNIMO!!!

ACTIVIDADE CREATIVA 6º EP


ACTIVIDADE CREATIVA 6º EP.

Os compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Primaria queren compartir con todos nós as súas COMPOSICIÓNS EXTRAÑAS. Pero non son nada extrañas, son ESTUPENDAS.

Non deixedes de ver este vídeo.


Día 27 de Abril: día 30 da escola na casa


Hoxe levamos ás vosas casas unha proposta de actividades que chegan dende Os Museos Científicos Coruñeses. Aquí podedes atopar divertidos experimentos científicos e incluso unha visita ao planetario.


Preme na imaxe



domingo, 26 de abril de 2020

UN DÍA NO PATIO

  "Xan é un neno que vive nun pobo chamado Agualada, o que máis
 lle gusta é ir ao colexio pero hai algo que quere cambiar..."

A mestra Laura conta, neste conto, a historia e as inquedanzas de Xan. Este neno precisa da vosa axuda, xa que quere cambiar algo no seu colexio. Axúdalle!!!


viernes, 24 de abril de 2020

VOLTAR ÁS RÚAS

Esta corentena xa vai durando máis de 40 días. Como xa seguro que sabedes, o próximo domingo será o día no que ides voltar ás rúas a dar pequenos paseos. Vai ser un xeito de que pouco a pouco voltemos á normalidade.

É unha gran noticia. Esto pode ser o principio do fin do confinamento. Pero temos que facer as cousas seguindo as instruccións de hixiene e tomando as precaucións para que estas pequenas saídas sexan o inicio de outras máis longas.

A continuación vos deixamos unha historia duns osos que recordan as instruccións básicas para sair sen perigos.

Preme na imaxe


Día 24 de Abril: día 30 da escola na casa
Continuamos ca nosa labor de dar visibilidade ao libro na "Semana do Libro".
Nesta semana vimos un xeito diferente de facer libros, o libro lupa, lembrades?.
Pois hoxe impos propor outro xeito máis de facer un libro: "O libro acordeón"
Amimo!!! Levade a cabo as vosas creacións e enviádeas.



#euquedonacasa 

Hoxe desde a nosa Bibliocova queremos mostrarvos unha aportación que nos fixo chegar un dos vosos compañeiros do noso colexio.
Estupendo traballo e grazas por compartilo con todos nós, Benxamín.
Así, deste xeito, instámosvos a todos os nenos e nenas do cole a que nos sigades envíando cousiñas e producións  persoais que estades facendo desde os vosos fogares para compartilo con toda a comunidade educativa.
Moito ánimo, e recordade, estádelo a facer xenial!!!!!
PARABÉNS!!!


jueves, 23 de abril de 2020

Día do Libro

 DÍA 23 DE ABRIL DE 2020

Como cada ano, o día 23 de Abril vense a celebrar o día do libro e, que mellor forma que celebrar dito día que cun libro.
Con carácter xeral, dito día é celebrado nas rúas de todo o país dun xeito diferente e moi conmemorativo, con postos de libros e actividades, contando coa presenza de importantes autores e autoras, recomendacións lectoras, etc. Mais, como non podía pasar desapercibido dito día desde o noso cole nós tamén tivemos a sorte de contar cunha visita virtual moi especial de María Canosa, escritora galega moi popular, que nos manda para todos os nenos e nenas do colexio de Bormoio-Agualada un agarimoso saúdo e nos deixa unha mensaxe sorprendente.


Así mesmo, nós, os mestres desde o cole, como non podía ser doutro xeito, tamén vos preparamos un estupendo vídeo coas vosas achegas que nos estivechedes a facer ao longo destes días.



Moitísimas grazas pola vosa colaboración, e por suposto....SIGAMOS LENDO TODOS!!!

E...atentísimos ás seguintes propostas que seguiremos deixando por aquí!!!

miércoles, 22 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO 2020

Recomendacións lectoras 5º de EP

Un grupo de nenos e nenas da aula de 5º curso de Educación Primaria e o seu titor queren recomendar uns libros que para todos eles e elas están a ser lidos neste momento ou consideran que son tan estupendos que non os podemos deixar de ler.

Moitas grazas a todos e todas e... Felices Libros!

Preme na imaxe




SEMANA DO LIBRO 2020

Recomendacións lectoras 1º de EP


Alba, David e Lucía, alumnas e alumno da aula de Primeiro de Educación Primaria, queren facer unhas recomendacións lectoras baseadas nalgúns de todos ese libros lidos ao longo deste curso.

Moitas grazas por compartir con nós os vosos libros preferidos.


martes, 21 de abril de 2020

Día 21 de Abril: día 27 da escola na casa


Continuamos ca nosa labor de dar visibilidade ao libro na "Semana do Libro". Os libros créanse para ler, para disfrutar, para ter aventuras, para aprender... pero tamén hai que aprender a crear eses libros.

Aquí vos deixamos un xeito de crear un libro diferente: "O libro lupa"

CREACIÓN DE UN LIBRO LUPA
SEMANA DO LIBRO 2020

AUDIOLIBROS

Ás veces, cando alguén fala dun libro, temos o primer pensamento dun libro para ler. Pero tamén existen outros xeitos de poder ter aventuras, de poder aprender. Imaxinade a algunha persoa que non poida ver, tanto de xeito temporal coma definitivamente.

Por ese motivo tamén existen os libros lidos. Libros que alguén le para que poidan ser escoitados por que o necesite ou por quen quera ler doutro xeito.

Se picades na imaxe ides acceder a libros para escoitar.

https://stories.audible.com/discovery/enterprise-discovery-21161278011?ref=adbl_ent_anon_ds_ds_dccs_sbtp-0-1

lunes, 20 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO 2020

Recomendacións lectoras 6º de EP

Hoxe comenzamos "A Semana do Libro" na Biblioteca do noso centro. A primeira acción que queremos compartir  é unha gran iniciativa da clase de 6º de Educación Primaria que queren amosar  unha serie de recomendacións lectoras. 

Moitas gracias a tódolos nenos e nenas e tamén á súa titora.


viernes, 17 de abril de 2020


Día 17 de Abril: Día 23 do COLE NA CASA.

Desde a cova do lobo Seitodo traemos hoxe a un coñecido por todos vos, Paco Nogueiras!E ven cun conto que de seguro vos vai gustar. Picade na ligazón e desfrutade de "¿Quién es ese bicho?".
E na mesma páxina podedes desfrutar doutros moitos contos contados.


jueves, 16 de abril de 2020

REVISTA "O PAPAGAIO"


Ola a todos e a todas, aquí temos o novo número da revista O Papagaio. Botádelle un ollo, está xenial. Preme na imaxe.



https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn:aaid:scds:US:127dcccb-b9e1-45c1-aa4d-d86d96eed857

A prensa na escola

Os xornais e a prensa en xeral é un estupendo medio para estar informado do que acontece ao noso redor, na nosa contorna...

Tamén coñecemos o que vos gusta ler e consultar os periódicos que chegan diariamente ao cole. Por ese motivo queremos deixar este enlace que vos da acceso a noticias e información que pode ser do voso interese.  Preme na imaxe.

https://www.prensaescuela.es/

Día 16 de Abril: Día 22 do COLE NA CASA.

Bos días nenas e nenos! Hoxe traemos ao blogue a banda deseñada. Na seguinte ligazón temos un vídeo onde podedes aprender a debuxar personaxes de cómic! Esperamos que vos guste e se queredes...xa sabedes que podedes compartir con nós as vosas creacións.







miércoles, 15 de abril de 2020

Día 15 de Abril: Día 21 do COLE NA CASA.


Hoxe temos un día...de cine!!Se picades na ligazón poderedes ver unha famosa e emocionante curtametraxe sobre a amizade. Seguro que vos gusta tanto como a nós!




martes, 14 de abril de 2020

Día 14 de Abril: Día 20 do COLE NA CASA.

Moi bo día! Aquí estamos de volta. Desexamos que esteades todos e todas ben.

Hoxe vimos por aquí a deixar voar a nosa imaxinación! Atrevédesvos a inventar libros? Propoñémosvos crear algunha que outra portada con este taller tan divertido que nos ofrecen desde Blackie Books.
Na seguinte ligazón tedes unha imaxe na que hai uns libros cuns títulos un pouco estraños, e outros aos que seredes vos os que lles poñades título e portada.



Podedes imprimilo ou facelo en calquera folla que teñades pola casa. Estamos desexando ver as vosas creacións! Animádevos a mandar unha foto a omestrejose@gmail.com para que a publiquemos no blogue!



No seguinte enlace tedes unha explicación máis completa da actividade con algún exemplo.

jueves, 2 de abril de 2020

Día 3 de Abril: Día 19 do COLE NA CASA.

Moi bo día! Chegou o venres e con el as vacacións de semana santa. Desde a cova do lobo Seitodo queremos deixar algunhas propostas moi divertidas que podedes realizar na casa estes días de vacacións. Receitas, decoración de ovos de pascua, recortables, xogos...unha chea de cousas divertidas para desfrutar nestas vacacións!



Día 2 de Abril: Día 18 do COLE NA CASA.

Día do autismo

Hoxe é o día mundial do autismo. Para facer unha pequena conmemoración a este día e darlle presenza nas nosas casas achegándonos un pouquiño máis a esta realidade, deixámosvos dúas actividades que cremos que vos van gustar. 







Día 2 de Abril: Día 18 do COLE NA CASA.

Se premes na imaxe de abaixo poderás ver diferentes libros que poderás escoller cal é a lectura que máis che interesa.

Se lembrades, nas clases, os mestres, vos falamos das diferentes linguas do territorio español. Castelán, que é a lingua común de todo o territorio español, o Catalán falado en Cataluña,  o Euskera, lingua falada no País Vasco e, claro está, a nosa amada lingua, O Galego.

Pois tamén hai outros xeitos de comunicarse chamados dialectos. Un destes dialectos é o bable, falado no Principado de Asturias.
Na biblioteca que se abre ao picar na imaxe atoparás algún libro escrito en bable. Verás que ten un gran parecido co galego.

http://www.digital.pintar-pintar.com/bookcase/combj
#yomequedoencasaleyendo