lunes, 28 de noviembre de 2022

IRIÑA BAILARINA

 O pasado mércores, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, contra as violencias machistas, tivemos unha actividade chulísima no noso centro. 

Da man da empresa URDIME, contamos viñeron ao cole dentro o Teatro "Ghazafelhos" a representar a obra "Iriña bailarina". Esta obra trata sobre a historia de Iriña, unha bailarina que, por seren bailarina, tiña que cumplir cunha imaxe e non podía mancharse, nin suar, nin xogar... ata que un día cambiaron as cousas.

Representáronnos esta obra no ximnasio do noso cole e, entre tonos de humor, caídas divertidas e moitos chistes, aprendemos unha lección moi importante. Por aquí vos deixamos unhas fotos da obra de teatro!






lunes, 21 de noviembre de 2022

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Esta semana no cole conmemoramos o día contra a violencia de xénero (25N), que celebraremos o venres, con algunhas actividades moi especiais. Unha delas, como sabedes, é aprender a canción "LA PUERTA VIOLETA" de Rozalén, en lingua de signos. 

Dende o equipo de biblioteca deixámosvos o vídeo para que podades velo e practicar as veces que queirades. Seguro que aos vosos pais gustaríalles aprendelo tamén. 

RECORDADE: dende o minuto 0:50 ata 1:22

Ademais, deixamos tamén un vídeo da profe Laura, a nosa experta en linguaxe de signos, para que podades practicar con ela na casa. 





domingo, 13 de noviembre de 2022

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 O mes de novembro é o mes da ciencia en galego, e dende a biblioteca do noso cole, queremos festexalo ben. Para iso, promoñémosvos a realización e presentación de experimentos científicos sinxelos entre aulas. Estades preparados? 




Estade atentos ao blogue para poder ver os experimentos realizados!


viernes, 4 de noviembre de 2022

CONCURSO DE DISFRACES

Non estaba planeado. Pero o centro encheuse de disfraces tan orixinais e arrepiantes... que tivemos que facer un concurso de disfraces! Houbo un gañador por aula:

Educación Infantil: Breixo Sanjurjo

1º/2º/3º: Diego Pensado

4º/5º: Joel Blanco

6º: Manuel Negreira

E tamén houbo un gañador dos mestres, que foi...o conserxe Lorenzo!






jueves, 3 de noviembre de 2022

CONCURSO DE TERROR

Para a celebración do Samaín tamén se realizou un concurso de terror. Os nenos e nenas de infantil e de 1º e 2º de Primaria, terían que facer monstros terroríficos e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º historias de medo. Os mellores colgáronse no taboleiro:



Pero só podía haber un gañador...

A gañadora do monstruo máis terrorífico foi Daniela Varela.


Por outra parte, a gañadora da historia de medo máis arrepiante foi Carla García.



CONCURSO DE CABAZAS



 O concurso de cabazas máis bonito viviuse no CEIP Bormoio- Agualada. A raíz da celebración do Samaín realizouse este concurso tan divertido.


Existían tres categorías:

1. Cabaza máis terrorífica.

Gañador: Hugo Facal



2. Cabaza más creativa

Gañador: Bruno Rial

 

3. Cabaza máis ecolóxica 

Gañador: Noel Esperante

miércoles, 2 de noviembre de 2022

CELEBRACIÓN SAMAÍN

 O pasado venres día 28 celebramos no centro o Samaín. Pola tarde reunímonos todo o cole no ximnasio para dar entrada ao festival de Samaín. Déronse os resultados dos concursos de cabazas, de terror e incluso fíxose un concurso sorpresa de disfraces! Houbo premios, risas, aplausos... A diversión non faltou na festa.



APADRIÑAMENTOS LECTORES


Xa descubrimos o que eran as cartas misteriosas! Eran os padriños lectores e madriñas lectoras enviando cartas con pistas aos seus afillados lectores. Así comezaron os apadriñamentos. Que sorpresa levou algún ao ver quen era!

Cada venres, os mais maiores lerán aos máis pequenos nos diferentes recunchos do coles. Canto imos aprender...

Debaixo achegamos as imaxes do primeiro día de apadriñamentos:






 

lunes, 24 de octubre de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezan a rodar as mochilas viaxeiras! 

Esta semana o alumnado do CEIP Bormoio-Agualada vai poder gozar das mochilas viaxeiras. Este ano hai dúas mochilas por curso, nas que atopamos materiais de biblioteca para ler, xogar e compartir coa familia!



DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. Por iso, a partir de esta semana, comezan actividades moi chulas que se levarán a cabo durante todo o curso 2022-23: mochilas viaxeiras, apadriñamentos lectores, voluntarios da biblioteca... Ímolo pasar moi ben, xa veredes.


viernes, 21 de octubre de 2022

MANDADIÑOS DE SAMAÍN

A partir do luns 24 comezan os mandadiños de Samaín. Será unha semana divertida xa que cada día terán que traer un pequeno atrezo: viremos con algo na cabeza, pintados, con merendas máis divertidas, peinados espectaculares... E o venres, para rematar, viremos disfrazados co afán de asustar ao persoal.
Estades preparados? Deixamos a continuación os mandadiños de cada día da semana:







miércoles, 19 de octubre de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SAMAÍN

 Xa temos as recomendacións lectoras de Samaín! Realizouse unha escolla de libros con historias de bruxas, monstros, pantasmas e personaxes arrepiantes, ademais de outros de información sobre esta festividade ou de criaturas terroríficas.

Algúns dos que recomendamos son "Esmeraldina a cociñeira defunta" ou "Os minimortos" de Ledicia Costas, "Mortiña" de Barbara Cantini, "A estrana visita" de Gracia Iglesias, "O noso Samaín" de Loretta Birott Bermejo ou "Na procura do medo esquecido" de Juáncho, entre outros moitos.

Animádevos a ler estas historias que vos darán medo, pero que tamén vos farán pasar un rato divertido! Como nos gusta o Samaín neste cole!



martes, 18 de octubre de 2022

SAMAÍN TERRORÍFICO

 Seguimos co arrepiante Samaín do noso centro!

Quen se atreve a crear historias ou monstros terroríficos?

Na imaxe tedes máis información.



CONCURSO DE CABAZAS

 Xa está chegando o Samaín! 

Por iso, no noso centro, imos celebralo por todo o alto co concurso de cabazas.

Aquí están as bases:



lunes, 17 de octubre de 2022

SEN ELAS NON HAI MÚSICA GALEGA


O pasado mes de setembro tivemos a sorte de ter no noso cole unha exposición marabillosa, da man da asociación VISIBLES, chamada "Sen elas non hai música galega". Gracias a ela coñecimos máis e mellor a moitas cantantes e grupos de cantantes galegas como Sés, Tanxugueiras ou Guadi galego. Gustounos moito! 

CARTAS MISTERIOSAS

Están a chegar unhas cartas misteriosas aos nenos máis pequenos do cole. 
Quenes serán...? Alguén ten algunha idea? 
Polo que din...vannos ir dando máis pistas proximamente!

 

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe, 17 de outubro, celébrase o Día das Escritoras.    

Podemos ler libros moi chulos grazas a escritoras como Enid Blyton, J.K.Rowling, Ledicia Costas, Fina Casalderrey, Ana María Machado, Isabelle Carrier, Barbara Cantini...entre outras moitas! Algunha delas incluso tivo que utilizar alcume...


...








martes, 11 de octubre de 2022

BIBLIO NOS TEMPOS DE LECER!


Xa podemos empregar a biblio nos tempos de lecer! Poderemos ler, xogar, debuxar, investigar... 
Animádevos e pasádevos por aquí!

 

BENVIDOS/AS CURSO 2022-2023

 


Un ano máis, a Biblioteca do CEIP Bormoio-Agualada está viva para a comodidade do noso alumnado.

Neste blog queremos  compartir con tod@s vós as cousiñas tan chulas que facemos. Esperemos que gostedes delas e que as vivades coa mesma ilusión ca nós!

sábado, 4 de junio de 2022

PDI: Produtos finais de 6º de Educación Primaria

 De novo seguimos con produtos finais do noso PDI "Os deportes Olímpicos". Nestes produtos o alumnado, despois dun curso enteiro aprendendo e traballando sobre unha temática en concreto, demostra todos os seus coñecementos nunha creación propia feita e traballada por eles na aula. 

Neste caso temos o traballo dos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria. Nesta clase traballaron sobre os deportes de pelota, e decidiron realizar traballos grupais sobre os deportes da súa categoría: fútbol, baloncesto, golf, voleibol e tenis. Nos seus traballos demostran con creces que aprenderon moitísimo. Bo traballo e feliz lectura!







PDI: Produtos finais de 5º de Educación Primaria

De novo seguimos con produtos finais do noso PDI "Os deportes Olímpicos". Nestes produtos o alumnado, despois dun curso enteiro aprendendo e traballando sobre unha temática en concreto, demostra todos os seus coñecementos nunha creación propia feita e traballada por eles na aula. 

Neste caso temos o traballo dos nenos e nenas de 5º de Educación Primaria. Nesta clase traballaron sobre as artes marciais, e decidiron realizar traballos grupais sobre os deportes da súa categoría: judo, taekwondo, karate e boxeo. Nos seus traballos demostran con creces que aprenderon moitísimo. Bo traballo e feliz lectura! 






PDI: Produtos finais de 3º e 4º de Educación Primaria


  De novo seguimos con produtos finais do noso PDI "Os deportes Olímpicos". Nestes produtos o alumnado, despois dun curso enteiro aprendendo e traballando sobre unha temática en concreto, demostra todos os seus coñecementos nunha creación propia feita e traballada por eles na aula. 

Neste caso temos o traballo dos nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria. Nesta clase traballaron sobre os deportes de inverno, e decidiron realizar traballos grupais sobre os deportes da súa categoría: esquí alpino, patinaxe artística, hockey xeo, skeleton e snowboard. Nos seus traballos demostran con creces que aprenderon moitísimo. Bo traballo e feliz lectura!




PDI: Produtos finais de 1º e 2º de Educación Primaria

 De novo seguimos con produtos finais do noso PDI "Os deportes Olímpicos". Nestes produtos o alumnado, despois dun curso enteiro aprendendo e traballando sobre unha temática en concreto, demostra todos os seus coñecementos nunha creación propia feita e traballada por eles na aula. 

Neste caso temos o traballo dos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria. Nesta clase traballaron sobre os deportes de habilidade, e decidiron realizar traballos grupais sobre os nove deportes da súa categoría: equitación, salto de trampolín, ximnasia rítmica, natación sincronizada, tiro con arco, tiro deportivo, escalada e skateboarding. Nos seus traballos demostran con creces que aprenderon moitísimo. Bo traballo e feliz lectura!