lunes, 27 de noviembre de 2023

25 N Manifesto Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O lema do Concello de Coristanco é "Nin unha cadeira baileira máis" para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.




5º e 6º de Educación Primaria foron a Usos múltiples no Concello de Coristanco e leron o seu manifesto en contra das violencias de xénero.

https://www.instagram.com/reel/C0EPsfwsU2h/?utm_source=ig_web_copy_link&igshid=MzRlODBiNWFlZA==

Deixámos aquí un vídeo do acto. 

Bo día a todos e a todas, somos o alumnado de 5º e 6º do CEIP Bormoio-Agualada e vimos en representación do noso centro a ler o noso manifesto contra a violencia de xénero para conmemorar o 25N, “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller”. 

No noso país son moitas as mulleres que sofren e sufriron danos físicos e psicolóxicos. Por iso, en este acto queremos manifestar o noso compromiso de traballar para previr a violencia contra as mulleres en todas as súas formas, xa que é unha das manifestacións de violencia máis extendida no mundo.

 Deste xeito, como futuras xeracións comprometémonos e gustaríanos: 

-Recibir formación na nosa etapa educativa sobre a violencia de xénero. 

-Apoiar e proporcionar axuda a calquera persoa que se atope nunha situación de violencia de xénero. 

-Opoñernos a toda clase de violencia. 

-Defender e respectar os dereitos humanos.

 -Ter un comportamento que non incite ao odio nin á violencia. 

-Solidarizarnos coas mulleres que padecen malos tratos. 

Durante esta semana estivemos realizando no colexio distintas actividades para traballar e concienciarnos sobre a necesidade de eliminar a violencia de xénero ademais de cómo nós podemos contribuir a este fin, ainda que a mellor aprendizaxe que levamos é que para conseguir isto necesitamos amosar unha actitude de respecto e igualdade no noso día a día, non só en datas concretas, xa que desta forma máis que solucionar un problema, conseguiremos previlo e evitar que suceda. 

Gustaríanos dar as grazas ás mulleres que loitan día a día polos seus dereitos e por dar visibilidade a situacións de violencia das que son víctimas, xa que grazas á súa valentía nós teremos un futuro mellor. 

Para rematar, dicir que xa que para que a eliminación da violencia de xénero é necesaria a colaboración de toda a sociedade, queremos despedirnos cas palabras que os nosos compañeiros dos demais cursos do noso colexio lles queren adicar ás mulleres que foron e son víctimas de violencia de xénero. Agarimo, liberdade, respecto, quérote, aperta, amor. 


MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Ola!
Este mes conmemoramos o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. 

"Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc." https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1748
Recompilación de materiais de ciencia en galego


Nas diferentes aulas fixemos experimentos. 

Deixámovos algunhs aquí: 

Educación Infantil
Fixemos explosións de cores tratando de representar a formacion da Terra que viramos nun video ao iniciar o proxecto dos dinosauros. 






1º Ciclo de Educación Primaria

Experimentos con plantas empregando colorantes e flores. Deixamos a ligazón facendo ciencia: 



Próximamente ensinarémosvos os fantásticos experimentos das outras aulas. 

miércoles, 22 de noviembre de 2023

RECOMENDACIÓNS 25-N

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, aquí deixamos unhas cantas recomendacións lectoras. Algúns dos títulos que podedes atopar son "Artur e Clementina", de Adela Turin,  "Pioneiras", de Anaír Rodriguez ou "Todos deberíamos ser feministas" de  Chimanda Ngozi Adichie.




martes, 7 de noviembre de 2023

CONCURSO DE TERROR

Tamén se levou a cabo un concurso de debuxos e relatos terroríficos.

Os premidados na categoría de debuxo terrorífico foron:
  • Daniela (infantil)

  • Iker blanco (1º)

  • Youssef (infantil)

En canto aos gañadores dos relatos foron:  Sabela (4º) e  Xabi (6º)

Ditos relatos serán publicados dentro de pouco, estade atentos!!!!!! Dan moito medo!!!!

E aquí unha foto dos agasallados:


Parabéns e grazas polo voso traballo!!!


CONCURSO DE CABAZAS

 E aquí vimos coa resolución do concurso de cabazas. Moitos o estábades esperando, despois da exposición de cabazas tan chula que tivemos no cole. Agradecemos moito a participación das familias que viñeron votar. 

Tras facer o reconto dos votos da comunidade educativa na exposición de cabazas, estes son os gañadores:

- A cabaza máis ecolóxica é para... NOA COLLAZO (3º Primaria)


- A cabaza máis terrorífica foi a de.... HUGO FACAL (6º Primaria)


- E a cabaza máis creativa foi a de... LIAM PARDIÑAS (4º Infantil)


E por aquí vos deixamos unha foto dos nosos gañadores cos seus premios!

De novo moitísimas gracias pola colaboración, polas cabazas e pola votación. O próximo ano, esperamos outras cabazas igual de chulas! 

jueves, 2 de noviembre de 2023

CONCURSO DE DISFRACES!

 Bo día! Hoxe traemos por aquí os gañadores do concurso de disfraces! Seguro que tiñades ganas de velos por aquí, así que ahí van...

Como sabedes, escollemos un disfraz de cada clase para ser o gañador, tendo en conta sobretodo as cousas que foron feitas na casa e o resultado do disfraz. E aquí van os nosos gañadores. 

Da clase de infantil, a gañadora foi.... NEREA LISTA, co seu disfraz de momia!


Da clase de 1º e 2º de Primaria o gañador foi... ELOI PENSADO, co seu disfraz de pallaso asasino!

De 3º e 4º de Primaria gañou.... NAHUEL PÉREZ, disfrazado de morto vivinte, con corazón colgando e todo! 


E de 5º e 6º de Primaria a gañadora foi.... ALBA CERQUEIRO, disfrazada de bruxa.

Pero iso non foi todo, xa que tamén houbo premio para a profe mellor disfrazada, que foi LOLY, a titora de 3º e 4º, disfrazada de Catrina chulísima!




E por último, pero non menos importante, tivemos un premio especial para a nosa axudante de cociña MARI, que viña cun disfraz moi chulo e divertido!

Gracias a todos por participar e desfrutar connosco do Samaín!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Hoxe, 2 de novembro, tivo lugar a votación do concurso de cabazas. Non saberemos o resultado ata mañá, pero sabemos seguro que estará moi reñido porque, sen duda, todas as cabazas son chulísimas. 

Por aquí vos deixamos unha breve mostra da exposición para que podades velas e valoralas. Moitas gracias a todos por participar, e sobretodo, gracias ás familias que viñeron votar. Mañá teredes os resultados.