martes, 21 de diciembre de 2021

Recomendacións de Nadal

 Bo día! Último día de cole antes das vacacións de Nadal, moita ilusión e moitos nervios. E dende a biblio traémosvos as recomendacións lectoras para este Nadal. Como sabedes, a lectura é algo moi importante e que nos acompaña sempre, e aquí tedes moitas historias desas que vos acompañarán moito tempo. 

Nesta guía de lectura podedes atopar diferentes títulos en castelán e en galego, así como un xogo de mesa, dirixidos ás diferentes edades: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos e lectores expertos. Esperemos que vos gusten moito estas recomendacións, non esquezades metelas nas vosas listas de reis! Feliz Nadal, feliz aninovo e feliz lectura!



martes, 14 de diciembre de 2021

Novembro: mes da ciencia en galego

 Bo día! Xa estamos en decembro, pero cómpre non olvidar todo o que vivimos este trimestre. O pasado mes de novembro celebramos no cole "O mes da ciencia en galego". Para festexalo, fixemos nas aulas de todo o cole un montón de experimentos sobre alimentación, auga, electricidade estática... 

Aquí debaixo podedes ver algunhas fotos das actividades, pasámolo de marabilla! Nestas fotos estamos alumnado de primaria e máis de infantil, porque os experimentos non teñen idade! Canto aprendemos neste mes. Feliz lectura!