Mostrando entradas con la etiqueta Xornais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornais. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de mayo de 2020

REVISTA "O PAPAGAIO"


Ola, vimos de recibir a revista de O PAPAGAIO do mes de maio. Aquí vola deixamos esperamos que coma sempre, este mes está chea de moitísimas cousas interesantísimas.

Algunha vez pasou pola túa mente: ¿Por qué cantan as aves? Pois esta revista responde a esta pregunta. E outras máis.

Non  deixedes de botar un ollo!!!.
Preme na imaxe

https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn:aaid:scds:US:127dcccb-b9e1-45c1-aa4d-d86d96eed857



jueves, 16 de abril de 2020

A prensa na escola

Os xornais e a prensa en xeral é un estupendo medio para estar informado do que acontece ao noso redor, na nosa contorna...

Tamén coñecemos o que vos gusta ler e consultar os periódicos que chegan diariamente ao cole. Por ese motivo queremos deixar este enlace que vos da acceso a noticias e información que pode ser do voso interese.  Preme na imaxe.

https://www.prensaescuela.es/

sábado, 28 de marzo de 2020

Día 28 de Marzo: Día 13 do COLE NA CASA


Na nosa biblioteca podemos atopar a revista O PAPAGAIO dende hai uns meses pero, nestes momentos, o acceso a esta revista vai estar limitado ata o noso retorno ao colexio. Que esperamos que sexa no menor tempo posible.

Así que, por agora, e para que non deixemos de ter esta revista nas nosas mans, vos deixo uns cuantos números que O PAPAGAIO nos facilita na sua web.

Picade aqui para acceder a estas publicacións.


miércoles, 4 de marzo de 2020

REVISTA "O PAPAGAIO"

O novo número da revista "O Papagaio" xa está na biblioteca.

Este número ten artículos moi interesantes: Bechos en perigo, A invasión do plástico, Por que cheiran al flores?, entre outros.




viernes, 28 de febrero de 2020

REVISTA DOC

Xa temos á vosa disposición o novo número da REVISTA DOC.

Este número ven moi orientado para todas as persoas que somos grandes amantes dos animais, e máis concretamente dos cabalos.


viernes, 7 de febrero de 2020

NOVA ADQUISIÓN DA BIBLIOTECA

REVISTA "O PAPAGAIO"

Hoxe incorporamos á nosa biblioteca unha nova revista. "O papagaio". A Ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, a historia, a cultura, a integración, teñen unha seccíon fixa na revista e os textos están asinados  ou asesorados por persoas expertas na materia.

Non hai que esperar nin un minuto máis!!!! Ven á biblioteca e vai disfrutar dela en calquera recuncho no cole.

Lucía e Sheila foron as primeiras; agora é o teu turno. Ven á biblioteca!!!