Mostrando entradas con la etiqueta poesia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesia. Mostrar todas las entradas

sábado, 20 de marzo de 2021

Día da Poesía 2021

Queremos celebrar con vos o día da Poesía. Este ano aproveitando os novos recursos da nosa biblioteca fixemos un vídeo coa colaboración de todo o cole! Esperamos que disfrutedes con "La Canción del Pirata" de Espronceda. 

 

miércoles, 24 de febrero de 2021

Día de Rosalía

 Hoxe no día de Rosalía temos a seguinte proposta de actividade:

Códigos QR ao longo de toda a biblio creativa para coñecer sobre a autora, quen era, como era a súa familia, os seus amigos e amigas, as súas obras, os seus poemas e para finalizar un espectacular genialy.

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o día da poesía. As circunstancias que están pasando no mundo non nos permite facer as actividades previstas na nosa biblioteca para conmemorar e visibilizar este marabilloso mundo de ritmo e musicalidade para os nosos oídos.

Pero o feito de estar pechados na casa non vai ser impedimento para  disfrutar da poesía.

Aquí deixo diferentes enlaces onde poder ler e escoitar obras de diferentes poetas.

Orella pendella.  Selección de literatura para nenos e nenas.
Poesía galega. (vídeos)
Antología poética multimedia. (recursos de poesía en castelán)

Desfrutade ca poesía!!!!

jueves, 12 de enero de 2012

E máis poesía.

Semella que lle collemos o fío a este xénero literario e non imos deixar escapar a oportunidade de recurrir a este estupendo exemplar de Fran Alonso. "O meu gato é un poeta" trata de transmitir a poesía dun xeito lúdico e, sobre todo, accesible.
Podemos atopar xogos de palabras, caligramas, narracións... e tamén música! Sí, porque música e poesía son dúas artes que teñen moita relación entre sí. De feito, Xurxo Souto compuxo catro das seis cancións que inclue o CD que acompaña o libro.
Pincha aquí e poderás escoitar unha das cancións incluídas no CD.

miércoles, 11 de enero de 2012

A voltas co semáforo.

O pasado 16 de decembro estuvo con nós Mónica Góñez, muller polifacética onde as haxa, que tanto participa activamente na súa vila como exerce de docente nun IES de Xove ou, o que resulta aínda máis interesante, ensínanos que a poesía está presente en cada intre da nosa vida.
Quen nos ía a dicir que, a partires dun aparello tan común, se crearía un poema tan armónico.