Mostrando entradas con la etiqueta obradoiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiros. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de marzo de 2020

ESCORNABOTS

Na zona de talleres da nosa biblio vimos de poñer en marcha o novo taller de ESCORNABOTS. Unha actividade divertidísima onde combinamos actividades cos robots e tamén reciclamos.

Aquí deixamos un vídeo deste primeiro taller. 


lunes, 2 de marzo de 2020




Desde a nosa Bilbio cova estamos a realizar diferentes talleres como por exemplo este que consiste na realización de maceteiros de cordas. Estamos totalmente entusiasmados traballando niso e desexosos de ver o resultado final. Imos por bo camiño pero ainda nos queda moito por facer e aprender!

jueves, 13 de febrero de 2020

NOVAS DA ZONA MAKER

COMEZAMOS COS TALLERES


Comezamos cos talleres que faremos na biblioteca na nosa zona MAKER. Estes talleres comenzan o día 17 de febreiro do 2020, estarán organizados do seguinte xeito:

  • Luns de 14.15 a 15.15. Manualidades con cordas. 3º e 4ºde EP.
  • Venres de 14.15 a 15.15: Robótica. 
  • Xoves de 14.15 a 15.15 Manualidades con cordas. 5º e 6º de EP
En breve informaremos de outros talleres que temos preparados.

martes, 11 de febrero de 2020

NOVAS DA ZONA MAKER

Proximamente: Taller de manualidades con cordas

Dende a zona MAKER da nosa biblioteca queremos contarvos que comenzaremos, en breve, un taller de manualidades con cordas. Neste taller faremos creatividades con corda.

Se queres participar neste taller pregunta ao teu titor ou titora ou ven a anotarte á biblio.

miércoles, 5 de febrero de 2020

NOVIDADE NA BIBLIOTECA: ESCORNABOTS

Temos unha gran nova para vós. A nosa biblio adquiriu para a zona MAKER dou escornabots.


PROXIMAMENTE!!!!

IMOS TRABALLAR CON ROBOOOOTS!!!!

martes, 3 de abril de 2012

Obradoiro con Mon Lendoiro.

Para conmemorar a Semana da Prensa na Escola, o alumnado do 2º ciclo redactou unha noticia e para ilustrala contamos coa inestimable axuda do artista carballés Mon Lendoiro.

Despois de realizar unha pequena introducción para explicar a importancia das imaxes nos medios de comunicación, Mon axudounos a ilustrar a nosa nova outorgándonos pautas e estratexias de debuxo.


E éstes foron algúns dos resultados:


Mon Lendoiro tamén organizou varias exposicións onde se amosan algunhas das súas obras máis significativas, sendo a máis recente o conxunto de retratos realizados dende unha perspectiva infantil, levada a cabo no centro cívico de Arteixo.
Outra delas é a do corpo humano como expresión, relacionada co tema do noso PAI.

miércoles, 11 de enero de 2012

A voltas co semáforo.

O pasado 16 de decembro estuvo con nós Mónica Góñez, muller polifacética onde as haxa, que tanto participa activamente na súa vila como exerce de docente nun IES de Xove ou, o que resulta aínda máis interesante, ensínanos que a poesía está presente en cada intre da nosa vida.
Quen nos ía a dicir que, a partires dun aparello tan común, se crearía un poema tan armónico.