Aquí tedes as recomendacións lectoras do Samaín. Podedes atopar libros moi variados con historias cheas de misterio, medo e emoción, como "Fantasmas no corredor", de Agustín Fernández Paz, "Bruxa e familia", de Paula Carballeira ou "Teño medo", de David de la Iglesia. Animádevos a curiosear un pouquichiño!
miércoles, 25 de octubre de 2023
CONCURSOS SAMAÍN 2023
Atención, rapaces e rapazas da Agualada! Chegan os concursos máis terroríficos deste curso... 👻👻👻
Haberá tres concursos diferentes: de cabazas, de disfraces e de relatos e debuxo. Animádevos a participar!
martes, 24 de octubre de 2023
24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS
miércoles, 18 de octubre de 2023
APADRIÑAMENTOS LECTORES - 1º TRIMESTRE
Xa empezamos coas lecturas compartidas deste trimestre cos padriños e madriñas. Aquí tedes un vídeo- resumo do primeiro día que foi estupendo; apetécevos velo?
lunes, 16 de octubre de 2023
16 OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS
Hoxe celebramos na nosa biblio o día das escritoras. Non podíamos olvidarnos delas porque, gracias a elas, temos algunhas das nosas historias favoritas.
Deixamos por aquí unha pequena colección de libros das diferentes idades feitos por escritoras: Olga de Dios, Adela Turín, Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Anna Llenas... pero hai moitísimos libros máis que podedes ler na nosa biblio!