Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamento. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de febrero de 2022

Lecturas compartidas

A pasada semana, o venres 11, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria organizou unha sesión de lecturas compartidas para os nenos e nenas da clase de 3 anos. 

Os compis máis pequenos do noso cole desfrutaron moito do conto "Lúa", contado por Sabela, Noa e Noel. Seguro que pronto desfrutaremos de moitas máis lecturas compartidas, porque tanto os espectadores como os contacontos quedamos encantados! Feliz lectura!



miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N: Agualada en contra da violencia de xénero.

Neste curso tan especial que non podemos compartir lecturas como nós queremos, os nenos e nenas do cole queren ler con vós o conto de Artur e Clementina, a historia de dúas tartarugas que se enamoran pero non todo é de color de rosa...



Ademáis escribiron unhas cartas moi especiais, son cartas a un maltratador:


jueves, 20 de febrero de 2020

APADRIÑAMENTO LECTOR

Temos unha nova iniciativa de apadriñamento. Nesta ocasión os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria propuxeron un apadriñamento cos nenos e nenas de 3º de EP.

Estupenda iniciativa, esta acción leva unidas accións para levar a cabo nas próximas semanas.

Grazas a todos.


lunes, 10 de febrero de 2020

APADRIÑAMENTO LECTOR

O pasado venres día 7 de febreiro, os alumnos e alumnas das aulas de 2º e de 5º de Educación Primaria xuntáronse para levar a cabo o primeiro apadriñamento lector desde ano.

Cada neno e cada nena de segundo ten en quinto ao seu padriño ou madriña.

Cada venres va estar xuntos para ler e traballar cun libro, facendo lecturas, traballos e incluso creando textos.

Vai ser unha gran experiencia!!!!!