lunes, 28 de noviembre de 2022

IRIÑA BAILARINA

 O pasado mércores, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, contra as violencias machistas, tivemos unha actividade chulísima no noso centro. 

Da man da empresa URDIME, contamos viñeron ao cole dentro o Teatro "Ghazafelhos" a representar a obra "Iriña bailarina". Esta obra trata sobre a historia de Iriña, unha bailarina que, por seren bailarina, tiña que cumplir cunha imaxe e non podía mancharse, nin suar, nin xogar... ata que un día cambiaron as cousas.

Representáronnos esta obra no ximnasio do noso cole e, entre tonos de humor, caídas divertidas e moitos chistes, aprendemos unha lección moi importante. Por aquí vos deixamos unhas fotos da obra de teatro!






lunes, 21 de noviembre de 2022

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Esta semana no cole conmemoramos o día contra a violencia de xénero (25N), que celebraremos o venres, con algunhas actividades moi especiais. Unha delas, como sabedes, é aprender a canción "LA PUERTA VIOLETA" de Rozalén, en lingua de signos. 

Dende o equipo de biblioteca deixámosvos o vídeo para que podades velo e practicar as veces que queirades. Seguro que aos vosos pais gustaríalles aprendelo tamén. 

RECORDADE: dende o minuto 0:50 ata 1:22

Ademais, deixamos tamén un vídeo da profe Laura, a nosa experta en linguaxe de signos, para que podades practicar con ela na casa. 





domingo, 13 de noviembre de 2022

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 O mes de novembro é o mes da ciencia en galego, e dende a biblioteca do noso cole, queremos festexalo ben. Para iso, promoñémosvos a realización e presentación de experimentos científicos sinxelos entre aulas. Estades preparados? 




Estade atentos ao blogue para poder ver os experimentos realizados!


viernes, 4 de noviembre de 2022

CONCURSO DE DISFRACES

Non estaba planeado. Pero o centro encheuse de disfraces tan orixinais e arrepiantes... que tivemos que facer un concurso de disfraces! Houbo un gañador por aula:

Educación Infantil: Breixo Sanjurjo

1º/2º/3º: Diego Pensado

4º/5º: Joel Blanco

6º: Manuel Negreira

E tamén houbo un gañador dos mestres, que foi...o conserxe Lorenzo!






jueves, 3 de noviembre de 2022

CONCURSO DE TERROR

Para a celebración do Samaín tamén se realizou un concurso de terror. Os nenos e nenas de infantil e de 1º e 2º de Primaria, terían que facer monstros terroríficos e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º historias de medo. Os mellores colgáronse no taboleiro:



Pero só podía haber un gañador...

A gañadora do monstruo máis terrorífico foi Daniela Varela.


Por outra parte, a gañadora da historia de medo máis arrepiante foi Carla García.



CONCURSO DE CABAZAS



 O concurso de cabazas máis bonito viviuse no CEIP Bormoio- Agualada. A raíz da celebración do Samaín realizouse este concurso tan divertido.


Existían tres categorías:

1. Cabaza máis terrorífica.

Gañador: Hugo Facal



2. Cabaza más creativa

Gañador: Bruno Rial

 

3. Cabaza máis ecolóxica 

Gañador: Noel Esperante

miércoles, 2 de noviembre de 2022

CELEBRACIÓN SAMAÍN

 O pasado venres día 28 celebramos no centro o Samaín. Pola tarde reunímonos todo o cole no ximnasio para dar entrada ao festival de Samaín. Déronse os resultados dos concursos de cabazas, de terror e incluso fíxose un concurso sorpresa de disfraces! Houbo premios, risas, aplausos... A diversión non faltou na festa.



APADRIÑAMENTOS LECTORES


Xa descubrimos o que eran as cartas misteriosas! Eran os padriños lectores e madriñas lectoras enviando cartas con pistas aos seus afillados lectores. Así comezaron os apadriñamentos. Que sorpresa levou algún ao ver quen era!

Cada venres, os mais maiores lerán aos máis pequenos nos diferentes recunchos do coles. Canto imos aprender...

Debaixo achegamos as imaxes do primeiro día de apadriñamentos: