Mostrando entradas con la etiqueta Escola na casa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escola na casa. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de mayo de 2020

A CIENCIA NA CASA

A ESCOLA NA CASA
EXPERIMENTOS NA CASA

Hai uns días, dentro da sección a escola na casa, propuxemos un experimento, que era facer unha bomba de auga na casa.

Aquí temos o magnífico resultado do experimento que AMANDA de 5º de EP fixo na casa, o resultado é magnífico e as conclusións que obtivo son perfectas. 

Parabéns Amanda!!!   Gran traballo.

A CIENCIA NA CASA

A ESCOLA NA CASA
EXPERIMENTOS NA CASA

Durante este tempo de confinamento, nas actividades propostas para casa e nas propostas desde blogue atopamos diferentes experimentos.

Neste caso o noso compañeiro Samuel de 6º de EP tivo a gran iniciativa de levar a cabo un experimento que él mesmo pasa a explicar. As veces, a ciencia sorprende con solucións que non esperamos.

Parabéns Samuel, por esa iniciativa para facer experimentos. Gran traballo!!

Escola na Casa

ESCOLA NA CASA: Botella Montessori da calma

Estamos a recibir máis creacións da Botella da Calma exposta hai uns días neste blogue.

Estamos encantadísimos de ver o ben que traballades.

Parabéns a todos e todas!!!
Vídeo de Luana e a súa botella Montessori


Tomás ca súa botella Montessori

viernes, 22 de mayo de 2020

Escola na Casa

EXPERIMENTO DE NATURAIS

FACEMOS PULMÓNS

Dende este blogue propoñemos unha actividade de Naturais que vos vai gustar moito.
Xa coñecedes o aparello respiratorio, pois ides ver como funciona un pulmón.

Preme aquí para ver as instruccións.


lunes, 18 de mayo de 2020

Escola na casa

ESCOLA NA CASA: Botella Montessori da calma

Hoxe temos a mestra Laura amosando como facer unha bonita manualidade.

Prestade moita atención ao vídeo.


Se picas aquí podes acceder ás instruccións.

Enviade fotos cos resultados.

domingo, 17 de mayo de 2020

ESCOLA NA CASA

ESCOLA NA CASA

EXPERIMENTO DE NATURAIS

A continuación vos propoñemos un experimento moi fácil de facer na casa.
Precisades uns materiais moi doado de atopar na casa. 
Lembrade, con ferramentas de corte, demandade a axuda dun adulto.

Enviade fotos ou vídeos cos resultados.


martes, 28 de abril de 2020

Día 28 de Abril: día 31 da escola na casa

OBRA DE TEATRO: Mamá cabra 15 primaveras.


A nosa proposta de hoxe vai asociada ao mundo do teatro. No vídeo que tedes ao pe deste post podedes ver a obra de teatro titulada: Mamá Cabra 15 primaveras.

Desfrutádea!!!


lunes, 27 de abril de 2020

27 DE ABRIL: ACTIVIDADE MUSICAL: LIBROS, EXPERIMENTOS E MÚSICA.

BO  DÍA MUSIQUIÑAS E MUSIQUIÑOS.

ESTA SEMANA A NOSA ACTIVIDADE MUSICAL PARTE DO BLOGUE DA BIBLIOTECA!!!!

POR QUÉ SERÁ?......

POIS PORQUE VOS TRAIO UNHA ACTIVIDADE QUE RELACIONA TRES COUSAS:

-OS LIBROS.

-OS  EXPERIMENTOS.

 -A MÚSICA.


QUEREDES DESCUBRILA? PINCHADE AQUÍ E COMPROBADE O QUE SE AGOCHA!



ÁNIMO!!!
Día 27 de Abril: día 30 da escola na casa


Hoxe levamos ás vosas casas unha proposta de actividades que chegan dende Os Museos Científicos Coruñeses. Aquí podedes atopar divertidos experimentos científicos e incluso unha visita ao planetario.


Preme na imaxe



viernes, 24 de abril de 2020

Día 24 de Abril: día 30 da escola na casa
Continuamos ca nosa labor de dar visibilidade ao libro na "Semana do Libro".
Nesta semana vimos un xeito diferente de facer libros, o libro lupa, lembrades?.
Pois hoxe impos propor outro xeito máis de facer un libro: "O libro acordeón"
Amimo!!! Levade a cabo as vosas creacións e enviádeas.


martes, 21 de abril de 2020

Día 21 de Abril: día 27 da escola na casa


Continuamos ca nosa labor de dar visibilidade ao libro na "Semana do Libro". Os libros créanse para ler, para disfrutar, para ter aventuras, para aprender... pero tamén hai que aprender a crear eses libros.

Aquí vos deixamos un xeito de crear un libro diferente: "O libro lupa"

CREACIÓN DE UN LIBRO LUPA
SEMANA DO LIBRO 2020

AUDIOLIBROS

Ás veces, cando alguén fala dun libro, temos o primer pensamento dun libro para ler. Pero tamén existen outros xeitos de poder ter aventuras, de poder aprender. Imaxinade a algunha persoa que non poida ver, tanto de xeito temporal coma definitivamente.

Por ese motivo tamén existen os libros lidos. Libros que alguén le para que poidan ser escoitados por que o necesite ou por quen quera ler doutro xeito.

Se picades na imaxe ides acceder a libros para escoitar.

https://stories.audible.com/discovery/enterprise-discovery-21161278011?ref=adbl_ent_anon_ds_ds_dccs_sbtp-0-1

viernes, 17 de abril de 2020


Día 17 de Abril: Día 23 do COLE NA CASA.

Desde a cova do lobo Seitodo traemos hoxe a un coñecido por todos vos, Paco Nogueiras!E ven cun conto que de seguro vos vai gustar. Picade na ligazón e desfrutade de "¿Quién es ese bicho?".
E na mesma páxina podedes desfrutar doutros moitos contos contados.


miércoles, 15 de abril de 2020

Día 15 de Abril: Día 21 do COLE NA CASA.


Hoxe temos un día...de cine!!Se picades na ligazón poderedes ver unha famosa e emocionante curtametraxe sobre a amizade. Seguro que vos gusta tanto como a nós!




martes, 14 de abril de 2020

Día 14 de Abril: Día 20 do COLE NA CASA.

Moi bo día! Aquí estamos de volta. Desexamos que esteades todos e todas ben.

Hoxe vimos por aquí a deixar voar a nosa imaxinación! Atrevédesvos a inventar libros? Propoñémosvos crear algunha que outra portada con este taller tan divertido que nos ofrecen desde Blackie Books.
Na seguinte ligazón tedes unha imaxe na que hai uns libros cuns títulos un pouco estraños, e outros aos que seredes vos os que lles poñades título e portada.



Podedes imprimilo ou facelo en calquera folla que teñades pola casa. Estamos desexando ver as vosas creacións! Animádevos a mandar unha foto a omestrejose@gmail.com para que a publiquemos no blogue!



No seguinte enlace tedes unha explicación máis completa da actividade con algún exemplo.

jueves, 2 de abril de 2020

Día 3 de Abril: Día 19 do COLE NA CASA.

Moi bo día! Chegou o venres e con el as vacacións de semana santa. Desde a cova do lobo Seitodo queremos deixar algunhas propostas moi divertidas que podedes realizar na casa estes días de vacacións. Receitas, decoración de ovos de pascua, recortables, xogos...unha chea de cousas divertidas para desfrutar nestas vacacións!



Día 2 de Abril: Día 18 do COLE NA CASA.

Día do autismo

Hoxe é o día mundial do autismo. Para facer unha pequena conmemoración a este día e darlle presenza nas nosas casas achegándonos un pouquiño máis a esta realidade, deixámosvos dúas actividades que cremos que vos van gustar. 







Día 2 de Abril: Día 18 do COLE NA CASA.

Se premes na imaxe de abaixo poderás ver diferentes libros que poderás escoller cal é a lectura que máis che interesa.

Se lembrades, nas clases, os mestres, vos falamos das diferentes linguas do territorio español. Castelán, que é a lingua común de todo o territorio español, o Catalán falado en Cataluña,  o Euskera, lingua falada no País Vasco e, claro está, a nosa amada lingua, O Galego.

Pois tamén hai outros xeitos de comunicarse chamados dialectos. Un destes dialectos é o bable, falado no Principado de Asturias.
Na biblioteca que se abre ao picar na imaxe atoparás algún libro escrito en bable. Verás que ten un gran parecido co galego.

http://www.digital.pintar-pintar.com/bookcase/combj
#yomequedoencasaleyendo

martes, 31 de marzo de 2020

Día 1 de Abril: Día 17 do COLE NA CASA.

Hoxe vos deixamos unha historia titulada Un Xabi de Chocolate. Nesta historia o protagonista chámase Xabi pero podería ter calquera outro nome de calquera outro neno que lle guste o chocolate. De xeito enfádase moito cando non lle deixan comelo. Preme na imaxe e coñecerás toda a historia de Xabi.
https://www.farodaescola.es/noticias/un-xabi-de-chocolate.html
Se premes na seguinte imaxe hai alguén que che vai contar contos. Desfrutádeos!!!

https://www.youtube.com/channel/UC1XVChn3W-o40FKN6si54tg

Día 31 de Marzo: Día 16 do COLE NA CASA.

-Coronavirus...que será iso? pensa o protagonista da nosa historia de hoxe.
Estes días son diferentes para todos, en especial para os máis pequenos. Hoxe traémosvos un CONTO FERMOSÍSIMO no que o seu protagonista conta o que esta a vivir estes días e faise un montón de preguntas.
As familias poderedes ver o que está a pasar desde a visión dun neno e vos, os nenos e nenas, podedes ver como pasa estes días de corentena. Fará as mesmas cousas ca vos? Picade no enlace e ímolo descubrir...