martes, 14 de abril de 2020

Día 14 de Abril: Día 20 do COLE NA CASA.

Moi bo día! Aquí estamos de volta. Desexamos que esteades todos e todas ben.

Hoxe vimos por aquí a deixar voar a nosa imaxinación! Atrevédesvos a inventar libros? Propoñémosvos crear algunha que outra portada con este taller tan divertido que nos ofrecen desde Blackie Books.
Na seguinte ligazón tedes unha imaxe na que hai uns libros cuns títulos un pouco estraños, e outros aos que seredes vos os que lles poñades título e portada.



Podedes imprimilo ou facelo en calquera folla que teñades pola casa. Estamos desexando ver as vosas creacións! Animádevos a mandar unha foto a omestrejose@gmail.com para que a publiquemos no blogue!



No seguinte enlace tedes unha explicación máis completa da actividade con algún exemplo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario