lunes, 20 de marzo de 2023

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Bo día! O 11 de febreiro celebramos no noso cole un día moi importante, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para iso, nas clases e na biblioteca do cole fixemos unha actividade na que tivemos que buscar información, por grupos, sobre diversas mulleres científicas que foron importantes na historia. Por aquí vos deixamos algunhas imaxes traballando. Participamos dende os nenos e nenas de infantil, ata os maiores de primaria.





Cos traballos elaborados creamos un mural de mulleres científicas no corredor do cole, que quedou así de ben! Desta forma coñecemos a labor de moitas mulleres e compartimos o traballo do resto dos compañeiros e compañeiras. Esperamos que vos guste!



Que teñades unha boa semana!

martes, 14 de marzo de 2023

Entroido

Boas de novo! Como sabedes, celebramos o ENTROIDO no cole! Este ano chegou cargado de cousas divertidas e moita ilusión. 

Comezamos a semana cos mandados do Meco... o noso Meco este ano mandounos cousas super divertidas! Un día algo na cabeza, outro día a cara pintada... e o mércores ata puxemos o pijama para vir ao cole! Ademais, o xoves puidemos aproveitar os disfraces libres e o venres...entroido!

O día máis especial foi, sen duda, o venres. Pola mañá tivemos unha excursión, moi interesante, ao Ecomuseo de Buño, onde aprendimos un montón de cousas dos Oleiros e aprendimos a traballar co barro. Pero o mellor aínda estaba por chegar. 


Seguindo coa temática do noso PDI, e gracias ás mamás e papás da AMPA do noso cole, cada clase tivo un disfraz personalizado e relacionado coa música. 

Os nenos e nenas de infantil foron disfrazados de pentagramas. 


En primeiro, segundo e terceiro tiveron disfraces de xilófonos.


Cuarto e quinto ían disfrazados de cantantes dos anos 80, a todo color!

E, por último, os maiores de sexto disfrazáronse de rockeros.

E así, cos disfraces feitos polas nais, e preparados para pasalo ben, fomos pasear por Agualada acompañados por moitas das familias e facendo moito moito ruido, coa axuda de protección civil de Coristanco e todo. Ata tivemos unha parada na plaza para xogar un pouco e sacar unhas fotos antes de volver ao cole. Un Entroido moi divertido!



Día da muller no noso cole!

Como sabedes, o pasado 8M conmemoramos o día da muller, e sendo un día tan importante non podíamos deixar de conmemoralo cunha actividade no centro, aproveitando o noso PDI.

Partindo da música, dende cada titoría os nenos e nenas encargáronse de buscar cancións de cantantes mulleres (ata aquí fácil) pero sen colaboración con ningún home e, o máis difícil, evitando letras relacionadas con homes, amor ou romanticismo. Que difícil foi!

Coas cantantes e as cancións escollidas, as clases fixemos unha pequena interpretación da mesma para decorar a porta da nosa biblio, que quedou así de chula. 

Despois os nenos e nenas do cole fomos coas tablets para poder ler os códigos e ver os vídeos do resto dos compis das diferentes clases. 



Deixámosvos tamén outras entradas no blogue cos códigos QR para que poidades escanealos, coa súa canción en youtube, para que podades escoitar as dúas versións das diferentes aulas! Esperamos que vos guste!












Cancións educación infantil

 Nesta entrada podedes ver os vídeos e cancións de infantil, que fixeron un gran traballo!







Cancións de 1º, 2º e 3º de Primaria

 Nestoutra entrada podedes ver as cancións escollidas e cantadas polos nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro de educación primaria. Como lles custou atopar as cancións!






Cancións de 4º e 5º de primaria

 E por aquí vos deixamos tamén as cancións escollidas e cantadas pola clase de 4º e 5º. Moi chulas todas!










Cancións de 6º de primaria

 E por último, pero non menos importante, as cancións de sexto de educación primaria, con idiomas diversos e moi boas eleccións. Marabillosas para desfrutalas!










Novidades!

Boa tarde a todos e todas! 

Pasamos por aquí para ensinarvos as novidades da nosa biblio... Canto imos disfrutar cos novos contos e libros de lectura...



... e tamén coas novidades na parte de información... 


... ah! E sen esquecer os novos xogos



Que ben o imos pasar! 




miércoles, 8 de marzo de 2023

Feliz día da muller!

 Boa tarde e feliz día da muller! Hoxe celebramos este día dando comezo a unha actividade moi especial sobre as mulleres na música… a veredes moi pronto! 




SEMANA DA PRENSA

Bo día. 

Esta semana é a Semana da prensa, e no noso cole temos a sorte de ter á nosa disposición xornais cada semana grazas ao Programa Prensa-Escola da Voz de Galicia.

Celebrámolo esta semana e todo o ano!