viernes, 26 de noviembre de 2021

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero 25N

 Bo día, hoxe o equipo da biblioteca trae unha entrada moi especial, xa que, como sabedes, onte celebramos no cole o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o 25N. Unha data da que nós, pero tamén toda a comunidade educativa, estamos moi concienciados de cambiar. 

Para celebralo no cole, fixemos un montón de actividades chulas. Empezamos xa hai unhas semanas decorando o cole, que podedes ver nas fotos o chulo que nos quedou: as portas, os lazos xigantes, as ventás, as mensaxes, o mural... todo contra a violencia. 




Tamén fixemos unha exposición de libros importantes para estas datas, sobre violencia de xénero, mulleres poderosas, a figura da muller, protagonistas chicas... todos son chulísimos! Sabedes que todos estes libros podedes atopalos na biblio verdade? 


Ademais, tivemos a sorte de vivir unha experiencia única! Gravamos un videoclip chulísimo versionando unha canción moderna, que seguro que todos coñecedes xa! Pois nós cambiámoslle a letra e, coa axuda de Velaísca Proxectos Educativos, creamos un vídeo así de chulo: 

Por último, tamén conmemoramos esta data dentro das nosas aulas, traballando na importancia do rexeitamento da violencia con diversas actividades que nos propuxeron os profes. Esperamos que nalgún momento esta data desapareza do calendario. Mentres tanto, seguiremos na loita contra a violencia de xénero. Feliz lectura!



lunes, 22 de noviembre de 2021

Recomendacións de novembro

Bo día! Aínda que xa metidos no mes de novembro, aquí chegan as recomendacións lectoras para este mes. 

Como sabedes, neste mes celebramos o día 25 o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ademais de ser o mes da ciencia. Polo tanto, as nosas recomendacións do equipo de biblioteca van por estes camiños.

Recordade que todas elas as podedes encontrar na nosa biblio! E algunha delas na exposición que podedes atopar no corredor. Feliz lectura!

viernes, 19 de noviembre de 2021

Día das librarías

 O pasado 11 de novembro celebramos o día das librarías na biblioteca escolar. Un día moi importante porque, gracias a elas, podemos contar con todos os marabillosos libros e historias que forman parte da nosa vida e da nosa biblio do cole. 

  Para festexalo, compartimos con vós unha foto moi especial na que unha libraría que colabora coa nosa biblio cada ano, nos trouxo unha gran variedade de libros nunha exposición moi interesante e que nos encantou a todos. Feliz día das librarías!