martes, 24 de mayo de 2022

Excursión a Coruña

Boas de novo! O pasado venres o noso cole tivo un acontecemento moi especial para alumnado e profesorado. Fomos de excursión a Coruña! 

Esta excursión formaba parte, ademais, dos proxectos de aula de educación infantil, nos que colabora a nosa biblioteca, sobre Galicia e do fondo do mar. Gracias a eles, en Coruña visitamos a torre de Hércules, e nela tamén a Rosa dos ventos, coñecendo algúns dos seus significados. 

Alí tamén coñecimos, os que todavía non a sabíamos, a lenda da torre de Hércules e o xigante Xerión, contada polos profes en colaboración con algúns dos nenos e nenas que xa a coñecían. Pareceunos super interesante coñecer de primeira man, e no mesmo lugar, esa lenda tan chula.

Ademais, tivemos a oportunidade de visitar o aquarium e ver ao noso tiburón favorito, Gastón! Foi unha visita moi entretida e na que, tanto pequenos como maiores, desfrutamos vendo os animaliños do mar, coñecendo a Gastón e descubrindo moitas cousas sobre animais coma os polbos, as raias, as focas... Foi divertidísimo!

Por último, desfrutamos dunha comida ao aire libre no Parque de Santa Margarida, e tivemos unha xornada de tarde de convivencia no mesmo parque, onde os nenos e nenas do cole desfrutaron tanto coma os profes. Xa estamos desexando volver de excursión! Feliz lectura!







Semana das letras galegas

 Bo día de novo! A semana pasada celebramos no noso colo a semana das letras galegas, e para iso fixemos un montón de actividades moi chulas para decorar o noso cole e aprender cousas sobre o autor homenaxeado: Florencio Delgado Gurriarán. 

A nosa profe artista, Rocío, fixo un precioso mural sobre Florencio e as nosas letras, así como sobre Galicia. Por aquí vos deixamos unha foto do mesmo!


Ademais, entre o alumnado do cole, tanto en primaria coma en infantil, fixemos moitas actividades diferentes sobre Florencio. Entre elas, decorar as letras do seu nome e a súa cara para facer outra decoración xunto co barco, representando a súa emigración. 



Contamos tamén, novamente, cunha exposición super chula no corredor principal do centro de carteis dedicados ao noso Día das Letras Galegas, e mais a Florencio Delgado, por parte da asociación Visibles. Carteis moi bonitos e que chamaron moito a atención do noso alumnado. 





Finalmente, o propio luns 17 de maio, contamos no noso cole cunha obra de teatro da Asociación Trinke Trinke, que levouse a cabo no noso pavillón para todo o alumnado e foi moi divertida. 


Como vedes, no noso cole non deixamos de facer cousas! Feliz Día das Letras Galegas e feliz lectura!

martes, 3 de mayo de 2022

23 de abril - Día do libro

Boas de novo! As últimas semanas foron días cheos de actividades moi guais no noso cole, xa que o día 23 celebramos O DÍA DO LIBRO, un día moi especial para nós, e por suposto para a nosa biblio. No noso cole temos unha biblioteca chulísima, chea de libros e materiais para xogar, aprender e gozar, e quixemos celebrar o día do libro por todo o alto. 

Por unha banda creamos, entre todos os nenos e nenas do noso colexio, un novo mural para a nosa entrada, titulado "Os nosos libros favoritos". Nel, cada un colgou unha pequena postal coa portada do noso libro favorito, e por dentro da postal información sobre o mesmo como o título, o argumento ou un debuxo, e, por suposto, a nosa valoración. Así, todos compartimos as nosas recomendacións co resto dos compañeiros e compañeiras... encantounos poder ver os libros favoritos dos demais!




Contamos tamén cunha obra de teatro para todo o centro, que celebrouse no pavillón e que foi moi divertida. Todos, pequenos e maiores, incluso os profes, desfrutamos moitísimo desta actividade! Esta actividade, titulada Novos Lobos, levada a cabo por Fantoches Baj a través de monicreques.


Ademais, tivemos un obradoiro de creación poética, da man do escritor Jesús Castro, gracias á Asociación de Escritores, dirixido para os nenos e nenas maiores dende terceiro de primaria, no cal creamos unha chea de poesías coa base de Rosalía de Castro nun xogo de mesa moi chulo. Tamén os deixaron o material, para poder xogar nós outro día, e pasámolo super ben e estamos moi agradecidos. 


Finalmente, como día grande, festexamos un apadriñamento lector na tarde do venres, nas que nos xuntamos ao aire libre os nenos e nenas das diferentes clases do cole. Xuntámonos a aula de 6º de primaria con 3 anos, a aula de 5º de primaria con 4 e 5 anos, e a aula mixta de 3º e 4º coa aula de 1º e 2º. Pasámolo de marabilla lendo algúns dos títulos máis chulos da nosa biblioteca. Aquí vos deixamos unha recompilación dalgunhas fotos. Feliz lectura!