Mostrando entradas con la etiqueta CMCT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CMCT. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de febrero de 2022

11 Febreiro - Día Internacional da muller e a nena na ciencia

O pasado venres 11 de febreiro foi o día internacional da muller e a nena na ciencia, e dende a biblio do CEIP Bormoio-Agualada fixemos unha actividade moi chula para coñecer o papel de moitas mulleres importantes na historia. 

Para traballalo, escollimos algúns dos libros chulos que temos na nosa biblio, e que nos falan de mulleres importantes na historia, como "Las chicas son guerreras", "Las chicas son de ciencias", "Pioneiras" ou "100 mujeres que cambiaron el mundo", e buscamos neles información sobre quen eran e quen fixeron algúns nomes propios como Marie Curie, Hipatía de Alejandría o Ada Lovelace, entre outras. 

Nenos de todas as idades aprenderon un montón sobre todas estas mulleres importantes. Aquí vos deixamos algunhas mostras da actividade. Esperamos que vos guste. Feliz lectura!





viernes, 20 de noviembre de 2020

Chegan máis experimentos...

 


 Lembrade que a semana que ven é a última do mes da ciencia! Enviade os vosos experimentos!!!

domingo, 15 de noviembre de 2020

Ciencia en 6º de Educación Primaria

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria queren deixar neste vídeo varios experimentos desexamos que vos gusten. Desfrutádeos.

Preme na imaxe para ver o vídeo

martes, 10 de noviembre de 2020

Ciencia en 5º de Educación Primaria

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria fixeron un proxecto sobre o universo no mes da ciencia. Picade nos iconos amarelos e a aprender con eles!

 

lunes, 9 de noviembre de 2020

Primeiros experimentos Mes da Ciencia en Agualada

Susan está moi contenta, xa están a chegar moitos experimentos dos nenos e nenas. Aquí os primeiros 


Alex de 1º e Adri de 4º de Primaria
 

Manuel y Valentín de 4º de Primaria


Alba Cerqueiro de 2º de Primaria

viernes, 5 de junio de 2020

Día do Medio Ambiente

DÍA DO MEDIO AMBIENTE: FACEMOS UN CESPÍN

Hoxe 5 de xuño celebramos o día do Medio Ambiente

Con este obxectivo hai uns días facíamos a proposta de crear un cespín.

Aquí temos os exemplos recibidos. Moitas gracias!!! Son estupendos!!!


Día do Medio Ambiente

DÍA DO MEDIO AMBIENTE: COIDAR O NOSO PLANETA

Todos coñecemos as consecuencias que o cambio climático pode ter sobre o noso planeta e sobre todos nós.

Aquí temos unha gran iniciativa de Ana e Lois , alumnos de 4º e 2º curso de EP.

Moitas gracias nenos. Parabéns!!!


martes, 2 de junio de 2020

Experimento

EXPERIMENTO DE NATURAIS

FACEMOS PULMÓNS

Hai uns días presentabamos neste blogue como crear uns pulmóns na casa.

Aquí temos outro exemplo. Tomás amosa o resultado  no seguinte vídeo.

Parabéns. Moi bo traballo!!!


lunes, 1 de junio de 2020

Experimentos

EXPERIMENTO DE NATURAIS

FACEMOS PULMÓNS

Hai uns días presentabamos neste blogue como crear uns pulmóns na casa.

Pos aquí temos o primeiro exemplo. Manuel e Valentín neste vídeo amosan como crealos.

Perfecto rapaces. Moi bo traballo!!!



MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

O equipo dos Museos Científicos propón unha nova actividade de observación astronómica. Trátase dunha serie de vídeos curtos para aprender e gozar da observación astronómica desde a casa montados con Stellarium, unha aplicación gratuíta e aberta que permite recrear o ceo (case) como se estivésemos nunha sesión de planetario.

Cada martes ás 12.00 horas publicarase nesta lista da canle de Youtube dos Museos Científicos un vídeo no que se presentará unha proposta de observación dalgún aspecto concreto para descubrir no ceo neses días.

Esta é a súa axenda:
  • 02/06/2020 ás 12:00
  • 09/06/2020 ás 12:00
  • 16/06/2020 ás 12:00
  • 23/06/2020 ás 12:00
  • 30/06/2020 ás 23:00

martes, 26 de mayo de 2020

A CIENCIA NA CASA

A ESCOLA NA CASA
EXPERIMENTOS NA CASA

Durante este tempo de confinamento, nas actividades propostas para casa e nas propostas desde blogue atopamos diferentes experimentos.

Neste caso o noso compañeiro Samuel de 6º de EP tivo a gran iniciativa de levar a cabo un experimento que él mesmo pasa a explicar. As veces, a ciencia sorprende con solucións que non esperamos.

Parabéns Samuel, por esa iniciativa para facer experimentos. Gran traballo!!

viernes, 22 de mayo de 2020

Escola na Casa

EXPERIMENTO DE NATURAIS

FACEMOS PULMÓNS

Dende este blogue propoñemos unha actividade de Naturais que vos vai gustar moito.
Xa coñecedes o aparello respiratorio, pois ides ver como funciona un pulmón.

Preme aquí para ver as instruccións.


miércoles, 20 de mayo de 2020

Día do medio ambiente

5 de xuño: Día do medio ambiente 

Aprendices de científicos

 O próximo día 5 de xuño é o día do Medio Ambiente por iso vos imos propoñer unha actividade moi interesante para conmemoralo.

                                                         Imos facer unha mascota “CESPÍN"

Preme a imaxe para ver as instruccións

Enviade fotos cos resultados.

domingo, 17 de mayo de 2020

ESCOLA NA CASA

ESCOLA NA CASA

EXPERIMENTO DE NATURAIS

A continuación vos propoñemos un experimento moi fácil de facer na casa.
Precisades uns materiais moi doado de atopar na casa. 
Lembrade, con ferramentas de corte, demandade a axuda dun adulto.

Enviade fotos ou vídeos cos resultados.


lunes, 27 de abril de 2020

Día 27 de Abril: día 30 da escola na casa


Hoxe levamos ás vosas casas unha proposta de actividades que chegan dende Os Museos Científicos Coruñeses. Aquí podedes atopar divertidos experimentos científicos e incluso unha visita ao planetario.


Preme na imaxe



viernes, 20 de marzo de 2020


RESULTADOS EXPERIMENTOS

Temos as primeiras imaxes dun experimento feito na casa. Moitas grazas. Animádevos a enviar resultados dos vosos experimentos a este correo omestrejose@gmail.com



Se queredes facer este experimento aquí vos deixo o vídeo. 



miércoles, 18 de marzo de 2020

Día 19 de Marzo: Día 4 do COLE NA CASA.
Ola, hoxe é día festivo, pero o COLE NA CASA do CEIP de Bormoio-Agualada segue contigo.

PARABÉNS A TÓDOLOS PAIS, JOSEFAS, PEPAS JOSÉS, PEPES...

Hoxe temos unha serie de experimentos que podes facer na casa coa túa familia. Pica na imaxe.




E para os nenos e nenas de todos os cursos, tedes un grupo de mandalas para imprimir e colorear. Pica aquí.

Envíade comentarios o fotos co resultado dos vosos experimentos e mandalas.

lunes, 16 de marzo de 2020

VISITA DE LUCAS, O GUACAMAIO

O pasado xoves o compañeiro Benxamín de sexto de EP, coa colaboración da súa nai, Carmen, contounos como coidan do seu loro, a súa alimentación, reproducción, relación cos seus iguais e coa família que o coida.

É moi importante coidalos a eles e ao seu médio.

Moitas grazas Carmen.


viernes, 6 de marzo de 2020

ESCORNABOTS

Na zona de talleres da nosa biblio vimos de poñer en marcha o novo taller de ESCORNABOTS. Unha actividade divertidísima onde combinamos actividades cos robots e tamén reciclamos.

Aquí deixamos un vídeo deste primeiro taller. 


lunes, 2 de marzo de 2020




Desde a nosa Bilbio cova estamos a realizar diferentes talleres como por exemplo este que consiste na realización de maceteiros de cordas. Estamos totalmente entusiasmados traballando niso e desexosos de ver o resultado final. Imos por bo camiño pero ainda nos queda moito por facer e aprender!