Mostrando entradas con la etiqueta CCEC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CCEC. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de junio de 2020

domingo, 17 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero

Hoxe, 17 de Maio, conmemoramos o Día das Letras Galegas e aínda que non vai ser posible celebralo presencialmente queremos facer unha homenaxe a este gran autor.

Dentro das actividades que o alumnado fixo ao longo desta semana queremos destacar a homenaxe con retratos de Carbalho Calero.

Moitas grazas.





sábado, 16 de mayo de 2020

Pequenos Cheffs

PEQUENOS CHEFFS

Manuel e Valentín amosan o xeito de elaborar esas galletas que hai uns días aparecían neste blogue e que tanto gustaron.

Seguro que están riquísimas, lástima non poder probalas. Parabéns !!!!


Pequenos Cheffs

PEQUENOS CHEFFS

Estes cheffs non paran, seguimos a recibir novos traballos de cociña.

As cociñas tamén son pequenos laboratorios onde misturamos ingredientes para obter un producto final. 

Parabéns. Vaia productos!! Que fame!!

Mara

Mateo




viernes, 15 de mayo de 2020

Pequenos Cheffs

PEQUENOS CHEFFS

Os pequenos Cheffs non paran de traballar aquí temos máis doces.

Lástima de non poder probalos.

Moitas grazas polo voso traballo. 

Samuel Antelo

Samuel Antelo

Lucía Abelenda

jueves, 14 de mayo de 2020

Pequenos cheffs

PEQUENOS CHEFFS

Lembrades aquelas galletas arco iris que propuxemos hai uns días.

Aquí temos uns resultados.

Qué boas!

Nicolás
Brais Costa

Patricia Osinde

Patricia Osinde



miércoles, 13 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 de Maio: Día das letras Galegas


O vindeiro domingo é  o Día das Letras Galegas. Ademais das diferentes actividades que se propoñan dende cada unha das vosas aulas, deixámosvos o acceso a unha páxina web para que poidades ter ao voso alcance máis información do homenaxeado deste ano Ricardo Carvalho Calero. 


Para conmemorar este día propoñémosvos duas actividades.

  • Fai un retrato de Carvalho Calero utilizando a técnica de debuxo que máis che guste e envíanolo. Colgarémolo no Blogue.
  • O Concello de Carballo propon un concurso aberto a todas as idades para poñer en valor a literatura galega. Animádevos a particiapar. Preme aquí.


domingo, 10 de mayo de 2020

Os símbolos de Europa


DÍA DE EUROPA

Os símbolos de Europa

Xa coñecemos que o día 9 de maio é o día e Europa. Pero temos varios xeitos de recoñecer á Unión Europea, e é a través dos seus símbolos.

O primeiro destes símbolos é a súa bandeira. Intenta averiguar o que simboliza.



O segundo destes símbolo é o seu himnoa melodía que simboliza á UE procede da Novena Sinfonía compuesta en 1823 por Beethoven, que decidió poñer música á "Oda a la Alegría" escrita por Schiller en 1785. Escoítádea interpretada polo noso compañeiro Joel Rellán. Moitísimas grazas Joel. Gran interpretación!!.



jueves, 7 de mayo de 2020

Día 07 de Maio: día 35 da escola na casa

Hoxe temos para vós unha proposta para poder xogar cun TANGRAN. Pode ser que nalgunha casa poida haber algún tangran comprado. Si é así collédeo porque imos propor diferentes figuras para facer.

Se non tedes o tangran, picade no vídeo, é moi fácil.


Agora que xa temos o tangram a facer figuras. Pica na imaxe.


https://www.imageneseducativas.com/tangram-figuras-para-imprimir-plantillas-incluidas/


miércoles, 6 de mayo de 2020

Cociña: Galletas Arcoiris

 PEQUENOS CHEFFS

Hoxe temos unha actividade moi doce!, ide collendo o azucre!

Dende a biblioteca estamos a propor unha creatividade que lle gusta a grandes e pequenos. 

HOXE IMOS COCIÑAR


Coma complemento ao vídeo temos a RECEITA. Preme aquí.

martes, 5 de mayo de 2020

Escola na casa

CREATIVIDADE NA CASA

En pasadas semanas falábamos e suxeríamos dende este blogue diferentes xeitos de crear libros: libro lupa, libro acordeón... E pedíamos que, as diferentes iniciativas, chegasen á biblioteca para ser publicadas.

Pois aquí temos unha creatividade na que participan nenos e nenas de 5º de Educación Primaria e incluso algún mestre. Estes alumnos e alumnas crearon diferentes portadas de libros aproveitando que estaban a traballar no proxecto de "Os teitos do mundo".

Esperamos que vos guste. Moitas grazas pola vosa participación



sábado, 2 de mayo de 2020

Recomendacións lectoras 4º de EP

Recomendacións lectoras 4º de EP

Un grupo de nenos e nenas da aula do 4º curso de Educación Primaria e a súa titora queren recomendar uns libros que leron e desfrutaron. Presta moita atención as súas recomendacións e escolle o teu próximo libro.

Moitas grazas a todos e todas polas vosas lecturas.


miércoles, 29 de abril de 2020

Día da Danza

29 de abril: Día da Danza

Hoxe queremos conmemorar un día moi importante, O DÍA DA DANZA. Dende o departamento de Educación Física, a nosa mestra Noelia quere facervos unha suxerencia. Visualizade o seguinte vídeo onde se pode observar a danza, o movemento e a imaxe baixo o gran soporte da música.

Seguro que o ides desfrutar, e se alguén se anima, A BAILAAAR!!!!


lunes, 27 de abril de 2020

27 DE ABRIL: ACTIVIDADE MUSICAL: LIBROS, EXPERIMENTOS E MÚSICA.

BO  DÍA MUSIQUIÑAS E MUSIQUIÑOS.

ESTA SEMANA A NOSA ACTIVIDADE MUSICAL PARTE DO BLOGUE DA BIBLIOTECA!!!!

POR QUÉ SERÁ?......

POIS PORQUE VOS TRAIO UNHA ACTIVIDADE QUE RELACIONA TRES COUSAS:

-OS LIBROS.

-OS  EXPERIMENTOS.

 -A MÚSICA.


QUEREDES DESCUBRILA? PINCHADE AQUÍ E COMPROBADE O QUE SE AGOCHA!



ÁNIMO!!!

viernes, 24 de abril de 2020

Día 24 de Abril: día 30 da escola na casa
Continuamos ca nosa labor de dar visibilidade ao libro na "Semana do Libro".
Nesta semana vimos un xeito diferente de facer libros, o libro lupa, lembrades?.
Pois hoxe impos propor outro xeito máis de facer un libro: "O libro acordeón"
Amimo!!! Levade a cabo as vosas creacións e enviádeas.


miércoles, 22 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO 2020

Recomendacións lectoras 5º de EP

Un grupo de nenos e nenas da aula de 5º curso de Educación Primaria e o seu titor queren recomendar uns libros que para todos eles e elas están a ser lidos neste momento ou consideran que son tan estupendos que non os podemos deixar de ler.

Moitas grazas a todos e todas e... Felices Libros!

Preme na imaxe




SEMANA DO LIBRO 2020

Recomendacións lectoras 1º de EP


Alba, David e Lucía, alumnas e alumno da aula de Primeiro de Educación Primaria, queren facer unhas recomendacións lectoras baseadas nalgúns de todos ese libros lidos ao longo deste curso.

Moitas grazas por compartir con nós os vosos libros preferidos.


lunes, 20 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO 2020

Recomendacións lectoras 6º de EP

Hoxe comenzamos "A Semana do Libro" na Biblioteca do noso centro. A primeira acción que queremos compartir  é unha gran iniciativa da clase de 6º de Educación Primaria que queren amosar  unha serie de recomendacións lectoras. 

Moitas gracias a tódolos nenos e nenas e tamén á súa titora.


miércoles, 15 de abril de 2020

Día 15 de Abril: Día 21 do COLE NA CASA.


Hoxe temos un día...de cine!!Se picades na ligazón poderedes ver unha famosa e emocionante curtametraxe sobre a amizade. Seguro que vos gusta tanto como a nós!




jueves, 2 de abril de 2020

Día 3 de Abril: Día 19 do COLE NA CASA.

Moi bo día! Chegou o venres e con el as vacacións de semana santa. Desde a cova do lobo Seitodo queremos deixar algunhas propostas moi divertidas que podedes realizar na casa estes días de vacacións. Receitas, decoración de ovos de pascua, recortables, xogos...unha chea de cousas divertidas para desfrutar nestas vacacións!