Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de febrero de 2022

Lecturas compartidas

A pasada semana, o venres 11, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria organizou unha sesión de lecturas compartidas para os nenos e nenas da clase de 3 anos. 

Os compis máis pequenos do noso cole desfrutaron moito do conto "Lúa", contado por Sabela, Noa e Noel. Seguro que pronto desfrutaremos de moitas máis lecturas compartidas, porque tanto os espectadores como os contacontos quedamos encantados! Feliz lectura!



martes, 9 de marzo de 2021

lunes, 1 de marzo de 2021

lunes, 22 de febrero de 2021

Familias de conto I

 Seguimos recibindo os vosos vídeos, Sabela de 1º e a súa mamá cóntannos o conto "Paco".


     

A mamá de Isaac de 4º de Educación Infantil tamén se animou a contarnos unha historia.


                       

Esperamos os vosos contos!!!


jueves, 18 de febrero de 2021

Familias de conto

Estreamos temporada de familias de conto!!
Este ano ten que ser na distancia polas medidas COVID19. 

Mil grazas a Verónica, mamá de Nico de 1º e Sara de 5º de Infantil por compartir estas lecturas con nós.



 




martes, 27 de octubre de 2020

Recursos Samaín

Aquí tedes un lote de recursos para traballar na aula ou na casa sobre o Samaín; xogos, debuxos, cancións e contacontos para todos os nenos e nenas.

miércoles, 9 de octubre de 2019




Desde a Biblio cova do centro queremos agradecer aos  Romeiros do caracol a estupenda actuación realizada para o noso cole o pasado luns, da cal puido desfrutar todo o alumnado do mesmo. Agardamos contar de novo con vós proximamente en vindeiras ocasións e pásalo de novo en grande como nesta.



.

martes, 24 de septiembre de 2019




Logo de xa iniciar o curso, chega o momento de poñer en marcha a nosa biblio cova, para iso procederemos a súa inauguración o vindeiro 30 de setembro de 2019 ás 13:30h, convidando a todos os nenos e nenas a visitar o noso espazo no cole.
Por ser unha ocasión tan especial, temos o pracer de presentarvos un fantástico espectáculo ofrecido polos Fantoches Baj quen representará para nós os Romeiros do caracol. Desexamos que vos guste e desfrutedes da estupenda actuación.


Coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Coristanco.