miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA PAZ 2024

Onte conmemoramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz no noso cole. Para iso escribimos receitas da paz e fixemos unha pomba xigante cargada dunhas plumas moi especiais. Queredes ver como quedou?





miércoles, 17 de enero de 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES- 2º TRIMESTRE

A semana pasada comezamos cos apadriñamentos lectores do segundo trimestre polo que cambiamos de padriños e madriñas. Queredes ver como foi ese primeiro encontro? Pois non tedes máis que premer no vídeo!

Apadriñamentos_2 de Rebeca Ferrín Castro

martes, 16 de enero de 2024

A cociña en Agualada

 Por aquí vos deixamos o noso cartel do PDI, o proxecto que traballaremos este curso: a cociña en Agualada. Moitos xa vos imaxinábades algo así, así que todo listo...

Preparados, listos.... mans á masa!



miércoles, 10 de enero de 2024

Comezamos co noso proxecto!

Antes das vacacións os grupo de infantil e de 1º e 2º xa empezaron a facer actividades relacionadas co PDI deste curso: a comida. Deixamos aquí unha pequena mostra fotográfica e, en breve, seguiremos compartindo as nosas investigacións e experiencias.