Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de mayo de 2024

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro no noso cole fixemos un montón de cousas. Empezamos realizando un bookface e seguimos cun intercambio de marcapáxinas entre padriños, madriñas e afillad@s.






 Para rematar organizamos un mercado solidario, que foi todo un éxito!



miércoles, 21 de abril de 2021

martes, 20 de abril de 2021

Día do libro 2021: Persoa lectora

Seguindo a proposta da Asesoría de bibliotecas escolares decidimos crear a nosa "persoa lectora". Cada clase do centro colaborou cunha parte do corpo  e finalmente enchemos o puzzle. 

Queremos destacar a importancia persoal que teñen as lecturas formando parte da nosa vida e acompañándonos ao longo de toda ela.


lunes, 12 de abril de 2021

miércoles, 7 de abril de 2021

Abril: mes do libro

 O 23 de abril, día do libro, conmemórase o nacemento de Cervantes. 

Quen é Miguel de Cervantes? e cal é a súa obra?

Aquí vos deixamos uns vídeos que volo explican:

 

viernes, 24 de abril de 2020

Día 24 de Abril: día 30 da escola na casa
Continuamos ca nosa labor de dar visibilidade ao libro na "Semana do Libro".
Nesta semana vimos un xeito diferente de facer libros, o libro lupa, lembrades?.
Pois hoxe impos propor outro xeito máis de facer un libro: "O libro acordeón"
Amimo!!! Levade a cabo as vosas creacións e enviádeas.



#euquedonacasa 

Hoxe desde a nosa Bibliocova queremos mostrarvos unha aportación que nos fixo chegar un dos vosos compañeiros do noso colexio.
Estupendo traballo e grazas por compartilo con todos nós, Benxamín.
Así, deste xeito, instámosvos a todos os nenos e nenas do cole a que nos sigades envíando cousiñas e producións  persoais que estades facendo desde os vosos fogares para compartilo con toda a comunidade educativa.
Moito ánimo, e recordade, estádelo a facer xenial!!!!!
PARABÉNS!!!


jueves, 23 de abril de 2020

Día do Libro

 DÍA 23 DE ABRIL DE 2020

Como cada ano, o día 23 de Abril vense a celebrar o día do libro e, que mellor forma que celebrar dito día que cun libro.
Con carácter xeral, dito día é celebrado nas rúas de todo o país dun xeito diferente e moi conmemorativo, con postos de libros e actividades, contando coa presenza de importantes autores e autoras, recomendacións lectoras, etc. Mais, como non podía pasar desapercibido dito día desde o noso cole nós tamén tivemos a sorte de contar cunha visita virtual moi especial de María Canosa, escritora galega moi popular, que nos manda para todos os nenos e nenas do colexio de Bormoio-Agualada un agarimoso saúdo e nos deixa unha mensaxe sorprendente.


Así mesmo, nós, os mestres desde o cole, como non podía ser doutro xeito, tamén vos preparamos un estupendo vídeo coas vosas achegas que nos estivechedes a facer ao longo destes días.



Moitísimas grazas pola vosa colaboración, e por suposto....SIGAMOS LENDO TODOS!!!

E...atentísimos ás seguintes propostas que seguiremos deixando por aquí!!!