viernes, 28 de febrero de 2020

REVISTA DOC

Xa temos á vosa disposición o novo número da REVISTA DOC.

Este número ven moi orientado para todas as persoas que somos grandes amantes dos animais, e máis concretamente dos cabalos.


SERVICIO DE PRÉSTAMO DE LIBROS PARA ADULTOS

Nos diriximos a todos os membros adultos da nosa comunidade educativa. 

Temos á vosa disposición moitos títulos para o voso disfrute.

Lembra: "Se ti les, el le"
 


RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Aquí presentamos novas recomendacións lectoras que nos chegan de alumnos de terceiro curso.

Estamos encantados de que estes libros sexan tan interesantes.

Moitas grazas a todos.





jueves, 20 de febrero de 2020

RINCÓN DE LECTURA

Na entrada do noso centro, a nosa biblioteca, ten un pequeno rincón de lectura con unha proposta de libros asociados ao tema do Proxecto Anual Integrado (PAI) deste ano: "A reciclaxe".

Están invitados a coller e ler estes libros: nenos e nenas, pais e nais, mestres e todo aquel que estea interesado en pasar un bo tempo lendo.

Xa sabedes: "SE NOS LEMOS, ELES LEN".


APADRIÑAMENTO LECTOR

Temos unha nova iniciativa de apadriñamento. Nesta ocasión os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria propuxeron un apadriñamento cos nenos e nenas de 3º de EP.

Estupenda iniciativa, esta acción leva unidas accións para levar a cabo nas próximas semanas.

Grazas a todos.


martes, 18 de febrero de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: Infantil

Os nosos compañeiros e compañeiras de infantil falan de dous estupendos libros. 

Son os máis pequenos en idade, pero grandísimos lectores.

Esperamos máis das vosas estupendas recomendacións.




lunes, 17 de febrero de 2020

O ENTROIDO ESTÁ A CHEGAR

NENOS, NENAS, PAIS, NAIS, FAMILIA, MESTRES E MESTRAS do CEIP de Bormoio-Agualada. O Entroido está por chegar e imos ter unha gran celebración. 

Escoitade a nosa radio, ahí explicamos como vai acontecer.

Esperámosvos!!!


jueves, 13 de febrero de 2020

Día internacional da radio
Semana das Mulleres na Ciencia

Hoxe 13 de febreiro de 2020, Día Internacional da Radio, e na semana das mulleres na ciencia, os nenos e nenas de sexto de primaria co CEIP de Bormoio - Agualada, queremos aproveitar este medio para falar sobre as mulleres; as mulleres científicas, redeiras, políticas, investigadoras, mestras, limpiadoras, mecánicas, arquitectas... Para todas as mulleres que loitaron, loitan e loitarán polo que queren e queren ser.


DOAZÓN

Hoxe recibimos unha importante doazón de libros para a nosa biblio. Esta doazón veu de parte do noso compañeiro Antonio, o noso estimado cociñeiro.

Moitas grazas.





NOVAS DA ZONA MAKER

COMEZAMOS COS TALLERES


Comezamos cos talleres que faremos na biblioteca na nosa zona MAKER. Estes talleres comenzan o día 17 de febreiro do 2020, estarán organizados do seguinte xeito:

  • Luns de 14.15 a 15.15. Manualidades con cordas. 3º e 4ºde EP.
  • Venres de 14.15 a 15.15: Robótica. 
  • Xoves de 14.15 a 15.15 Manualidades con cordas. 5º e 6º de EP
En breve informaremos de outros talleres que temos preparados.

martes, 11 de febrero de 2020

NOVAS DA ZONA MAKER

Proximamente: Taller de manualidades con cordas

Dende a zona MAKER da nosa biblioteca queremos contarvos que comenzaremos, en breve, un taller de manualidades con cordas. Neste taller faremos creatividades con corda.

Se queres participar neste taller pregunta ao teu titor ou titora ou ven a anotarte á biblio.
RECOMENDACIÓN LECTORA: PERROCK HOLMES


Lucía ven de ler este estupendo libro, forma parte dunha colección.

Tamén os liches? Danos a túa opinión no blogue.

Se non o liches, non espere máis, ven a buscalo, está disponible na biblio.


lunes, 10 de febrero de 2020

APADRIÑAMENTO LECTOR

O pasado venres día 7 de febreiro, os alumnos e alumnas das aulas de 2º e de 5º de Educación Primaria xuntáronse para levar a cabo o primeiro apadriñamento lector desde ano.

Cada neno e cada nena de segundo ten en quinto ao seu padriño ou madriña.

Cada venres va estar xuntos para ler e traballar cun libro, facendo lecturas, traballos e incluso creando textos.

Vai ser unha gran experiencia!!!!!


viernes, 7 de febrero de 2020

RECOMENDACIÓN LECTORA: HARRY POTTER


O noso compañeiro Samuel ven de rematar a lectura do libro "Harry Potter y el legado maldito". Escoita a súa recomenzación.

Se tamén o liches, opina no bloque, tes a mesma opinión?

Se non o liches, e cres que está interesante, ven a buscalo, está disponible na biblio.


"SE TI LES, EL LE"


Aos nenos e nenas do colexio


OVIDADE!! ESTE ANO CREAMOS UN RECUNCHO DE LIBROS NA ENTRADA DO COLEXIO DESTINADO ÓS PAIS. AS TEMÁTICAS SON VARIADAS: DENDE LIBROS DE PSICOLOXÍA INFANTIL ATA NOVELAS. ANIMÁMOSVOS A FACER O VOSO CARNET DE BIBLIOTECA. ESPERAMOS IR AUMENTANDO OS VOLUMES E VÓS PODEDES COLABORAR SUXERINDO TÍTULOS: MEDIANTE NOTAS ENVIADAS POLOS NENOS, NO MESMO RECUNCHO, NO APARTADO DE SUXERENCIAS OU MESMO DIRECTAMENTE FALANDO CON IVÁN. 

NOVA ADQUISIÓN DA BIBLIOTECA

REVISTA "O PAPAGAIO"

Hoxe incorporamos á nosa biblioteca unha nova revista. "O papagaio". A Ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, a historia, a cultura, a integración, teñen unha seccíon fixa na revista e os textos están asinados  ou asesorados por persoas expertas na materia.

Non hai que esperar nin un minuto máis!!!! Ven á biblioteca e vai disfrutar dela en calquera recuncho no cole.

Lucía e Sheila foron as primeiras; agora é o teu turno. Ven á biblioteca!!! 


miércoles, 5 de febrero de 2020

NOVIDADE NA BIBLIOTECA: ESCORNABOTS

Temos unha gran nova para vós. A nosa biblio adquiriu para a zona MAKER dou escornabots.


PROXIMAMENTE!!!!

IMOS TRABALLAR CON ROBOOOOTS!!!!