lunes, 24 de octubre de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezan a rodar as mochilas viaxeiras! 

Esta semana o alumnado do CEIP Bormoio-Agualada vai poder gozar das mochilas viaxeiras. Este ano hai dúas mochilas por curso, nas que atopamos materiais de biblioteca para ler, xogar e compartir coa familia!



DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. Por iso, a partir de esta semana, comezan actividades moi chulas que se levarán a cabo durante todo o curso 2022-23: mochilas viaxeiras, apadriñamentos lectores, voluntarios da biblioteca... Ímolo pasar moi ben, xa veredes.


viernes, 21 de octubre de 2022

MANDADIÑOS DE SAMAÍN

A partir do luns 24 comezan os mandadiños de Samaín. Será unha semana divertida xa que cada día terán que traer un pequeno atrezo: viremos con algo na cabeza, pintados, con merendas máis divertidas, peinados espectaculares... E o venres, para rematar, viremos disfrazados co afán de asustar ao persoal.
Estades preparados? Deixamos a continuación os mandadiños de cada día da semana:







miércoles, 19 de octubre de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SAMAÍN

 Xa temos as recomendacións lectoras de Samaín! Realizouse unha escolla de libros con historias de bruxas, monstros, pantasmas e personaxes arrepiantes, ademais de outros de información sobre esta festividade ou de criaturas terroríficas.

Algúns dos que recomendamos son "Esmeraldina a cociñeira defunta" ou "Os minimortos" de Ledicia Costas, "Mortiña" de Barbara Cantini, "A estrana visita" de Gracia Iglesias, "O noso Samaín" de Loretta Birott Bermejo ou "Na procura do medo esquecido" de Juáncho, entre outros moitos.

Animádevos a ler estas historias que vos darán medo, pero que tamén vos farán pasar un rato divertido! Como nos gusta o Samaín neste cole!



martes, 18 de octubre de 2022

SAMAÍN TERRORÍFICO

 Seguimos co arrepiante Samaín do noso centro!

Quen se atreve a crear historias ou monstros terroríficos?

Na imaxe tedes máis información.



CONCURSO DE CABAZAS

 Xa está chegando o Samaín! 

Por iso, no noso centro, imos celebralo por todo o alto co concurso de cabazas.

Aquí están as bases:



lunes, 17 de octubre de 2022

SEN ELAS NON HAI MÚSICA GALEGA


O pasado mes de setembro tivemos a sorte de ter no noso cole unha exposición marabillosa, da man da asociación VISIBLES, chamada "Sen elas non hai música galega". Gracias a ela coñecimos máis e mellor a moitas cantantes e grupos de cantantes galegas como Sés, Tanxugueiras ou Guadi galego. Gustounos moito! 

CARTAS MISTERIOSAS

Están a chegar unhas cartas misteriosas aos nenos máis pequenos do cole. 
Quenes serán...? Alguén ten algunha idea? 
Polo que din...vannos ir dando máis pistas proximamente!

 

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe, 17 de outubro, celébrase o Día das Escritoras.    

Podemos ler libros moi chulos grazas a escritoras como Enid Blyton, J.K.Rowling, Ledicia Costas, Fina Casalderrey, Ana María Machado, Isabelle Carrier, Barbara Cantini...entre outras moitas! Algunha delas incluso tivo que utilizar alcume...


...








martes, 11 de octubre de 2022

BIBLIO NOS TEMPOS DE LECER!


Xa podemos empregar a biblio nos tempos de lecer! Poderemos ler, xogar, debuxar, investigar... 
Animádevos e pasádevos por aquí!

 

BENVIDOS/AS CURSO 2022-2023

 


Un ano máis, a Biblioteca do CEIP Bormoio-Agualada está viva para a comodidade do noso alumnado.

Neste blog queremos  compartir con tod@s vós as cousiñas tan chulas que facemos. Esperemos que gostedes delas e que as vivades coa mesma ilusión ca nós!