Mostrando entradas con la etiqueta avaliación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta avaliación. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de junio de 2022

Avaliación da biblioteca

 Boas de novo! Atopámonos xa no mes de xuño e queda moi pouco curso por diante. Iso quere dicir que é momento de botar a vista atrás e valorar todo o camiño percorrido xuntos. Por este motivo, solicitamos a colaboración de familias e alumnado para poder avaliar o funcionamento da biblioteca neste curso escolar 2021/2022. 

Dende o equipo de biblioteca, deixámosvos dous enlaces a cuestionarios moi sinxelos de realizar, que non vos levará máis de 10 minutos, e que para nós son de grande axuda con vistas a mellorar o próximo ano. 

Cuestionario para alumnado: Preme aquí para acceder ao cuestionario de alumnado

Cuestionario para familias: Preme aquí para acceder ao cuestionario

Moitas gracias pola vosa colaboración e, coma sempre, feliz lectura!

lunes, 10 de mayo de 2021

Enquisa funcionamento da biblioteca escolar 2020/2021

Co obxectivo de continuar mellorando no noso traballo e o funcionamento da biblioteca escolar pregámosvos a que cubrades a seguinte enquisa. 



 Moitas grazas pola colaboración.

jueves, 14 de mayo de 2020

ENQUISA DA BIBLIOTECA


ENQUISA DA BIBLIOTECA
ALUMNADO E FAMILIAS

Estimadas familias, de todos é coñecido que a biblioteca está pechada dende principios do segundo trimestre. ESTAMOS CAMBIANDO PARA MELLORAR. Esa é a nosa intención. Pero para que isto aconteza, precisamos da vosa colaboración. Para o comezo do próximo curso queremos ter unha biblioteca totalmente renovada con servicios e recursos interesantes para alumnado, familias e profesorado.

Para renovar a biblioteca necesitamos que ALUMNADO e FAMILIAS fagades esta enquisa.

 É voluntaria e anónima, e moi necesaria para mellorar.

Preme na imaxe



miércoles, 25 de enero de 2012

Avaliación da escritura.

Á hora de avaliar as composicións escritas do alumnado é preciso diferenciar certos aspectos que, aínda interrelacionados entre sí, supoñen diferentes dimensións do proceso escritor. Saber diferenciar cada dimensión determina o tipo de dificultade que o alumno/a pode presentar e o que hai que facer para axudarlle a superala.
O documento que presentamos está directamente relacionado coa competencia lingüística e consiste nunha síntese de ideas acerca dos criterios e ítems que debemos ter en conta cando valoremos as produccións dos nosos alumnos/as.
Esperamos que vos sexa útil.


Éste é o enlace para o documento en pdf, aquí.