lunes, 28 de marzo de 2022

Encontros PLAMBE

Ola de novo! O pasado venres 25 de marzo, a nosa biblioteca tivo a oportunidade de estar presente nos encontros do plan de mellora de bibliotecas escolares, do que formamos parte dende fai uns anos. Estes encontros están destinados a formar aos membros do equipo de biblioteca do cole para poder dotar ás biblios de recursos, ideas e actividades chulas. 

As xornadas celebráronse no palacio de congresos de Santiago de Compostela, e asistimos todas a biblios que formamos parte do PLAMBE. Foi unha xornada formativa moi proveitosa, e da que, de seguro, a nosa biblioteca mellorará e aprenderá moitísimo. Por aquí deixamos algunhas imaxes destes encontros. Feliz formación e feliz lectura!

martes, 8 de marzo de 2022

8M - Día Internacional da Muller

Hoxe, 8 de marzo, celébrase un día moi importante para todos os que formamos a comunidade educativa do noso cole: o día da muller. E aínda que todos desexaríamos que non existira, xa que iso implicaría que tampoco existira a desigualdade entre homes e mulleres, tamén loitamos por elas. 

Por este motivo dende o cole, e seguindo co noso PDI sobre os deportes olímpicos, decidimos investigar sobre o papel das mulleres no deporte. Para iso, en cada clase investigamos sobre diferentes mulleres importantes nos deportes e creamos, entre todo o cole, o mural tan marabilloso que podedes ver nas fotos. Así, todos e todas podemos aprender sobre ELAS, gracias ao traballo dos e das demais.


Ademais, e para conmemorar este día tan importante, dende o equipo de biblioteca fixemos unha selección de contos e obras diferentes, para diversas idades, tanto de ficción como de información, para reinvindicar este día e o papel da muller na literatura e na sociedade. Por aquí vos deixamos unha foto da exposición:

Esperamos que vos gustara a nosa celebración do día da muller. E, coma sempre, feliz lectura!