Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de mayo de 2022

Semana das letras galegas

 Bo día de novo! A semana pasada celebramos no noso colo a semana das letras galegas, e para iso fixemos un montón de actividades moi chulas para decorar o noso cole e aprender cousas sobre o autor homenaxeado: Florencio Delgado Gurriarán. 

A nosa profe artista, Rocío, fixo un precioso mural sobre Florencio e as nosas letras, así como sobre Galicia. Por aquí vos deixamos unha foto do mesmo!


Ademais, entre o alumnado do cole, tanto en primaria coma en infantil, fixemos moitas actividades diferentes sobre Florencio. Entre elas, decorar as letras do seu nome e a súa cara para facer outra decoración xunto co barco, representando a súa emigración. 



Contamos tamén, novamente, cunha exposición super chula no corredor principal do centro de carteis dedicados ao noso Día das Letras Galegas, e mais a Florencio Delgado, por parte da asociación Visibles. Carteis moi bonitos e que chamaron moito a atención do noso alumnado. 





Finalmente, o propio luns 17 de maio, contamos no noso cole cunha obra de teatro da Asociación Trinke Trinke, que levouse a cabo no noso pavillón para todo o alumnado e foi moi divertida. 


Como vedes, no noso cole non deixamos de facer cousas! Feliz Día das Letras Galegas e feliz lectura!

martes, 26 de mayo de 2020

Día das letras galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero

Aquí temos unha nova entrega de retratos de Carvalho Calero.

Parabéns a tdoos e todas. Motísimas grazas, están estupendos.

miércoles, 20 de mayo de 2020

Dia das Letras Galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero

Seguimos a recibir uns estupendos retratos de Carvalho Calero.

Motísimas grazas, están estupendos.



domingo, 17 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero

Hoxe, 17 de Maio, conmemoramos o Día das Letras Galegas e aínda que non vai ser posible celebralo presencialmente queremos facer unha homenaxe a este gran autor.

Dentro das actividades que o alumnado fixo ao longo desta semana queremos destacar a homenaxe con retratos de Carbalho Calero.

Moitas grazas.





sábado, 16 de mayo de 2020

17 de Maio

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero
Durante esta semana dende a biblioteca estivemos a poñer información e actividades sobre Carvalho Calero e o Día das Letras Galegas.

Agora, non tedes que perder un estupendo vídeo no blogue do Equipo de Dinamización da Língua Galega do noso colexio sobre este día.
 Preme aquí para acceder ao vídeo.

jueves, 14 de mayo de 2020

17 de Maio: Día das Letras Galegas



DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Sabemos que  o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas é o gran  Ricardo Carvalho Calero. 

Invitámosvos a coñecer máis da súa vida e da súa obra. 

Preme na imaxe



miércoles, 13 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS: Carvalho Calero

RICARDO CARVALHO CALERO

Estes días estamos a homenaxear a Ricardo Carvalho Calero, xa que adícase O Día das Letras Galegas a este autor. Pero, coñeces algunha obra súa?

Aquí deixamos un relato orixinal deste gran autor. Titúlase "As pitas baixo a choiva"

Preme na imaxe




DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 de Maio: Día das letras Galegas


O vindeiro domingo é  o Día das Letras Galegas. Ademais das diferentes actividades que se propoñan dende cada unha das vosas aulas, deixámosvos o acceso a unha páxina web para que poidades ter ao voso alcance máis información do homenaxeado deste ano Ricardo Carvalho Calero. 


Para conmemorar este día propoñémosvos duas actividades.

  • Fai un retrato de Carvalho Calero utilizando a técnica de debuxo que máis che guste e envíanolo. Colgarémolo no Blogue.
  • O Concello de Carballo propon un concurso aberto a todas as idades para poñer en valor a literatura galega. Animádevos a particiapar. Preme aquí.