martes, 23 de junio de 2020

Vémonos cedo

Benqueridos alumnos, alumnas, familias... este ano o curso xa rematou. O equipo da biblioteca desexamos que todos estes meses teñan sido de axuda e de interese para todos vos. 

O ano que ven a biblioteca abrirá outra vez con outro espírito e ... moitas máis cousas novedosas pensadas para todos vós.

Por favor, no esquezades ter un libro preto.

Vémonos cedo. 


Arte liberada


viernes, 19 de junio de 2020

Festival fin de curso

FESTIVAL FIN DE CURSO

CEIP de Bormoio-Agualada

Por fin está aqui, ya chegou o festival fin de curso.

Preme na imaxe

miércoles, 10 de junio de 2020

Festival 2020


GOT TALENT AGUALADA

Non podes deixar de participar!!!  Xa estamos a recibir varios vídeos.

Aquí vos deixamos algunhas ideas!!!

Preme na imaxe

viernes, 5 de junio de 2020

Festival 2020


OS TALENTOS DE AGUALADA

A excepcional situación deste fin de curso non vai impedir que fagamos o noso festival de fin de curso.

Os talentos de Agualada unidos levarán adiante o festival.

Esperamos os nosos vídeos cantando, bailando, recitando, con malabares, ... 

O día 19 de xuño o festival nos soportes web do CEIP de Bormoio-Agualada

Anímate, envia o teu vídeo.

Pica na imaxe
https://drive.google.com/file/d/1Q-bI8ouzYrozZGN0SulLE12RSDIeFR9R/view?usp=sharing
REVISTA: "O PAPAGAIO"


Hoxe temos recibido a revista de O PAPAGAIO do mes de xuño. Aquí vola deixamos esperamos que coma sempre, este mes está chea de moitísimas cousas interesantísimas.

Algunha vez pasou pola túa mente: Por que dan luz os vagalumes? Pois esta revista responde a esta pregunta. Hai outos moitos artigos interesantísimos.

Non  deixedes de botar un ollo!!!.
Preme na imaxe

https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn:aaid:scds:US:127dcccb-b9e1-45c1-aa4d-d86d96eed857

Día do Medio Ambiente

DÍA DO MEDIO AMBIENTE: FACEMOS UN CESPÍN

Hoxe 5 de xuño celebramos o día do Medio Ambiente

Con este obxectivo hai uns días facíamos a proposta de crear un cespín.

Aquí temos os exemplos recibidos. Moitas gracias!!! Son estupendos!!!


Día do Medio Ambiente

DÍA DO MEDIO AMBIENTE: COIDAR O NOSO PLANETA

Todos coñecemos as consecuencias que o cambio climático pode ter sobre o noso planeta e sobre todos nós.

Aquí temos unha gran iniciativa de Ana e Lois , alumnos de 4º e 2º curso de EP.

Moitas gracias nenos. Parabéns!!!


martes, 2 de junio de 2020

Experimento

EXPERIMENTO DE NATURAIS

FACEMOS PULMÓNS

Hai uns días presentabamos neste blogue como crear uns pulmóns na casa.

Aquí temos outro exemplo. Tomás amosa o resultado  no seguinte vídeo.

Parabéns. Moi bo traballo!!!


lunes, 1 de junio de 2020

Experimentos

EXPERIMENTO DE NATURAIS

FACEMOS PULMÓNS

Hai uns días presentabamos neste blogue como crear uns pulmóns na casa.

Pos aquí temos o primeiro exemplo. Manuel e Valentín neste vídeo amosan como crealos.

Perfecto rapaces. Moi bo traballo!!!



Botella da calma

ESCOLA NA CASA: Botella Montessori da calma

Unha das actividades de máis éxito neste blogue foi a Botella Montessori.

Aquí temos un exemplo máis. Bruno explica como crear a botella.

Bo traballo. Parabéns!!!


MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

O equipo dos Museos Científicos propón unha nova actividade de observación astronómica. Trátase dunha serie de vídeos curtos para aprender e gozar da observación astronómica desde a casa montados con Stellarium, unha aplicación gratuíta e aberta que permite recrear o ceo (case) como se estivésemos nunha sesión de planetario.

Cada martes ás 12.00 horas publicarase nesta lista da canle de Youtube dos Museos Científicos un vídeo no que se presentará unha proposta de observación dalgún aspecto concreto para descubrir no ceo neses días.

Esta é a súa axenda:
  • 02/06/2020 ás 12:00
  • 09/06/2020 ás 12:00
  • 16/06/2020 ás 12:00
  • 23/06/2020 ás 12:00
  • 30/06/2020 ás 23:00