Mostrando entradas con la etiqueta Educación física. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación física. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de abril de 2020

Día da Danza

29 de abril: Día da Danza

Hoxe queremos conmemorar un día moi importante, O DÍA DA DANZA. Dende o departamento de Educación Física, a nosa mestra Noelia quere facervos unha suxerencia. Visualizade o seguinte vídeo onde se pode observar a danza, o movemento e a imaxe baixo o gran soporte da música.

Seguro que o ides desfrutar, e se alguén se anima, A BAILAAAR!!!!


jueves, 26 de marzo de 2020

Día 26 de Marzo: Día 11 do COLE NA CASA

Moi bos días nenos e nenas, un día máis de confinados na casa e un día menos para a volta á normalidade. Como sabemos que os días na casa se fan moi longos, gustaríanos propoñervos desde aquí, un concurso aberto de contidos chulos que podades realizar nos vosos fogares e compartir con nós á distancia e de xeito telemático, para iso só será necesario deixar voar a vosa imaxinación e creatividade.  Nesta ocasión vamos a ofrecervos 3 categorías distintas nas que participar:

Baile 
Resultado de imagen de baile para niños

Debuxo en folio

Resultado de imagen de arcoiris niños quedate en casa

Conta un conto en galego
Resultado de imagen de conto en galego


Agardamos que vos guste a proposta e, recibir moitas produción vosas.
                                 omestrejose@gmail.com


miércoles, 11 de marzo de 2020

CONVIVENCIA CANOSA-RUS

O luns tivemos a oportunidade de acudir ao colexio de Canosa-Rus para participar nunha convivencia e ao mesmo tempo puidemos gozar dunha estupenda visita pola súa biblioteca, a cal nos fascinou e da que trouxemos importantes ideas que intentaremos levar a cabo na biblio do noso centro. Agradecemos por tanto, a súa xenerosidade así como a súa colaboración  e o intercambio de experiencias marabillosas e enriquecedoras. Estamos seguros de que os vindeiros serán unha gran fonte de inspiración para nós.