Mostrando entradas con la etiqueta fondos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fondos. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de marzo de 2020

BIBLIOTECA PARA ADULTOS

Ampliamos a todación de libros para o noso servicio de biblioteca para adultos gracias a unha doazón do noso compañeiro Antonio. Moitas grazas.

Estes libros xa están listos para que os poidades ler.


jueves, 20 de febrero de 2020

RINCÓN DE LECTURA

Na entrada do noso centro, a nosa biblioteca, ten un pequeno rincón de lectura con unha proposta de libros asociados ao tema do Proxecto Anual Integrado (PAI) deste ano: "A reciclaxe".

Están invitados a coller e ler estes libros: nenos e nenas, pais e nais, mestres e todo aquel que estea interesado en pasar un bo tempo lendo.

Xa sabedes: "SE NOS LEMOS, ELES LEN".


jueves, 13 de febrero de 2020

DOAZÓN

Hoxe recibimos unha importante doazón de libros para a nosa biblio. Esta doazón veu de parte do noso compañeiro Antonio, o noso estimado cociñeiro.

Moitas grazas.





lunes, 9 de diciembre de 2019


Día contra a violencia de Xénero
Día da discapacidade


Nestas pasadas semanas o noso centro levou a cabo varios actos co fin de dar visibilidade a dúas datas importantes: 

- 25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

- 3 de decembo: Día da Discapacidade.

Dende a biblioteca do centro temos expostos varios libros que teñen relación con estas conmemoracións e a visibilidade que queremos dar.

Todos estes libros estarán a disposición de o alumnado, os país e os mestres para a súa lectura e consulta.



martes, 9 de abril de 2013

Inaguramos un novo recuncho.

Estreamos un novo recuncho na nosa cova. Un   espazo onde tódolos usuarios poden estar ao día das máis recentes adquisicións. Un lugar luminoso e acolledor onde o material máis actual está exposto para que lle botedes unha ollada, o manipuledes e decidades se queredes analizalo, máis profundamente, na casa. 

viernes, 15 de febrero de 2013

Declara o teu amor á lectura.


Para celebrar o Día de San Valentín elaboramos un mural que levaba por título a entrada deste blogue e como subtítulo: "Amo os libros porque..."
Cada alumno/a acudiu á biblioteca durante o recreo a escribir nun corazón cales eran as razóns polas cales disfrutaban lendo libros. Logo, recibirían unha tarxeta da nosa mascota que incluía unha sorpresa moi doce: unha piruleta!

Botádelle un vistazo o álbum de fotos pinchado aquí.




miércoles, 23 de enero de 2013

Unha académica de luxo.

Por fin a Literatura Infantil e Xuvenil estará representada na Real Academia Galega. Fina Casalderrey ven de ser elexida para entrar a formar parte desta prestixiosa organización das letras. A Asesoría de Bibliotecas Escolares fai unha reseña na Rede de Lectura, á que accederedes pinchando aquí.
Quen non lembra historias tan especiais como "O estanque dos parrulos pobres", "Dúas bágoas por Máquina", "Quen quere adoptarme?" ou "Alas de mosca para Ángel?", entre outras moitas.
Pasádevos pola biblioteca e poderedes reler estas maravillosas obras e algunhas máis.
Noraboa á autora!!

lunes, 3 de diciembre de 2012

Mostra medieval.

Benvidos/as á primeira mostra medieval que se leva a cabo no colexio de Bormoio, unha auténtica exposición temática na que os libros están para velos, tocalos e aprender deles polo que animámosvos a que os usedes e desgastedes coidadosamente.



domingo, 25 de noviembre de 2012

Catálogo de novidades.

Na cova do lobo vimos de adquirir material ben variado e que resposta aos intereses dos distintos usuarios. Acabamos de incorporar fondos relacionados coa temática do noso PAI, "Un castelo de libros", como, por exemplo, a colección Branco de cores de Sotelo Blanco ou algúns exemplares de OQO como "A voda dos ratos" ou "A partes iguais". Para máis información, consultade o catálogo aquí exposto.

                         

sábado, 3 de noviembre de 2012

Viaxando pola Idade Media.

Comezan de novo a funcionar as mochilas viaxeiras. Durante este curso hai algunhas novidades xa que, ademáis de aumentar o seu número funcionando unha por nivel e ampliar o tempo de permanencia na casa, o nosos lectores disfrutarán de historias ambientadas no medievo, así como de material audiovisual onde a acción transcorre entre castelos e campos de batalla. Para acceder ó contido das mochilas pinchade aquí.

Asimesmo, os alumn@s tamén terán a oportunidade de compartir momentos cos seus proxenitores a través de entretidos manuais de arte e cociña, a partires dos cales poderán facer algunha actividade conxunta.
Pois non se fale máis e a disfrutar delas!!

martes, 23 de octubre de 2012

Listado temático arredor da Idade Media.

Como ben sabedes, a temática sobre a que vai xirar o Proxecto Anual Integrado durante o presente curso é a Idade Media. Afondando entre os distintos exemplares, tanto de lectura como de consulta, atopamos material moi interesante no que incluímos tamén as novas adquisicións. No listado que presentamos a continuación atoparedes auténticas obras de referencia, converténdose éste nun recurso que pode facilitar as vosas pesquisas á hora de centrar a vosa atención nun determinado aspecto do tema. 

sábado, 25 de febrero de 2012

Exposición de material sobre o corpo humano.

Non hai mellor maneira para dar a coñecer os recursos da biblioteca aos usuarios que organizar unha exposición vistosa cos distintos exemplares e recursos multimedia cos que contamos sobre o corpo humano. Como sabedes, éste é o tema escollido para o PAI de este ano.

Un dos recursos educativos en liña que desenvolve a maior parte do currículo da área de Coñecemento do Medio é o Proxecto Alquimia. O apartado de Alumnado contén numerosas actividades clasificadas por ciclos, entre elas aquelas relacionadas coa saúde e o noso corpo.

Outra aplicación interesante para repasar os ósos e os músculos dun xeito máis lúdico é a que propoñemos a continuación. Pinchade na imaxe para comprobar os vosos coñecementos.


martes, 17 de enero de 2012

Familias lectoras.

Ser pai/nai non é tarefa sinxela. Qué vos imos a dicir! Como educadores tedes que enfrontarvos, cada día, a situacións incómodas. Quen non se desesperou algunha vez ante a negativa do voso cativo/a a probar alimentos novos? Sabemos cómo actuar ante as rabechas? E que dicides daqueles rapaces/rapazas que non saben aceptar un "non" como resposta?

Dende a biblioteca do cole propoñémosvos uns cantos exemplares de consulta que orientarán a vosa conducta ante éstes e outros conflictos. Trátase de obras de carácter práctico, con consellos para aplicar e que, de seguro, botaranvos unha man no día a día.

Pinchade aquí e accederedes a unha pequena sinopse dos libros cos que contamos.

domingo, 15 de enero de 2012

30 de Xaneiro. Día da Paz.

A formación para a paz, a cooperación e a solidaridade entre os pobos é unha das finalidades que se plantexa o noso sistema educativo. Este ano, ademáis, conmemórase o 64 aniversario da morte de Gandhi.
Éstas son as nosas propostas para que nas aulas se faga referencia a ese día, tendo en conta os recursos da biblioteca.



Ademáis, se pinchades aquí enlazaredes coa canción escollida este curso polo cole. Trátase de "Somos amigos" de Cantajuego.

Outros recursos interesantes atoparédelos aquí.

jueves, 12 de enero de 2012

E máis poesía.

Semella que lle collemos o fío a este xénero literario e non imos deixar escapar a oportunidade de recurrir a este estupendo exemplar de Fran Alonso. "O meu gato é un poeta" trata de transmitir a poesía dun xeito lúdico e, sobre todo, accesible.
Podemos atopar xogos de palabras, caligramas, narracións... e tamén música! Sí, porque música e poesía son dúas artes que teñen moita relación entre sí. De feito, Xurxo Souto compuxo catro das seis cancións que inclue o CD que acompaña o libro.
Pincha aquí e poderás escoitar unha das cancións incluídas no CD.

lunes, 26 de diciembre de 2011

Un libro, un alimento.

O Rastriño de Nadal foi todo un éxito! Queremos agradecervos a todos/as a vosa colaboración na campaña,así como a demostración dunha conducta, máis que solidaria, nestes tempos difíciles. Este vídeo así o reflexa. Bon Nadal!


sábado, 10 de diciembre de 2011

Rastrillo de Nadal

Chega o noso centro o Rastrillo de Nadal. Unha auténtica exposición de libros que, ata non fai moito, formaban parte dos fondos da nosa biblioteca pero que deben abandonala por proporcionarnos moita da sabiduría que albergaban.

Para participar só hai que traer un alimento non perecedeiro e éste poderá ser intercambiado polo exemplar que máis vos guste. Qué sinxelo!

Deste xeito, ademáis de agasaiarnos cun pouco de lectura ou agasaiar aos demáis, estaremos colaborando nunha iniciativa solidaria coa axuda de Cáritas Carballo, organización que distribuirá os alimentos recavados entre aquelas familias que o precisen.

Esperámosvos o próximo 21 de decembro!!

(Ilustración de Fernando Vicente, publicada en El país.com o 16-12-2006).

jueves, 24 de noviembre de 2011

O Nadal na aula.

Temos varias sorpresas pendentes conforme se vai achegando o Nadal. Ide abrindo boca con estes exemplares, os cales forman parte do noso fondo bibliográfico. Atoparedes, dende tenras historias con finais felices, ata as máis disparatadas aventuras.