Mostrando entradas con la etiqueta persoaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta persoaxes. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de mayo de 2013

Mes das letras.

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño (1950-2002), escritor e actor de teatro. A súa producción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, ademáis da súa experimentación estética e o seu diálogo coa tradición.
Se queredes coñecer máis aspectos da súa vida e obra, nestes enlaces atoparedes toda a información necesaria.
Comezamos cunha presentación realizada pola biblioteca do IES Ribeira do Louro - O Porriño:




Continuamos con outro video introductorio elaborado por Quini Freixeiro, mestre do CEIP Conde de Fenosa: http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/vidal_bolanho/index.html

Ademáis, o CEP de Cespón elaborou unha webquest sobre o homenaxeado: http://webquest.carm.es/majwq/wq/ver/40939

A súa vez, o grupo de traballo do CEIP ADR Castelao (Rianxo) participou no deseño e elaboración da proposta gañadora do concurso - exposición das Letras Galegas 2013. Ofrécennos unha interesante selección de actividades e recursos online. Pinchade aquí para acceder a ela.

jueves, 28 de febrero de 2013

Mulleres destacadas da Idade Media

O próximo 8 de marzo conmemórase unha data moi significativa para tódolos grupos femininos do mundo: o Día Internacional da Muller. Dende a biblioteca do cole queremos co alumnado a celebre, amosándolle que a Idade Media non só foi cousa de homes.


  • QUENES ERAN NA IDADE MEDIA?


XOANA DE ARCO (1.412-1.431).


É un dos personaxes máis populares de Francia. A súa vida transcorre durante o século XV, ó final da Guerra dos Cen Anos que enfrenta a franceses e a ingleses. A nosa protagonista, con apenas 18 anos, convértese en líder dun exército de máis de 5.000 homes cos que obten victorias importantísimas que devolven a Francia un poder que estaba perdendo na guerra. Con 19 anos é capturada polos ingleses e condenada a morrer queimada, acusada de bruxa. 
Os franceses considérana unha mártir e, ademáis, converteuse na patroa do seu país.


ISABEL I DE CASTELA (1.451-1.504).

Foi raíña de Castela dende 1.474 ata 1.504. É coñecida como Isabel a Católica, título que lles entregou a ela e ao seu home o papa Alexandro VI. Casouse en 1.469 co príncipe Fernando de Aragón, facéndose co trono despois dunha longa loita.
Isabel concedeulle o seu apoio a Cristobal Colón na procura das Indias Occidentais, o que levou ó descubrimento de América. Dito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio español.


HILDEGARDA DE BINGEN (1.098-1.179).

Esta alemana que viviu durante o século XII é, probablemente, unha das mulleres máis excepcionais do seu tempo. A súa vida transcurriu dentro dun convento e dende alí creou, compuxo, estudou e publicou. A súa obra literaria é de cotío teolóxica, mais non só escribiu sobre relixión. Os seus libros sobre ciencia, básicamente menciña, tamén foron 
moi recoñecidos. Estaban adicados ás propiedades curativas das plantas e dos animais e á orixe das enfermidades e do seu tratamento. Tamén    chegou a compoñer máis de 70 pezas musicais.


CHRISTINE DE PIZAN (1.364-1.430).

Esta escritora italina (que pronto se trasladou a Francia) vive entre os séculos XIV e XV. A súa obra chegou ata nós como unha das máis destacadas do panorama intelectual da Idade Media. Nun momento crítico da súa vida, cando enviúva, decide converterse en escritora profesional, o cal era todo un risco para unha muller, pero pronto logra o seu primeiro éxito, primeiro escribindo baladas nas que lamenta a morte do ser amado, e máis tarde vai penetrando en temas sobre historia, política, condición da muller, etc. Christine será unha das iniciadoras dun dos primeiros movementos en defensa da muller que se coñecen: "La querelle des femmes". A súa obra máis famosa titulouse "A cidade das damas", na que fai unha forte defensa da muller basándose en moitos personaxes femininos da historia e da mitoloxía.


Para coñecer máis a fondo a orixe do Día Internacional da Muller, visitade a páxina das Nacións Unidas: http://www.un.org/es/events/womensday/history.shtml

miércoles, 23 de enero de 2013

Unha académica de luxo.

Por fin a Literatura Infantil e Xuvenil estará representada na Real Academia Galega. Fina Casalderrey ven de ser elexida para entrar a formar parte desta prestixiosa organización das letras. A Asesoría de Bibliotecas Escolares fai unha reseña na Rede de Lectura, á que accederedes pinchando aquí.
Quen non lembra historias tan especiais como "O estanque dos parrulos pobres", "Dúas bágoas por Máquina", "Quen quere adoptarme?" ou "Alas de mosca para Ángel?", entre outras moitas.
Pasádevos pola biblioteca e poderedes reler estas maravillosas obras e algunhas máis.
Noraboa á autora!!

miércoles, 9 de mayo de 2012

En galego, xa, si!

O día para celebrar as Letras Galegas está ben preto e para ir quentando motores nada mellor que entoar o "Rap da Lingua" do grupo Migallas. No noso cole canto máis a escoitamos (ao iniciar e rematar a xornada), máis nos gusta!
E para coñecer mellor a Valentín Paz Andrade, poeta e xornalista homenaxeado este ano, o CEIP Nosa Señora de Xuvencos aporta ligazóns interesantes para pescudar sobre a súa vida e obra. Pinchade aquí para acceder.
Ademáis, e como ven sendo habitual, o Seminario Galán aporta un magnífico traballo de investigación.
Actividades para Educación Infantil.
Actividades para o 1º ciclo de Educación Primaria.
Actividades para o 2º ciclo de Educación Primaria.
                                        Actividades para o 3º ciclo de Educación Primaria.


sábado, 21 de enero de 2012

Exposición de fotografía.

Para aqueles/as que teñan previsto viaxar á capital de España próximamente e que, ademáis, sexan amantes da fotografía, entre os días 10 de xaneiro e 15 de marzo a fotógrafa autodidacta galega Carla Andrade (1983) exporá no Eurostars I-hotel a súa obra máis recente baixo o título "Último retorno".

Licenciada en Comunicación Audiovisual, realizou talleres con fotógrafos como Bernard Plossu ou Vari Caramés. Finalista en festivais internacionais e en diversos premios, a súa obra foi exposta en Rumanía, Portugal, España e, próximamente en EEUU onde ten previsto participar nunha mostra colectiva no mes de outubro (New York Biennale Art 2012-2013, Javits Center. New York).

Repasando a súa páxina web atoparédesvos con fotografías que conteñen paisaxes suspendidas, irracionais e moi familiares xa que algunhas delas pertencen á Costa da Morte.
Aquí vos deixo algúns enlaces onde afondar.

Entrevista de Sabela A. Manzano a Carla Andrade. Pincha aquí.
Galería de Carla Andrade. Pincha aquí.

domingo, 15 de enero de 2012

30 de Xaneiro. Día da Paz.

A formación para a paz, a cooperación e a solidaridade entre os pobos é unha das finalidades que se plantexa o noso sistema educativo. Este ano, ademáis, conmemórase o 64 aniversario da morte de Gandhi.
Éstas son as nosas propostas para que nas aulas se faga referencia a ese día, tendo en conta os recursos da biblioteca.



Ademáis, se pinchades aquí enlazaredes coa canción escollida este curso polo cole. Trátase de "Somos amigos" de Cantajuego.

Outros recursos interesantes atoparédelos aquí.

viernes, 6 de enero de 2012

Adeus a Isaac Díaz Pardo.

O intelectual Isaac Díaz Pardo finou na mañá do día de onte despois dunha vida adicada a Galiza. Home polifacético e comprometido coa nosa terra, debe ser tomado como exemplo por todos nós.
O pasado ano recibiu unha homenaxe pola súa traxectoria artística e vital. Xentes que ollan é un dos cadros que conformaron a exposición "Pinturas y fracasos", o cal se atopa no Museo de Belas Artes de A Coruña.

Descanse en paz un dos homes que máis loitou por reconstruír a cultura e a memoria de Galiza.