miércoles, 24 de febrero de 2021

Inauguración da Radio con Rosalía

Os nenos e nenas de 1º e 2º gravaron Adios ríos, adiós fontes.

Día de Rosalía

 Hoxe no día de Rosalía temos a seguinte proposta de actividade:

Códigos QR ao longo de toda a biblio creativa para coñecer sobre a autora, quen era, como era a súa familia, os seus amigos e amigas, as súas obras, os seus poemas e para finalizar un espectacular genialy.

lunes, 22 de febrero de 2021

Familias de conto I

 Seguimos recibindo os vosos vídeos, Sabela de 1º e a súa mamá cóntannos o conto "Paco".


     

A mamá de Isaac de 4º de Educación Infantil tamén se animou a contarnos unha historia.


                       

Esperamos os vosos contos!!!


viernes, 19 de febrero de 2021

Día da Radio

 O 19 de febreiro é o día da Radio. 

No noso cole por fin temos a nosa radio en funcionamento. Levaba xa anos con nós, xa que é unha gran herdanza de anos anteriores e agora xa a temos lista para gravar programas. O primeiro deles, está a piques de estrearse.





jueves, 18 de febrero de 2021

Familias de conto

Estreamos temporada de familias de conto!!
Este ano ten que ser na distancia polas medidas COVID19. 

Mil grazas a Verónica, mamá de Nico de 1º e Sara de 5º de Infantil por compartir estas lecturas con nós.



 




sábado, 13 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

 Este ano a temática do entroido xira arredor do PDI: Descubrindo Agualada. Cada unha das clases foi disfrazados do tema das investigacións que están a realizar. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

jueves, 11 de febrero de 2021

11 de febreiro: Día da muller e da nena na ciencia

Neste día queremos compartir con vós os seguintes vídeos sobre mulleres científicas, que tamén foron nenas.


Ademais os nenos e nenas de sexto traballaron as seguintes mulleres científicas:

viernes, 5 de febrero de 2021

Mandados do Meco

Neste curso tan extraño, os mandados do Meco son sobre o PDI! Moi atentos

 

lunes, 1 de febrero de 2021

Mes de xaneiro na biblio creativa

 Neste mes de xaneiro os nenos e nenas estiveron a crear pombas da paz, gravaron cuñas publicitarias da carreira e deixaron as súas mensaxes de PAZ.

No recuncho do proxecto xa están listos algúns dos cruceiros, de feito algúns nenos e nenas visitaron o de Agualada. 

Moi atentos que este mes comezan novas actividades!