Mostrando entradas con la etiqueta Servicios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Servicios. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de marzo de 2020

SERVICIO DE PRÉSTAMO DE E-BOOKS

Temos a disposición dos alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria os e-books.

Lembrade o procedimiento de préstamo.

En caso de dúbida, falade con algún dos profes do equipo de biblioteca.



viernes, 28 de febrero de 2020

SERVICIO DE PRÉSTAMO DE LIBROS PARA ADULTOS

Nos diriximos a todos os membros adultos da nosa comunidade educativa. 

Temos á vosa disposición moitos títulos para o voso disfrute.

Lembra: "Se ti les, el le"
 


jueves, 13 de febrero de 2020

NOVAS DA ZONA MAKER

COMEZAMOS COS TALLERES


Comezamos cos talleres que faremos na biblioteca na nosa zona MAKER. Estes talleres comenzan o día 17 de febreiro do 2020, estarán organizados do seguinte xeito:

  • Luns de 14.15 a 15.15. Manualidades con cordas. 3º e 4ºde EP.
  • Venres de 14.15 a 15.15: Robótica. 
  • Xoves de 14.15 a 15.15 Manualidades con cordas. 5º e 6º de EP
En breve informaremos de outros talleres que temos preparados.

martes, 11 de febrero de 2020

NOVAS DA ZONA MAKER

Proximamente: Taller de manualidades con cordas

Dende a zona MAKER da nosa biblioteca queremos contarvos que comenzaremos, en breve, un taller de manualidades con cordas. Neste taller faremos creatividades con corda.

Se queres participar neste taller pregunta ao teu titor ou titora ou ven a anotarte á biblio.

viernes, 7 de febrero de 2020

NOVA ADQUISIÓN DA BIBLIOTECA

REVISTA "O PAPAGAIO"

Hoxe incorporamos á nosa biblioteca unha nova revista. "O papagaio". A Ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, a historia, a cultura, a integración, teñen unha seccíon fixa na revista e os textos están asinados  ou asesorados por persoas expertas na materia.

Non hai que esperar nin un minuto máis!!!! Ven á biblioteca e vai disfrutar dela en calquera recuncho no cole.

Lucía e Sheila foron as primeiras; agora é o teu turno. Ven á biblioteca!!! 


miércoles, 5 de febrero de 2020

NOVIDADE NA BIBLIOTECA: ESCORNABOTS

Temos unha gran nova para vós. A nosa biblio adquiriu para a zona MAKER dou escornabots.


PROXIMAMENTE!!!!

IMOS TRABALLAR CON ROBOOOOTS!!!!

miércoles, 9 de octubre de 2019




Desde a Biblio Cova gustaríanos mostrar o noso agradecemento ao centro comercial Carrefour de Coristanco, pola doazon dun carro de compra para a nosa disposición no cole. Seranos de especial utilidade e sacaremoslle moito partido este curso posto que xa temos en marcha diversos proxectos dos cales será un dos protagonistas indispensables. GRAZAS!