Mostrando entradas con la etiqueta CCL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CCL. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de febrero de 2022

Lecturas compartidas

A pasada semana, o venres 11, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria organizou unha sesión de lecturas compartidas para os nenos e nenas da clase de 3 anos. 

Os compis máis pequenos do noso cole desfrutaron moito do conto "Lúa", contado por Sabela, Noa e Noel. Seguro que pronto desfrutaremos de moitas máis lecturas compartidas, porque tanto os espectadores como os contacontos quedamos encantados! Feliz lectura!



domingo, 13 de febrero de 2022

11 Febreiro - Día Internacional da muller e a nena na ciencia

O pasado venres 11 de febreiro foi o día internacional da muller e a nena na ciencia, e dende a biblio do CEIP Bormoio-Agualada fixemos unha actividade moi chula para coñecer o papel de moitas mulleres importantes na historia. 

Para traballalo, escollimos algúns dos libros chulos que temos na nosa biblio, e que nos falan de mulleres importantes na historia, como "Las chicas son guerreras", "Las chicas son de ciencias", "Pioneiras" ou "100 mujeres que cambiaron el mundo", e buscamos neles información sobre quen eran e quen fixeron algúns nomes propios como Marie Curie, Hipatía de Alejandría o Ada Lovelace, entre outras. 

Nenos de todas as idades aprenderon un montón sobre todas estas mulleres importantes. Aquí vos deixamos algunhas mostras da actividade. Esperamos que vos guste. Feliz lectura!





viernes, 5 de junio de 2020

REVISTA: "O PAPAGAIO"


Hoxe temos recibido a revista de O PAPAGAIO do mes de xuño. Aquí vola deixamos esperamos que coma sempre, este mes está chea de moitísimas cousas interesantísimas.

Algunha vez pasou pola túa mente: Por que dan luz os vagalumes? Pois esta revista responde a esta pregunta. Hai outos moitos artigos interesantísimos.

Non  deixedes de botar un ollo!!!.
Preme na imaxe

https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn:aaid:scds:US:127dcccb-b9e1-45c1-aa4d-d86d96eed857

martes, 26 de mayo de 2020

Día das letras galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero

Aquí temos unha nova entrega de retratos de Carvalho Calero.

Parabéns a tdoos e todas. Motísimas grazas, están estupendos.

viernes, 22 de mayo de 2020

TELEXORNAL LOUCO
"Os coronavirus desaparecidos"

Estamos na fase final desta pandemia, os coronavirus andan medio desaparecidos e algúns alumnos e alumnas de 5º andan a buscalos.

Tedes toda a información neste Telexornal Louco.

Onde está os coronavirus? A solución... no telexornal.

Preme na imaxe

Os Retos das Historias Breves (5)

Os Retos das Historias Breves (5)

E hoxe temos un novo reto, quen é a narradora desta historia?

E despois de escribir a solución en comentarios escoitade a estupenda historia de Lucía.

Esperamos as vosas historias breves.



jueves, 21 de mayo de 2020

Os Retos das Historias Breves (4)

Os Retos das Historias Breves (4)

O reto de  hoxe é moi difícil. A ver se sabedes quen son.

Unha pista: son todos da mesma clase.

Anotade a solución en comentarios.

Historia 1

Historia 2

Historia 3

Historia 4

miércoles, 20 de mayo de 2020

Día do medio ambiente

5 de xuño: Día do medio ambiente 

Aprendices de científicos

 O próximo día 5 de xuño é o día do Medio Ambiente por iso vos imos propoñer unha actividade moi interesante para conmemoralo.

                                                         Imos facer unha mascota “CESPÍN"

Preme a imaxe para ver as instruccións

Enviade fotos cos resultados.

Dia das Letras Galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero

Seguimos a recibir uns estupendos retratos de Carvalho Calero.

Motísimas grazas, están estupendos.



Os retos das historias breves (3)

Os Retos das Historias Breves (3)

Parabéns a todos os que acertaron os autores das historias breves de onte.

Hoxe temos un novo reto. A ver se sabedes quen é.

Anotade a solución en comentarios.

 

martes, 19 de mayo de 2020

Os retos das historias breves (2)

Os Retos das Historias Breves (2)

Parece que onte algúns creen que acertaron o reto de onte. O puxeron nos comentarios. Parabéns!!

Pero, hoxe o reto é doble, quen son os que contan estas historias curtas?

Poñede a solución nos comentarios.

Historia 1

Historia 2





lunes, 18 de mayo de 2020

Escola na casa

ESCOLA NA CASA: Botella Montessori da calma

Hoxe temos a mestra Laura amosando como facer unha bonita manualidade.

Prestade moita atención ao vídeo.


Se picas aquí podes acceder ás instruccións.

Enviade fotos cos resultados.

Os retos das historias breves

Os Retos das Historias Breves

Responde ao reto nos comentarios

As historias pódense contar de moitísimos xeitos, e poden ser creadas en centos de formatos. Outra cousa é como teñen que ser de longas. 

Pero non é importante nin o soporte nin o que tardamos en contalas, o realmente importante é a historia que contamos.

Aquí temos un exemplo dunha historia breve. Creada con títulos de libros.

Quen é o narrador?


domingo, 17 de mayo de 2020

ESCOLA NA CASA

ESCOLA NA CASA

EXPERIMENTO DE NATURAIS

A continuación vos propoñemos un experimento moi fácil de facer na casa.
Precisades uns materiais moi doado de atopar na casa. 
Lembrade, con ferramentas de corte, demandade a axuda dun adulto.

Enviade fotos ou vídeos cos resultados.


Recomendación lectora



MAREA NEGRA

 Lembrades o Prestige? Lembrades o que pasou?

Neste vídeo a mestra Miriam fala de Marea Negra, un libro que recolle a historia do Prestige e a historia de persoas que sufriron ese desastre nas súas vidas.

Despois de escoitalo, estamos seguros de que non ides perder a oportunidade de ler esta gran historia.


Día das Letras Galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero

Hoxe, 17 de Maio, conmemoramos o Día das Letras Galegas e aínda que non vai ser posible celebralo presencialmente queremos facer unha homenaxe a este gran autor.

Dentro das actividades que o alumnado fixo ao longo desta semana queremos destacar a homenaxe con retratos de Carbalho Calero.

Moitas grazas.





jueves, 14 de mayo de 2020

17 de Maio: Día das Letras Galegas



DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Sabemos que  o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas é o gran  Ricardo Carvalho Calero. 

Invitámosvos a coñecer máis da súa vida e da súa obra. 

Preme na imaxe



miércoles, 13 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS: Carvalho Calero

RICARDO CARVALHO CALERO

Estes días estamos a homenaxear a Ricardo Carvalho Calero, xa que adícase O Día das Letras Galegas a este autor. Pero, coñeces algunha obra súa?

Aquí deixamos un relato orixinal deste gran autor. Titúlase "As pitas baixo a choiva"

Preme na imaxe




DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 de Maio: Día das letras Galegas


O vindeiro domingo é  o Día das Letras Galegas. Ademais das diferentes actividades que se propoñan dende cada unha das vosas aulas, deixámosvos o acceso a unha páxina web para que poidades ter ao voso alcance máis información do homenaxeado deste ano Ricardo Carvalho Calero. 


Para conmemorar este día propoñémosvos duas actividades.

  • Fai un retrato de Carvalho Calero utilizando a técnica de debuxo que máis che guste e envíanolo. Colgarémolo no Blogue.
  • O Concello de Carballo propon un concurso aberto a todas as idades para poñer en valor a literatura galega. Animádevos a particiapar. Preme aquí.


martes, 5 de mayo de 2020

REVISTA "O PAPAGAIO"


Ola, vimos de recibir a revista de O PAPAGAIO do mes de maio. Aquí vola deixamos esperamos que coma sempre, este mes está chea de moitísimas cousas interesantísimas.

Algunha vez pasou pola túa mente: ¿Por qué cantan as aves? Pois esta revista responde a esta pregunta. E outras máis.

Non  deixedes de botar un ollo!!!.
Preme na imaxe

https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn:aaid:scds:US:127dcccb-b9e1-45c1-aa4d-d86d96eed857