Mostrando entradas con la etiqueta Coronavirus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coronavirus. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de mayo de 2020

Escola na casa

DECORACIÓN DE MASCARILLAS

Nestes momentos de confinamentos e desescaladas temos que tirar de imaxinación e de recursos.

Hoxe queremos amosar unha gran iniciativa de Ana da aula de 4º de Educación Primaria.

Marabillosa creatividade con mascarillas. Parabéns Ana!!!!

Lembrade. Non podemos manipular mascarillas usadas. Solamente pódese facer con mascarillas sen usar.




viernes, 22 de mayo de 2020

TELEXORNAL LOUCO
"Os coronavirus desaparecidos"

Estamos na fase final desta pandemia, os coronavirus andan medio desaparecidos e algúns alumnos e alumnas de 5º andan a buscalos.

Tedes toda a información neste Telexornal Louco.

Onde está os coronavirus? A solución... no telexornal.

Preme na imaxe

viernes, 24 de abril de 2020


#euquedonacasa 

Hoxe desde a nosa Bibliocova queremos mostrarvos unha aportación que nos fixo chegar un dos vosos compañeiros do noso colexio.
Estupendo traballo e grazas por compartilo con todos nós, Benxamín.
Así, deste xeito, instámosvos a todos os nenos e nenas do cole a que nos sigades envíando cousiñas e producións  persoais que estades facendo desde os vosos fogares para compartilo con toda a comunidade educativa.
Moito ánimo, e recordade, estádelo a facer xenial!!!!!
PARABÉNS!!!


martes, 31 de marzo de 2020

Día 31 de Marzo: Día 16 do COLE NA CASA.

-Coronavirus...que será iso? pensa o protagonista da nosa historia de hoxe.
Estes días son diferentes para todos, en especial para os máis pequenos. Hoxe traémosvos un CONTO FERMOSÍSIMO no que o seu protagonista conta o que esta a vivir estes días e faise un montón de preguntas.
As familias poderedes ver o que está a pasar desde a visión dun neno e vos, os nenos e nenas, podedes ver como pasa estes días de corentena. Fará as mesmas cousas ca vos? Picade no enlace e ímolo descubrir...