Mostrando entradas con la etiqueta CSC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CSC. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero

Hoxe, 17 de Maio, conmemoramos o Día das Letras Galegas e aínda que non vai ser posible celebralo presencialmente queremos facer unha homenaxe a este gran autor.

Dentro das actividades que o alumnado fixo ao longo desta semana queremos destacar a homenaxe con retratos de Carbalho Calero.

Moitas grazas.





sábado, 16 de mayo de 2020

17 de Maio

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ricardo Carvalho Calero
Durante esta semana dende a biblioteca estivemos a poñer información e actividades sobre Carvalho Calero e o Día das Letras Galegas.

Agora, non tedes que perder un estupendo vídeo no blogue do Equipo de Dinamización da Língua Galega do noso colexio sobre este día.
 Preme aquí para acceder ao vídeo.

domingo, 10 de mayo de 2020

Os símbolos de Europa


DÍA DE EUROPA

Os símbolos de Europa

Xa coñecemos que o día 9 de maio é o día e Europa. Pero temos varios xeitos de recoñecer á Unión Europea, e é a través dos seus símbolos.

O primeiro destes símbolos é a súa bandeira. Intenta averiguar o que simboliza.



O segundo destes símbolo é o seu himnoa melodía que simboliza á UE procede da Novena Sinfonía compuesta en 1823 por Beethoven, que decidió poñer música á "Oda a la Alegría" escrita por Schiller en 1785. Escoítádea interpretada polo noso compañeiro Joel Rellán. Moitísimas grazas Joel. Gran interpretación!!.



viernes, 8 de mayo de 2020

DÍA DE EUROPA

9 de Maio

DÍA DE EUROPA

O Día de Europa celebra cada 9 de maio a paz e a unidade do continente. Conmemórase nesta data porque é o aniversario da histórica declaración de Schuman. Nun discurso pronunciado en París en 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, expuso a súa idea dunha forma de cooperación política entre las nacións europeas. 


sábado, 2 de mayo de 2020

2 de Maio: DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

2 de Maio

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Dende o ano 2011, o 2 de mayo celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar, o obxectivo deste día é concienciar sobre o risco do acoso escolar que sofren nenos, nenas e xóvenes a nivel mundial. 

Neste día, a mestra Miriam quere falar dun libro marabilloso que fala dun neno que non é coma sempre, xa que perdeu o seu poder. Escoitade a recomendación que nos fai Miriam. Ela fala do poder deste neno.

Despois non deixedes de ver o corto titulado Lou. É impresionante. Esperamos que vos guste.



Cortametraxe LOU

martes, 28 de abril de 2020

Día 28 de Abril: día 31 da escola na casa

OBRA DE TEATRO: Mamá cabra 15 primaveras.


A nosa proposta de hoxe vai asociada ao mundo do teatro. No vídeo que tedes ao pe deste post podedes ver a obra de teatro titulada: Mamá Cabra 15 primaveras.

Desfrutádea!!!


viernes, 24 de abril de 2020

VOLTAR ÁS RÚAS

Esta corentena xa vai durando máis de 40 días. Como xa seguro que sabedes, o próximo domingo será o día no que ides voltar ás rúas a dar pequenos paseos. Vai ser un xeito de que pouco a pouco voltemos á normalidade.

É unha gran noticia. Esto pode ser o principio do fin do confinamento. Pero temos que facer as cousas seguindo as instruccións de hixiene e tomando as precaucións para que estas pequenas saídas sexan o inicio de outras máis longas.

A continuación vos deixamos unha historia duns osos que recordan as instruccións básicas para sair sen perigos.

Preme na imaxe


jueves, 23 de abril de 2020

Día do Libro

 DÍA 23 DE ABRIL DE 2020

Como cada ano, o día 23 de Abril vense a celebrar o día do libro e, que mellor forma que celebrar dito día que cun libro.
Con carácter xeral, dito día é celebrado nas rúas de todo o país dun xeito diferente e moi conmemorativo, con postos de libros e actividades, contando coa presenza de importantes autores e autoras, recomendacións lectoras, etc. Mais, como non podía pasar desapercibido dito día desde o noso cole nós tamén tivemos a sorte de contar cunha visita virtual moi especial de María Canosa, escritora galega moi popular, que nos manda para todos os nenos e nenas do colexio de Bormoio-Agualada un agarimoso saúdo e nos deixa unha mensaxe sorprendente.


Así mesmo, nós, os mestres desde o cole, como non podía ser doutro xeito, tamén vos preparamos un estupendo vídeo coas vosas achegas que nos estivechedes a facer ao longo destes días.



Moitísimas grazas pola vosa colaboración, e por suposto....SIGAMOS LENDO TODOS!!!

E...atentísimos ás seguintes propostas que seguiremos deixando por aquí!!!

jueves, 2 de abril de 2020

Día 2 de Abril: Día 18 do COLE NA CASA.

Día do autismo

Hoxe é o día mundial do autismo. Para facer unha pequena conmemoración a este día e darlle presenza nas nosas casas achegándonos un pouquiño máis a esta realidade, deixámosvos dúas actividades que cremos que vos van gustar. 







domingo, 22 de marzo de 2020

Día 23 de Marzo: Día 8 do COLE NA CASA.

Un día máis temos que quedar na casa, sendo esta a mellor medida para combatir a este gran inimigo ao que imos vencer todos xuntos.

Pero o feito de quedar na casa non significa que non temos que ter diversion e manternos activos. É un gran momento para investigar nos recursos que a rede ofrece.

Traemos a Biblioteca Dixital Mundial, que pon á nosa dispocición unha gran cantidade de curiosidades históricas.

https://www.wdl.org/es/


E tamén mapas interactivos:



miércoles, 18 de marzo de 2020

ENTREGA DE AXENDAS ESCOLARES CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Moi boas tardes a todos e a todas,
un día máis a pesares de estar confinados na casa seguimos con actualizacións no blogue da biblio do noso cole. Aquí, nesta nova entrada queremos deixar unha foto da entrega das axendas escolares que nos fixeron chegar o Persoal do Concello de Coristanco o pasado martes día 10 en reivindicación contra a violencia machista.
Encantounos o agasallo, moitas gracias!!

martes, 24 de septiembre de 2019




Logo de xa iniciar o curso, chega o momento de poñer en marcha a nosa biblio cova, para iso procederemos a súa inauguración o vindeiro 30 de setembro de 2019 ás 13:30h, convidando a todos os nenos e nenas a visitar o noso espazo no cole.
Por ser unha ocasión tan especial, temos o pracer de presentarvos un fantástico espectáculo ofrecido polos Fantoches Baj quen representará para nós os Romeiros do caracol. Desexamos que vos guste e desfrutedes da estupenda actuación.


Coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Coristanco.