DÍA 23 DE ABRIL DE 2020
Como cada ano, o día 23 de Abril vense a celebrar o día do libro e, que mellor forma que celebrar dito día que cun libro.
Con carácter xeral, dito día é celebrado nas rúas de todo o país dun xeito diferente e moi conmemorativo, con postos de libros e actividades, contando coa presenza de importantes autores e autoras, recomendacións lectoras, etc. Mais, como non podía pasar desapercibido dito día desde o noso cole nós tamén tivemos a sorte de contar cunha visita virtual moi especial de María Canosa, escritora galega moi popular, que nos manda para todos os nenos e nenas do colexio de Bormoio-Agualada un agarimoso saúdo e nos deixa unha mensaxe sorprendente.
Así mesmo, nós, os mestres desde o cole, como non podía ser doutro xeito, tamén vos preparamos un estupendo vídeo coas vosas achegas que nos estivechedes a facer ao longo destes días.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración, e por suposto....SIGAMOS LENDO TODOS!!!
E...atentísimos ás seguintes propostas que seguiremos deixando por aquí!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario