- QUENES ERAN NA IDADE MEDIA?
XOANA DE ARCO (1.412-1.431).
É un dos personaxes máis populares de Francia. A súa vida transcorre durante o século XV, ó final da Guerra dos Cen Anos que enfrenta a franceses e a ingleses. A nosa protagonista, con apenas 18 anos, convértese en líder dun exército de máis de 5.000 homes cos que obten victorias importantísimas que devolven a Francia un poder que estaba perdendo na guerra. Con 19 anos é capturada polos ingleses e condenada a morrer queimada, acusada de bruxa.
Os franceses considérana unha mártir e, ademáis, converteuse na patroa do seu país.
ISABEL I DE CASTELA (1.451-1.504).
Foi raíña de Castela dende 1.474 ata 1.504. É coñecida como Isabel a Católica, título que lles entregou a ela e ao seu home o papa Alexandro VI. Casouse en 1.469 co príncipe Fernando de Aragón, facéndose co trono despois dunha longa loita.
Isabel concedeulle o seu apoio a Cristobal Colón na procura das Indias Occidentais, o que levou ó descubrimento de América. Dito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio español.
Esta alemana que viviu durante o século XII é, probablemente, unha das mulleres máis excepcionais do seu tempo. A súa vida transcurriu dentro dun convento e dende alí creou, compuxo, estudou e publicou. A súa obra literaria é de cotío teolóxica, mais non só escribiu sobre relixión. Os seus libros sobre ciencia, básicamente menciña, tamén foron
moi recoñecidos. Estaban adicados ás propiedades curativas das plantas e dos animais e á orixe das enfermidades e do seu tratamento. Tamén chegou a compoñer máis de 70 pezas musicais.
CHRISTINE DE PIZAN (1.364-1.430).
Esta escritora italina (que pronto se trasladou a Francia) vive entre os séculos XIV e XV. A súa obra chegou ata nós como unha das máis destacadas do panorama intelectual da Idade Media. Nun momento crítico da súa vida, cando enviúva, decide converterse en escritora profesional, o cal era todo un risco para unha muller, pero pronto logra o seu primeiro éxito, primeiro escribindo baladas nas que lamenta a morte do ser amado, e máis tarde vai penetrando en temas sobre historia, política, condición da muller, etc. Christine será unha das iniciadoras dun dos primeiros movementos en defensa da muller que se coñecen: "La querelle des femmes". A súa obra máis famosa titulouse "A cidade das damas", na que fai unha forte defensa da muller basándose en moitos personaxes femininos da historia e da mitoloxía.
Para coñecer máis a fondo a orixe do Día Internacional da Muller, visitade a páxina das Nacións Unidas: http://www.un.org/es/events/womensday/history.shtml
No hay comentarios:
Publicar un comentario