Mostrando entradas con la etiqueta libros en galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros en galego. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de abril de 2022

2 Abril - Día Mundial de concienciación do autismo e Día Internacional do libro infantil

 Bo día! O pasado sábado 2 de abril foi un día moi importante con dúas conmemoracións que teñen moita repercusión no día a día dos coles, e tamén das bibliotecas! O día mundial da concienciación do autismo, e tamén o día internacional do libro infantil. 




As bibliotecas, lugares máxicos cheos de libros e materiais cos que gozar e disfrutar da aprendizaxe e da lectura, deben ser inclusivas e adecuadas para todo o alumnado, e tamén para a comunidade educativa. Por este motivo, dende a biblioteca María Lema, no CEIP Bormoio Agualada, e aproveitando a dotación da xunta específica para Biblioteca Inclusiva, decidimos facer un pedido de material inclusivo chulísimo que pronto poderemos desfrutar todos os nenos e nenas do cole. Por aquí vos deixamos algunhas imaxes con un adelanto dalgúns dos libros! 

Feliz lectura!





domingo, 25 de noviembre de 2012

Catálogo de novidades.

Na cova do lobo vimos de adquirir material ben variado e que resposta aos intereses dos distintos usuarios. Acabamos de incorporar fondos relacionados coa temática do noso PAI, "Un castelo de libros", como, por exemplo, a colección Branco de cores de Sotelo Blanco ou algúns exemplares de OQO como "A voda dos ratos" ou "A partes iguais". Para máis información, consultade o catálogo aquí exposto.

                         

martes, 23 de octubre de 2012

Listado temático arredor da Idade Media.

Como ben sabedes, a temática sobre a que vai xirar o Proxecto Anual Integrado durante o presente curso é a Idade Media. Afondando entre os distintos exemplares, tanto de lectura como de consulta, atopamos material moi interesante no que incluímos tamén as novas adquisicións. No listado que presentamos a continuación atoparedes auténticas obras de referencia, converténdose éste nun recurso que pode facilitar as vosas pesquisas á hora de centrar a vosa atención nun determinado aspecto do tema. 

lunes, 8 de octubre de 2012

Entre pócimas e brebaxes...


... e algún que outro maleficio,
ser a mala dos contos
foi sempre o seu oficio.


As bruxas adoitan ser personaxes malvados que producen certo temor aos cativ@s. Nada mellor para superaren este medo que presentarlles un conto no que os protagonistas triunfen sobre este ser da imaxinación. De feito, o libro de Tina Meroto  A bruxa regañadentes vai ser a nosa primeira proposta lectora  para o Samaín.

A Editora OQO preparou tamén unha pequena curtametraxe sobre o conto. 


O souto escuro e perigoso de Miguel Vázquez Freire, cunhas ilustracións en tons grises con fondo negro, sumerxe ao lector nunha atmósfera lúgubre pero moi tenra, onde un fráxil coelliño branco será capaz de desafiar a un oso e a un lobo.
Para rematar, presentamos uns exemplares que farán a delicia dos máis maiores, as fantásticas aventuras dos  Megatoxos, catro mozos que teñen que compatibilizar as súas clases no instituto cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo na procura dunha cura para a súa mutación xenética. "Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa" é o primeiro volume desta serie.



jueves, 12 de enero de 2012

E máis poesía.

Semella que lle collemos o fío a este xénero literario e non imos deixar escapar a oportunidade de recurrir a este estupendo exemplar de Fran Alonso. "O meu gato é un poeta" trata de transmitir a poesía dun xeito lúdico e, sobre todo, accesible.
Podemos atopar xogos de palabras, caligramas, narracións... e tamén música! Sí, porque música e poesía son dúas artes que teñen moita relación entre sí. De feito, Xurxo Souto compuxo catro das seis cancións que inclue o CD que acompaña o libro.
Pincha aquí e poderás escoitar unha das cancións incluídas no CD.

lunes, 8 de marzo de 2010

Seguimos a ler...

Contos azuis é o libro que nos propón Cabeza Quiles, é un libro con fondas raíces na nosa terra, nas lendas e nas supersticións que todos coñecemos. Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria están rematando esta lectura que logo continuarán os nenos e nenas de 5º.