lunes, 8 de octubre de 2012

Entre pócimas e brebaxes...


... e algún que outro maleficio,
ser a mala dos contos
foi sempre o seu oficio.


As bruxas adoitan ser personaxes malvados que producen certo temor aos cativ@s. Nada mellor para superaren este medo que presentarlles un conto no que os protagonistas triunfen sobre este ser da imaxinación. De feito, o libro de Tina Meroto  A bruxa regañadentes vai ser a nosa primeira proposta lectora  para o Samaín.

A Editora OQO preparou tamén unha pequena curtametraxe sobre o conto. 


O souto escuro e perigoso de Miguel Vázquez Freire, cunhas ilustracións en tons grises con fondo negro, sumerxe ao lector nunha atmósfera lúgubre pero moi tenra, onde un fráxil coelliño branco será capaz de desafiar a un oso e a un lobo.
Para rematar, presentamos uns exemplares que farán a delicia dos máis maiores, as fantásticas aventuras dos  Megatoxos, catro mozos que teñen que compatibilizar as súas clases no instituto cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo na procura dunha cura para a súa mutación xenética. "Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa" é o primeiro volume desta serie.



No hay comentarios:

Publicar un comentario