lunes, 1 de junio de 2020

MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

O equipo dos Museos Científicos propón unha nova actividade de observación astronómica. Trátase dunha serie de vídeos curtos para aprender e gozar da observación astronómica desde a casa montados con Stellarium, unha aplicación gratuíta e aberta que permite recrear o ceo (case) como se estivésemos nunha sesión de planetario.

Cada martes ás 12.00 horas publicarase nesta lista da canle de Youtube dos Museos Científicos un vídeo no que se presentará unha proposta de observación dalgún aspecto concreto para descubrir no ceo neses días.

Esta é a súa axenda:
  • 02/06/2020 ás 12:00
  • 09/06/2020 ás 12:00
  • 16/06/2020 ás 12:00
  • 23/06/2020 ás 12:00
  • 30/06/2020 ás 23:00

No hay comentarios:

Publicar un comentario