CREATIVIDADE NA CASA
En pasadas semanas falábamos e suxeríamos dende este blogue diferentes xeitos de crear libros: libro lupa, libro acordeón... E pedíamos que, as diferentes iniciativas, chegasen á biblioteca para ser publicadas.
Pois aquí temos unha creatividade na que participan nenos e nenas de 5º de Educación Primaria e incluso algún mestre. Estes alumnos e alumnas crearon diferentes portadas de libros aproveitando que estaban a traballar no proxecto de "Os teitos do mundo".
Esperamos que vos guste. Moitas grazas pola vosa participación
No hay comentarios:
Publicar un comentario