martes, 24 de mayo de 2022

Excursión a Coruña

Boas de novo! O pasado venres o noso cole tivo un acontecemento moi especial para alumnado e profesorado. Fomos de excursión a Coruña! 

Esta excursión formaba parte, ademais, dos proxectos de aula de educación infantil, nos que colabora a nosa biblioteca, sobre Galicia e do fondo do mar. Gracias a eles, en Coruña visitamos a torre de Hércules, e nela tamén a Rosa dos ventos, coñecendo algúns dos seus significados. 

Alí tamén coñecimos, os que todavía non a sabíamos, a lenda da torre de Hércules e o xigante Xerión, contada polos profes en colaboración con algúns dos nenos e nenas que xa a coñecían. Pareceunos super interesante coñecer de primeira man, e no mesmo lugar, esa lenda tan chula.

Ademais, tivemos a oportunidade de visitar o aquarium e ver ao noso tiburón favorito, Gastón! Foi unha visita moi entretida e na que, tanto pequenos como maiores, desfrutamos vendo os animaliños do mar, coñecendo a Gastón e descubrindo moitas cousas sobre animais coma os polbos, as raias, as focas... Foi divertidísimo!

Por último, desfrutamos dunha comida ao aire libre no Parque de Santa Margarida, e tivemos unha xornada de tarde de convivencia no mesmo parque, onde os nenos e nenas do cole desfrutaron tanto coma os profes. Xa estamos desexando volver de excursión! Feliz lectura!







No hay comentarios:

Publicar un comentario