martes, 3 de mayo de 2022

23 de abril - Día do libro

Boas de novo! As últimas semanas foron días cheos de actividades moi guais no noso cole, xa que o día 23 celebramos O DÍA DO LIBRO, un día moi especial para nós, e por suposto para a nosa biblio. No noso cole temos unha biblioteca chulísima, chea de libros e materiais para xogar, aprender e gozar, e quixemos celebrar o día do libro por todo o alto. 

Por unha banda creamos, entre todos os nenos e nenas do noso colexio, un novo mural para a nosa entrada, titulado "Os nosos libros favoritos". Nel, cada un colgou unha pequena postal coa portada do noso libro favorito, e por dentro da postal información sobre o mesmo como o título, o argumento ou un debuxo, e, por suposto, a nosa valoración. Así, todos compartimos as nosas recomendacións co resto dos compañeiros e compañeiras... encantounos poder ver os libros favoritos dos demais!




Contamos tamén cunha obra de teatro para todo o centro, que celebrouse no pavillón e que foi moi divertida. Todos, pequenos e maiores, incluso os profes, desfrutamos moitísimo desta actividade! Esta actividade, titulada Novos Lobos, levada a cabo por Fantoches Baj a través de monicreques.


Ademais, tivemos un obradoiro de creación poética, da man do escritor Jesús Castro, gracias á Asociación de Escritores, dirixido para os nenos e nenas maiores dende terceiro de primaria, no cal creamos unha chea de poesías coa base de Rosalía de Castro nun xogo de mesa moi chulo. Tamén os deixaron o material, para poder xogar nós outro día, e pasámolo super ben e estamos moi agradecidos. 


Finalmente, como día grande, festexamos un apadriñamento lector na tarde do venres, nas que nos xuntamos ao aire libre os nenos e nenas das diferentes clases do cole. Xuntámonos a aula de 6º de primaria con 3 anos, a aula de 5º de primaria con 4 e 5 anos, e a aula mixta de 3º e 4º coa aula de 1º e 2º. Pasámolo de marabilla lendo algúns dos títulos máis chulos da nosa biblioteca. Aquí vos deixamos unha recompilación dalgunhas fotos. Feliz lectura!


No hay comentarios:

Publicar un comentario