viernes, 26 de noviembre de 2021

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero 25N

 Bo día, hoxe o equipo da biblioteca trae unha entrada moi especial, xa que, como sabedes, onte celebramos no cole o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o 25N. Unha data da que nós, pero tamén toda a comunidade educativa, estamos moi concienciados de cambiar. 

Para celebralo no cole, fixemos un montón de actividades chulas. Empezamos xa hai unhas semanas decorando o cole, que podedes ver nas fotos o chulo que nos quedou: as portas, os lazos xigantes, as ventás, as mensaxes, o mural... todo contra a violencia. 




Tamén fixemos unha exposición de libros importantes para estas datas, sobre violencia de xénero, mulleres poderosas, a figura da muller, protagonistas chicas... todos son chulísimos! Sabedes que todos estes libros podedes atopalos na biblio verdade? 


Ademais, tivemos a sorte de vivir unha experiencia única! Gravamos un videoclip chulísimo versionando unha canción moderna, que seguro que todos coñecedes xa! Pois nós cambiámoslle a letra e, coa axuda de Velaísca Proxectos Educativos, creamos un vídeo así de chulo: 

Por último, tamén conmemoramos esta data dentro das nosas aulas, traballando na importancia do rexeitamento da violencia con diversas actividades que nos propuxeron os profes. Esperamos que nalgún momento esta data desapareza do calendario. Mentres tanto, seguiremos na loita contra a violencia de xénero. Feliz lectura!



No hay comentarios:

Publicar un comentario