sábado, 4 de junio de 2022
PDI: Produto final de 4º Educación Infantil
jueves, 2 de junio de 2022
Avaliación da biblioteca
Boas de novo! Atopámonos xa no mes de xuño e queda moi pouco curso por diante. Iso quere dicir que é momento de botar a vista atrás e valorar todo o camiño percorrido xuntos. Por este motivo, solicitamos a colaboración de familias e alumnado para poder avaliar o funcionamento da biblioteca neste curso escolar 2021/2022.
Dende o equipo de biblioteca, deixámosvos dous enlaces a cuestionarios moi sinxelos de realizar, que non vos levará máis de 10 minutos, e que para nós son de grande axuda con vistas a mellorar o próximo ano.
Cuestionario para alumnado: Preme aquí para acceder ao cuestionario de alumnado
Cuestionario para familias: Preme aquí para acceder ao cuestionario
Moitas gracias pola vosa colaboración e, coma sempre, feliz lectura!
martes, 24 de mayo de 2022
Excursión a Coruña
Boas de novo! O pasado venres o noso cole tivo un acontecemento moi especial para alumnado e profesorado. Fomos de excursión a Coruña!
Esta excursión formaba parte, ademais, dos proxectos de aula de educación infantil, nos que colabora a nosa biblioteca, sobre Galicia e do fondo do mar. Gracias a eles, en Coruña visitamos a torre de Hércules, e nela tamén a Rosa dos ventos, coñecendo algúns dos seus significados.
Alí tamén coñecimos, os que todavía non a sabíamos, a lenda da torre de Hércules e o xigante Xerión, contada polos profes en colaboración con algúns dos nenos e nenas que xa a coñecían. Pareceunos super interesante coñecer de primeira man, e no mesmo lugar, esa lenda tan chula.
Ademais, tivemos a oportunidade de visitar o aquarium e ver ao noso tiburón favorito, Gastón! Foi unha visita moi entretida e na que, tanto pequenos como maiores, desfrutamos vendo os animaliños do mar, coñecendo a Gastón e descubrindo moitas cousas sobre animais coma os polbos, as raias, as focas... Foi divertidísimo!
Por último, desfrutamos dunha comida ao aire libre no Parque de Santa Margarida, e tivemos unha xornada de tarde de convivencia no mesmo parque, onde os nenos e nenas do cole desfrutaron tanto coma os profes. Xa estamos desexando volver de excursión! Feliz lectura!
Semana das letras galegas
Bo día de novo! A semana pasada celebramos no noso colo a semana das letras galegas, e para iso fixemos un montón de actividades moi chulas para decorar o noso cole e aprender cousas sobre o autor homenaxeado: Florencio Delgado Gurriarán.
A nosa profe artista, Rocío, fixo un precioso mural sobre Florencio e as nosas letras, así como sobre Galicia. Por aquí vos deixamos unha foto do mesmo!
Como vedes, no noso cole non deixamos de facer cousas! Feliz Día das Letras Galegas e feliz lectura!
martes, 3 de mayo de 2022
23 de abril - Día do libro
miércoles, 6 de abril de 2022
Asociación VISIBLES no CEIP de Bormoio-Agualada
Por unha banda, contamos con unha charla moi interesante impartida por mulleres da asociación que nos falaron da importancia da muller en todos os contextos da vida, e do seu papel na sociedade. Os nenos e nenas de quinto e sexto de educación primaria tiveron a sorte de poder escoitalas.
Ademais, tamén por parte da asociación, contamos no mes de marzo cunha exposición denominada "Sen elas non hai música", que podedes visitar no corredor principal do noso centro. Nela fálannos dalgunhas mulleres moi importantes ao longo da historia da música. Ademais, pasáronnos un enlace á súa canle de youtube onde podemos escoitar música de todas estas mulleres.
Por último, aínda que neste caso non ten que ver coa asociación visibles, dende o concello de Coristanco regaláronnos a todo o centro educativo (mestres e alumnado) un marcapáxinas moi bonito, como podedes ver na foto, pero tamén moi especial. Se o mollades e o plantades na terra, poderedes ver crecer unhas flores violetas como as da imaxe, xa que contén sementes dentro! É unha pasada!
Esperamos que vos gusten todas as actividades que fixemos dende o cole para conmemorar este día tan especial. Feliz día da muller e, coma sempre, feliz lectura!
lunes, 4 de abril de 2022
2 Abril - Día Mundial de concienciación do autismo e Día Internacional do libro infantil
Bo día! O pasado sábado 2 de abril foi un día moi importante con dúas conmemoracións que teñen moita repercusión no día a día dos coles, e tamén das bibliotecas! O día mundial da concienciación do autismo, e tamén o día internacional do libro infantil.






