O día 8 de Novembro, celebramos o Magosto no cole, e dende a biblioteca tamén quixemos aportar o noso grao de area nesta celebración.
Co gallo desta festividade os máis pequenos pintaron cogumelos, fixeron unha grenlla con castañas e mesmo se debuxaron no outono e, os máis grandes, fixeron contos sobre as castañas.
Vela aquí están os resultados:
GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!
lunes, 2 de diciembre de 2013
jueves, 24 de octubre de 2013
...E DE NOVO O SAMAÍN...
AO LONGO DA SEMANA DO SAMAÍN, DURANTE O RECREO DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA, PROXECTARASE A PELÍCULA ´´FRANKENWEENIE´´.
AGARDÁMOSVOS…
viernes, 11 de octubre de 2013
XA ESTAMOS DE VOLTA!
E estamos os novos pequenos que empezan a escola, os pequenos que cada vez son máis grandes, os novos e os vellos amigos, novos profes e os profes de sempre...que ledicia ver a biblioteca chea de bulicio de novo.
Dende a biblioteca comezamos de novo unha viaxe, esta vez dun xeito moi especial... dende a alba ao solpor...esperamos que nos acompañedes nela!
OS NOVOS COLABORADORES |
OS MÁIS PEQUENOS CO NOVO CARNÉ |
viernes, 17 de mayo de 2013
O Touporroutou da lúa e do sol.
A mellor maneira de achegarnos á obra de Roberto Vidal Bolaño foi coñecendo unha parte dunha das súas comedias máis populares: o "Touporroutou da lúa e do sol", a cal estivo exposta durante toda a semana na biblioteca.
Ademáis, tódolos alumnos/as foron obsequiados cunha reproducción da peza acompañada de personaxes xenéricos: o sol para os nenos e a lúa para as nenas.
martes, 7 de mayo de 2013
Mes das letras.
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño (1950-2002), escritor e actor de teatro. A súa producción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, ademáis da súa experimentación estética e o seu diálogo coa tradición.
Se queredes coñecer máis aspectos da súa vida e obra, nestes enlaces atoparedes toda a información necesaria.
Comezamos cunha presentación realizada pola biblioteca do IES Ribeira do Louro - O Porriño:Continuamos con outro video introductorio elaborado por Quini Freixeiro, mestre do CEIP Conde de Fenosa: http://centros.edu.xunta.es/
Ademáis, o CEP de Cespón elaborou unha webquest sobre o homenaxeado: http://webquest.carm.es/majwq/
A súa vez, o grupo de traballo do CEIP ADR Castelao (Rianxo) participou no deseño e elaboración da proposta gañadora do concurso - exposición das Letras Galegas 2013. Ofrécennos unha interesante selección de actividades e recursos online. Pinchade aquí para acceder a ela.
sábado, 27 de abril de 2013
O mes dos libros.
Aínda que as actividades relacionadas co fomento da lectura levan potenciándose durante todo o curso, foi sen dúbida durante este mes cando adquirion unha maior significatividade.
O día 19 de abril recibimos a visita de Ignacio Vilariño, autor do libro Tío Miseria, o cal nos agasallou coas súas divertidas historias.
Para conmemorar o Día do Libro organizamos, por segundo ano consecutivo, un Apadriñamento Lector. Como o tempo acompañou, os padriños e madriñas dirixíronse ao patio para atoparse cos seus afillados e afilladas, compartindo así prácidos momentos de lectura.
Para acceder ao álbum, pinchade aquí.
Cada mentor levaba colgada do seu pescozo unha chave que incluía o nome do seu discípulo. Éste, a súa vez, portaba unha foto de seu enriba dunha portiña pechada. A chave do padriño abriría a cancela que lle permitise ao seu afillado acceder a un mundo de fantasía e ilusión, o mundo do libro.
Ademáis, durante toda esta última semana, os pais e nais acudiron á aula onde está integrado o seu fillo/a a lerlle un conto na Hora de Ler. Éstes foron algúns dos relatos:
Tareixa narrou un clásico ambientado na nosa terra titulado "Linda rata de Compostela" de Bernardino Graña.
Manoli, ademáis de expornos un clásico dos irmáns Grimm "Juan sin miedo", debutou como escritora léndonos unha fábula da súa propia colleita, a cal levaba por título "O raposo e as ovellas".
O venres María relatounos un conto divertidísimo. Escoitástedes falar do home do saco? Pois ben, O Papón é a versión máis moderna deste cabezón que engule aos nenos e nenas dun bocado e sen mastigar. Unha historia graciosa e xovial con ritmo musical incluído.
Grou, grou, grou eu son comellón,
grou, grou, grou eu son o Papón.
Que tardes tan amenas. MOITAS GRAZAS A TODAS!!
martes, 9 de abril de 2013
Inaguramos un novo recuncho.
Estreamos un novo recuncho na nosa cova. Un espazo onde tódolos usuarios poden estar ao día das máis recentes adquisicións. Un lugar luminoso e acolledor onde o material máis actual está exposto para que lle botedes unha ollada, o manipuledes e decidades se queredes analizalo, máis profundamente, na casa.
jueves, 28 de febrero de 2013
Mulleres destacadas da Idade Media
O próximo 8 de marzo conmemórase unha data moi significativa para tódolos grupos femininos do mundo: o Día Internacional da Muller. Dende a biblioteca do cole queremos co alumnado a celebre, amosándolle que a Idade Media non só foi cousa de homes.
XOANA DE ARCO (1.412-1.431).
HILDEGARDA DE BINGEN (1.098-1.179).
CHRISTINE DE PIZAN (1.364-1.430).
- QUENES ERAN NA IDADE MEDIA?
XOANA DE ARCO (1.412-1.431).
É un dos personaxes máis populares de Francia. A súa vida transcorre durante o século XV, ó final da Guerra dos Cen Anos que enfrenta a franceses e a ingleses. A nosa protagonista, con apenas 18 anos, convértese en líder dun exército de máis de 5.000 homes cos que obten victorias importantísimas que devolven a Francia un poder que estaba perdendo na guerra. Con 19 anos é capturada polos ingleses e condenada a morrer queimada, acusada de bruxa.
Os franceses considérana unha mártir e, ademáis, converteuse na patroa do seu país.
ISABEL I DE CASTELA (1.451-1.504).
Foi raíña de Castela dende 1.474 ata 1.504. É coñecida como Isabel a Católica, título que lles entregou a ela e ao seu home o papa Alexandro VI. Casouse en 1.469 co príncipe Fernando de Aragón, facéndose co trono despois dunha longa loita.
Isabel concedeulle o seu apoio a Cristobal Colón na procura das Indias Occidentais, o que levou ó descubrimento de América. Dito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio español.
Esta alemana que viviu durante o século XII é, probablemente, unha das mulleres máis excepcionais do seu tempo. A súa vida transcurriu dentro dun convento e dende alí creou, compuxo, estudou e publicou. A súa obra literaria é de cotío teolóxica, mais non só escribiu sobre relixión. Os seus libros sobre ciencia, básicamente menciña, tamén foron
moi recoñecidos. Estaban adicados ás propiedades curativas das plantas e dos animais e á orixe das enfermidades e do seu tratamento. Tamén chegou a compoñer máis de 70 pezas musicais.
CHRISTINE DE PIZAN (1.364-1.430).
Esta escritora italina (que pronto se trasladou a Francia) vive entre os séculos XIV e XV. A súa obra chegou ata nós como unha das máis destacadas do panorama intelectual da Idade Media. Nun momento crítico da súa vida, cando enviúva, decide converterse en escritora profesional, o cal era todo un risco para unha muller, pero pronto logra o seu primeiro éxito, primeiro escribindo baladas nas que lamenta a morte do ser amado, e máis tarde vai penetrando en temas sobre historia, política, condición da muller, etc. Christine será unha das iniciadoras dun dos primeiros movementos en defensa da muller que se coñecen: "La querelle des femmes". A súa obra máis famosa titulouse "A cidade das damas", na que fai unha forte defensa da muller basándose en moitos personaxes femininos da historia e da mitoloxía.
Para coñecer máis a fondo a orixe do Día Internacional da Muller, visitade a páxina das Nacións Unidas: http://www.un.org/es/events/womensday/history.shtml
viernes, 15 de febrero de 2013
Declara o teu amor á lectura.
Para celebrar o Día de San Valentín elaboramos un mural que levaba por título a entrada deste blogue e como subtítulo: "Amo os libros porque..."
Cada alumno/a acudiu á biblioteca durante o recreo a escribir nun corazón cales eran as razóns polas cales disfrutaban lendo libros. Logo, recibirían unha tarxeta da nosa mascota que incluía unha sorpresa moi doce: unha piruleta!
miércoles, 13 de febrero de 2013
Continuamos investigando...
Xa está listo o caderno de investigación sobre a Idade Media dirixido ao alumnado de 2º ciclo. Leva por título "A lenda de Robin Hood" e pretende introducir a época medieval a través das aventuras deste personaxe da literatura.
Éste é:
Etiquetas:
competencias,
educacion documental,
pdi
lunes, 11 de febrero de 2013
Disfrazándonos na biblioteca.
Durante a semana do 4 ao 8 de febreiro organizáronse na biblioteca escolar unha serie de obradoiros para complementar os disfraces de Entroido. Todos eles tiveron de telón de fondo a época medieval. Os máis cativos realizaron e customizaron as súas propias coroas de reises e raíñas, mentras que os maiores elexiron a súa careta, coloreárona e decorárona dacordo os seus gustos. Por outra banda, os nenos e nenas de primeiro ciclo deseñaron os seus escudos. Podedes ver como disfrutaron na seguinte presentación.
sábado, 2 de febrero de 2013
Celebrando o Día da Paz.
-Coida o mundo, respecta a PAZ. Estarás máis contento, xa o verás! (Lucía Bardanca, 3º curso EP).
-Que a PAZ non nos abandone. (Aroa, 4º curso EP).
-Podemos ser bós e non conseguir as cousas empregando a forza. PAZ! (Alumnas de 6º curso EP).
-Amor, amigos, compartir, PAZ! (Alumnado de 3 anos de EI).
-Dar bicos, xogar xuntos. (Alumnado de 3 anos de EI).
-As amigas cóidanse, respéctanse e quérense. Hai que facer a PAZ! (Alumnas de 5º curso EP).
-A PAZ en ti. (Inés, 1º curso EP).
...
Éstas son algunhas das frases coas que os nosos alumnos/as cubriron os pétalos da margarida da paz da biblioteca durante toda a semana. O día 30 pola tarde, todos nos reunimos na biblioteca para conmemorar unha data tan importante e poñer en común os traballos realizados. O alumnado de Educación Infantil elaborou un DICCIONARIO VISUAL, cuxa montaxe realizaron as compañeiras do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. Botádelle unha ollada. Qué maravilla!
Mentres, o alumnado de Educación Primaria foi o encargado de ilustrar e porlle voz a un conto medieval titulado "Paio, Alvar e a ponte da PAZ", coa axuda dos titores e dos integrantes do EACE.
Éste é o documento:
Mais non podíamos rematar a festa sen cantar xuntos a canción da paz, creación dos mestres Anxo Diéguez e Carlos Couceiro. Pinchade aquí para escoitala.
miércoles, 23 de enero de 2013
Unha académica de luxo.
Por fin a Literatura Infantil e Xuvenil estará representada na Real Academia Galega. Fina Casalderrey ven de ser elexida para entrar a formar parte desta prestixiosa organización das letras. A Asesoría de Bibliotecas Escolares fai unha reseña na Rede de Lectura, á que accederedes pinchando aquí.
Quen non lembra historias tan especiais como "O estanque dos parrulos pobres", "Dúas bágoas por Máquina", "Quen quere adoptarme?" ou "Alas de mosca para Ángel?", entre outras moitas.
Pasádevos pola biblioteca e poderedes reler estas maravillosas obras e algunhas máis.
Noraboa á autora!!
martes, 15 de enero de 2013
Construíndo PAZ.
Achégase unha data importante para os centros educativos como escolas de convivencia. Para celebrar o Día da Paz buscamos que os nosos alumn@s se convirtan en verdadeiros constructores de paz mediante as súas creacións. Os nenos e nenas de Educación Primaria ilustrarán un conto relacionado coa temática, mentras que o alumnado de Educación Infantil elaborará un diccionario visual. Todos eles escribirán os seus desexos na "Margarida da Paz" da biblioteca.
Para ir profundizando na materia, que mellor que manexar unha serie de exemplares que poden familiarizarnos co tema. Pinchade aquí e accederedes a un tableiro coas nosas recomendacións lectoras.
Para ir profundizando na materia, que mellor que manexar unha serie de exemplares que poden familiarizarnos co tema. Pinchade aquí e accederedes a un tableiro coas nosas recomendacións lectoras.
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares achéganos, ademáis de ideas interesantes e variadas, unha serie de enlaces para traballar a paz na aula.
- Material para traballar contidos relacionados coa paz en tódolos ciclos: -
http://www.orientacionandujar.es/category/para-maestros-y-profesores/dias-especiales/paz/ e http://www.orientacionandujar.es/2011/01/25/1001-materiales-enlaces-y-documentos-para-trabajar-el-dia-de-la-paz/. Específicamente para Educación Infantil: http://www.cucurrucu.com/da-de-la-paz-y-la-noviolencia/ e http://rosa-infantil-rc.blogspot.com.es/2011/01/actividades-para-o-dia-da-paz.html
- Unidades didácticas, presentacións,etc...: http://miclase.wordpress.com/category/celebraciones/dia-de-la-paz/ , http://centros1.pntic.mec.es/cp.zurbaran/dia_de_la_paz.htm e http://ceip-com.wikispaces.com/D%C3%ADa+de+la+Paz
- Lecturas, contos e cancións.
- Diferentes recursos para o Día da Paz: https://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/Home e http://www.cuadernointercultural.com/sugerencias-para-el-dia-escolar-de-la-paz-y-la-no-violencia/
- Manualidades: http://www.cucurrucu.com/da-de-la-paz-y-la-noviolencia/
- Actividades colectivas: http://colegiovirgendetiscar.blogia.com/2012/011601-ideas-para-trabajar-el-dia-de-la-paz.php
- Actividade en LIM:
miércoles, 2 de enero de 2013
A investigar!
Que mellor maneira de comezar este ano 2013 que deixándonos levar polas aventuras de Don Quixote e Sancho Panza. Aquí vos presentamos o caderno de investigación da Idade Media dirixido ao alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria. Como referencia collemos un dos contos adaptados da colección que o autor, Anxo Fariña, realizou e que versa sobre estas dúas personaxes enfrontándose aos muíños de vento. Procuramos enlazar a historia cos diferentes aspectos da época a estudo.
Open publication - Free publishing - More documental
Pincha aquí para acceder ao caderno en formato pdf.
Éstes son os links que deberedes visitar para completar o caderno de investigación:
- Os cabaleiros: http://nea.educastur.princast.es/caballeros/index.htm, http://www.monografias.com/trabajos/cabamedieval/cabamedieval.shtml, http://www.angeldelaguarda.com.ar/alternativo/caballeria.htm,
- Como é un castelo: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=piOzMCSiWzk e http://proyectosmyblog.wordpress.com/los-castillos-medievales/
- A cidade medieval: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=0l3TnxKs_C8#!
- Os muíños de vento: http://www.madridejos.net/todomolinos/generalidades.htm e http://www.madridejos.net/Molinos/index.htm
- As profesións: http://www.tudiscoverykids.com/juegos/jugando-a-las-profesiones/ e http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/a/03/animaciones/a_fa23_04.html
- Biografía de Miguel de Cervantes: http://www.youtube.com/watch?v=qSNQQT0ClPA e http://www.youtube.com/watch?v=dwiO2ImFuPU
- Don Quixote e a aventura dos muíños: http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm e debuxos animados sobre a historia http://www.youtube.com/watch?v=pZMfvOSz5rk
- Plantillas coas personaxes para o teatro de monicreques: http://www.quixote.tv/SASTAGO/marionetas.htm
- Manualidades. Crea a túa propia espada e o escudo: http://www.youtube.com/watch?v=N7PFZw9_6qU
Etiquetas:
competencias,
educacion documental,
pdi
Suscribirse a:
Entradas (Atom)