Aínda que as actividades relacionadas co fomento da lectura levan potenciándose durante todo o curso, foi sen dúbida durante este mes cando adquirion unha maior significatividade.
O día 19 de abril recibimos a visita de Ignacio Vilariño, autor do libro Tío Miseria, o cal nos agasallou coas súas divertidas historias.
Para conmemorar o Día do Libro organizamos, por segundo ano consecutivo, un Apadriñamento Lector. Como o tempo acompañou, os padriños e madriñas dirixíronse ao patio para atoparse cos seus afillados e afilladas, compartindo así prácidos momentos de lectura.
Para acceder ao álbum, pinchade aquí.
Cada mentor levaba colgada do seu pescozo unha chave que incluía o nome do seu discípulo. Éste, a súa vez, portaba unha foto de seu enriba dunha portiña pechada. A chave do padriño abriría a cancela que lle permitise ao seu afillado acceder a un mundo de fantasía e ilusión, o mundo do libro.
Ademáis, durante toda esta última semana, os pais e nais acudiron á aula onde está integrado o seu fillo/a a lerlle un conto na Hora de Ler. Éstes foron algúns dos relatos:
Tareixa narrou un clásico ambientado na nosa terra titulado "Linda rata de Compostela" de Bernardino Graña.
Manoli, ademáis de expornos un clásico dos irmáns Grimm "Juan sin miedo", debutou como escritora léndonos unha fábula da súa propia colleita, a cal levaba por título "O raposo e as ovellas".
O venres María relatounos un conto divertidísimo. Escoitástedes falar do home do saco? Pois ben, O Papón é a versión máis moderna deste cabezón que engule aos nenos e nenas dun bocado e sen mastigar. Unha historia graciosa e xovial con ritmo musical incluído.
Grou, grou, grou eu son comellón,
grou, grou, grou eu son o Papón.
Que tardes tan amenas. MOITAS GRAZAS A TODAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario