jueves, 28 de febrero de 2013

Mulleres destacadas da Idade Media

O próximo 8 de marzo conmemórase unha data moi significativa para tódolos grupos femininos do mundo: o Día Internacional da Muller. Dende a biblioteca do cole queremos co alumnado a celebre, amosándolle que a Idade Media non só foi cousa de homes.


  • QUENES ERAN NA IDADE MEDIA?


XOANA DE ARCO (1.412-1.431).


É un dos personaxes máis populares de Francia. A súa vida transcorre durante o século XV, ó final da Guerra dos Cen Anos que enfrenta a franceses e a ingleses. A nosa protagonista, con apenas 18 anos, convértese en líder dun exército de máis de 5.000 homes cos que obten victorias importantísimas que devolven a Francia un poder que estaba perdendo na guerra. Con 19 anos é capturada polos ingleses e condenada a morrer queimada, acusada de bruxa. 
Os franceses considérana unha mártir e, ademáis, converteuse na patroa do seu país.


ISABEL I DE CASTELA (1.451-1.504).

Foi raíña de Castela dende 1.474 ata 1.504. É coñecida como Isabel a Católica, título que lles entregou a ela e ao seu home o papa Alexandro VI. Casouse en 1.469 co príncipe Fernando de Aragón, facéndose co trono despois dunha longa loita.
Isabel concedeulle o seu apoio a Cristobal Colón na procura das Indias Occidentais, o que levou ó descubrimento de América. Dito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio español.


HILDEGARDA DE BINGEN (1.098-1.179).

Esta alemana que viviu durante o século XII é, probablemente, unha das mulleres máis excepcionais do seu tempo. A súa vida transcurriu dentro dun convento e dende alí creou, compuxo, estudou e publicou. A súa obra literaria é de cotío teolóxica, mais non só escribiu sobre relixión. Os seus libros sobre ciencia, básicamente menciña, tamén foron 
moi recoñecidos. Estaban adicados ás propiedades curativas das plantas e dos animais e á orixe das enfermidades e do seu tratamento. Tamén    chegou a compoñer máis de 70 pezas musicais.


CHRISTINE DE PIZAN (1.364-1.430).

Esta escritora italina (que pronto se trasladou a Francia) vive entre os séculos XIV e XV. A súa obra chegou ata nós como unha das máis destacadas do panorama intelectual da Idade Media. Nun momento crítico da súa vida, cando enviúva, decide converterse en escritora profesional, o cal era todo un risco para unha muller, pero pronto logra o seu primeiro éxito, primeiro escribindo baladas nas que lamenta a morte do ser amado, e máis tarde vai penetrando en temas sobre historia, política, condición da muller, etc. Christine será unha das iniciadoras dun dos primeiros movementos en defensa da muller que se coñecen: "La querelle des femmes". A súa obra máis famosa titulouse "A cidade das damas", na que fai unha forte defensa da muller basándose en moitos personaxes femininos da historia e da mitoloxía.


Para coñecer máis a fondo a orixe do Día Internacional da Muller, visitade a páxina das Nacións Unidas: http://www.un.org/es/events/womensday/history.shtml

viernes, 15 de febrero de 2013

Declara o teu amor á lectura.


Para celebrar o Día de San Valentín elaboramos un mural que levaba por título a entrada deste blogue e como subtítulo: "Amo os libros porque..."
Cada alumno/a acudiu á biblioteca durante o recreo a escribir nun corazón cales eran as razóns polas cales disfrutaban lendo libros. Logo, recibirían unha tarxeta da nosa mascota que incluía unha sorpresa moi doce: unha piruleta!

Botádelle un vistazo o álbum de fotos pinchado aquí.




miércoles, 13 de febrero de 2013

Continuamos investigando...

Xa está listo o caderno de investigación sobre a Idade Media dirixido ao alumnado de 2º ciclo. Leva por título "A lenda de Robin Hood" e pretende introducir a época medieval a través das aventuras deste personaxe da literatura. 
Éste é:




Open publication - Free publishing - More competencias

Éstes son os enlaces para completar cada apartado, ademáis dos libros de consulta que atoparedes na biblioteca.

lunes, 11 de febrero de 2013

Disfrazándonos na biblioteca.

Durante a semana do 4 ao 8 de febreiro organizáronse na biblioteca escolar unha serie de obradoiros para complementar os disfraces de Entroido. Todos eles tiveron de telón de fondo a época medieval. Os máis cativos realizaron e customizaron as súas propias coroas de reises e raíñas, mentras que os maiores elexiron a súa careta, coloreárona e decorárona dacordo os seus gustos. Por outra banda, os nenos e nenas de primeiro ciclo deseñaron os seus escudos. Podedes ver como disfrutaron na seguinte presentación.



sábado, 2 de febrero de 2013

Celebrando o Día da Paz.

-Coida o mundo, respecta a PAZ. Estarás máis contento, xa o verás! (Lucía Bardanca, 3º curso EP).
-Que a PAZ non nos abandone. (Aroa, 4º curso EP).

-Podemos ser bós e non conseguir as cousas empregando a forza. PAZ! (Alumnas de 6º curso EP).

-Amor, amigos, compartir, PAZ! (Alumnado de 3 anos de EI).

-Dar bicos, xogar xuntos. (Alumnado de 3 anos de EI).

-As amigas cóidanse, respéctanse e quérense. Hai que facer a PAZ! (Alumnas de 5º curso EP).

-A PAZ en ti. (Inés, 1º curso EP).
...



Éstas son algunhas das frases coas que os nosos alumnos/as cubriron os pétalos da margarida da paz da biblioteca durante toda a semana. O día 30 pola tarde, todos nos reunimos na biblioteca para conmemorar unha data tan importante e poñer en común os traballos realizados. O alumnado de Educación Infantil elaborou un DICCIONARIO VISUAL, cuxa montaxe realizaron as compañeiras do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. Botádelle unha ollada. Qué maravilla!
Mentres, o alumnado de Educación Primaria foi o encargado de ilustrar e porlle voz a un conto medieval titulado "Paio, Alvar e a ponte da PAZ", coa axuda dos titores e dos integrantes do EACE.

Éste é o documento:


Mais non podíamos rematar a festa sen cantar xuntos a canción da paz, creación dos mestres Anxo Diéguez e Carlos Couceiro. Pinchade aquí para escoitala.

miércoles, 23 de enero de 2013

Unha académica de luxo.

Por fin a Literatura Infantil e Xuvenil estará representada na Real Academia Galega. Fina Casalderrey ven de ser elexida para entrar a formar parte desta prestixiosa organización das letras. A Asesoría de Bibliotecas Escolares fai unha reseña na Rede de Lectura, á que accederedes pinchando aquí.
Quen non lembra historias tan especiais como "O estanque dos parrulos pobres", "Dúas bágoas por Máquina", "Quen quere adoptarme?" ou "Alas de mosca para Ángel?", entre outras moitas.
Pasádevos pola biblioteca e poderedes reler estas maravillosas obras e algunhas máis.
Noraboa á autora!!

martes, 15 de enero de 2013

Construíndo PAZ.

Achégase unha data importante para os centros educativos como escolas de convivencia. Para celebrar o Día da Paz buscamos que os nosos alumn@s se convirtan en verdadeiros constructores de paz mediante as súas creacións. Os nenos e nenas de Educación Primaria ilustrarán un conto relacionado coa temática, mentras que o alumnado de Educación Infantil elaborará un diccionario visual. Todos eles escribirán os seus desexos na "Margarida da Paz" da biblioteca.
Para ir profundizando na materia, que mellor que manexar unha serie de exemplares que poden familiarizarnos co tema. Pinchade aquí e accederedes a un tableiro coas nosas recomendacións lectoras.
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares achéganos, ademáis de ideas interesantes e variadas, unha serie de enlaces para traballar a paz na aula.

  • Lecturas, contos e cancións.