miércoles, 2 de enero de 2013

A investigar!

Que mellor maneira de comezar este ano 2013 que deixándonos levar polas aventuras de Don Quixote e Sancho Panza. Aquí vos presentamos o caderno de investigación da Idade Media dirixido ao alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria. Como referencia collemos un dos contos adaptados da colección que o autor, Anxo Fariña, realizou e que versa sobre estas dúas personaxes enfrontándose aos muíños de vento. Procuramos enlazar a historia cos diferentes aspectos da época a estudo.


Open publication - Free publishing - More documental



Pincha aquí para acceder ao caderno en formato pdf.
Éstes son os links que deberedes visitar para completar o caderno de investigación:

lunes, 3 de diciembre de 2012

Mostra medieval.

Benvidos/as á primeira mostra medieval que se leva a cabo no colexio de Bormoio, unha auténtica exposición temática na que os libros están para velos, tocalos e aprender deles polo que animámosvos a que os usedes e desgastedes coidadosamente.



domingo, 25 de noviembre de 2012

Catálogo de novidades.

Na cova do lobo vimos de adquirir material ben variado e que resposta aos intereses dos distintos usuarios. Acabamos de incorporar fondos relacionados coa temática do noso PAI, "Un castelo de libros", como, por exemplo, a colección Branco de cores de Sotelo Blanco ou algúns exemplares de OQO como "A voda dos ratos" ou "A partes iguais". Para máis información, consultade o catálogo aquí exposto.

                         

jueves, 8 de noviembre de 2012

A hora bruxa.

Velaiquí un arrepiante documento gráfico que ilustra as aterradoras sesións de contacontos que tiveron lugar na biblioteca durante o 31 de outubro. Grandes e pequenos tiveron a oportunidade de escoitar algúns dos relatos ideados polos seus compañeir@s e, como podedes observar, lectores e oíntes prepararon a conciencia o seu papel. 


Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
A presentación by Smilebox

sábado, 3 de noviembre de 2012

Viaxando pola Idade Media.

Comezan de novo a funcionar as mochilas viaxeiras. Durante este curso hai algunhas novidades xa que, ademáis de aumentar o seu número funcionando unha por nivel e ampliar o tempo de permanencia na casa, o nosos lectores disfrutarán de historias ambientadas no medievo, así como de material audiovisual onde a acción transcorre entre castelos e campos de batalla. Para acceder ó contido das mochilas pinchade aquí.

Asimesmo, os alumn@s tamén terán a oportunidade de compartir momentos cos seus proxenitores a través de entretidos manuais de arte e cociña, a partires dos cales poderán facer algunha actividade conxunta.
Pois non se fale máis e a disfrutar delas!!

martes, 23 de octubre de 2012

Listado temático arredor da Idade Media.

Como ben sabedes, a temática sobre a que vai xirar o Proxecto Anual Integrado durante o presente curso é a Idade Media. Afondando entre os distintos exemplares, tanto de lectura como de consulta, atopamos material moi interesante no que incluímos tamén as novas adquisicións. No listado que presentamos a continuación atoparedes auténticas obras de referencia, converténdose éste nun recurso que pode facilitar as vosas pesquisas á hora de centrar a vosa atención nun determinado aspecto do tema. 

lunes, 8 de octubre de 2012

Entre pócimas e brebaxes...


... e algún que outro maleficio,
ser a mala dos contos
foi sempre o seu oficio.


As bruxas adoitan ser personaxes malvados que producen certo temor aos cativ@s. Nada mellor para superaren este medo que presentarlles un conto no que os protagonistas triunfen sobre este ser da imaxinación. De feito, o libro de Tina Meroto  A bruxa regañadentes vai ser a nosa primeira proposta lectora  para o Samaín.

A Editora OQO preparou tamén unha pequena curtametraxe sobre o conto. 


O souto escuro e perigoso de Miguel Vázquez Freire, cunhas ilustracións en tons grises con fondo negro, sumerxe ao lector nunha atmósfera lúgubre pero moi tenra, onde un fráxil coelliño branco será capaz de desafiar a un oso e a un lobo.
Para rematar, presentamos uns exemplares que farán a delicia dos máis maiores, as fantásticas aventuras dos  Megatoxos, catro mozos que teñen que compatibilizar as súas clases no instituto cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo na procura dunha cura para a súa mutación xenética. "Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa" é o primeiro volume desta serie.