📚🎠Este pasado luns 10 de febreiro, as nenas e nenos de infantil gozaron dunha obra de teatro na nosa biblioteca escolar.
A través de "Os Libros da Titiriteira", quixemos transmitir a
importancia de fomentar desde pequenos o gusto e o interese pola lectura.
A narradora de "A Xanela do MaxÃn" que nos acompañou foi xenial! Fixo
que os pequenos e pequenas se sentiran súper cómodos, permitindo que tocasen
todo, interactuaran e, sobre todo, gozaran ao máximo da experiencia.
Non se tratou dun espectáculo de tÃteres común nin dun contacontos habitual,
senón que mesturou ambos conceptos para dar vida a grandes libros cheos de
pequenas historias onde todo é posible. 🧸📖
Unha actividade que sen dúbida axuda a cultivar a imaxinación e a conexión co
marabilloso mundo dos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario